P3131104 - Sistemas Nacionais e Rexionais de Innovación (Módulo I: Desenvolvemento Económico e Innovación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaComprender o fenómeno da innovación dende unha perspectiva económica e sistémica, destacando as interrelacións e complementariedades entre diferentes compoñentes e axentes.
Comprender a importancia da proximidade e das especificidades sistémicas dos territorios e nacións na dinamica da innovación.
Coñecer as disparidades internacionais en canto a capacidade innovadora e a diversidade de patróns nacionais de innovación.
Entender a incidencia entre as características dos SNI e o modelo de desenvolvemento dos diferentes países.
Coñecer o sistema de indicadores e índices para caracterizar e comparar os sistemas nacionais de innovación. Atención especial aos SNI máis relevantes (EEUU, Xapón, Europa) e en particular aos SNI de paises pequenos. Análise particular de España e Galicia.
ContidosTEMA 1. Carácter sistémico do proceso de innovación: modelo lineal; modelo interactivo; modelo sistémico
TEMA 2. Sistemas de innovación, proximidade e territorio: nacional, rexional e local
TEMA 3. Diversidade de axentes e funcións nun sistema de innovación:
1. tecido empresarial e relacións interempresariais: especialización produtiva (industrial pero tamén primaria e terciaria); tamaño empresas; integración vertical e externalidades: networks, distritos e dependencia externa; cooperación, intercambios informais
2. organización interna das empresas: fluidez da información e coñecementos; colaboración entre departamentos (mercadotecnia, produción, I+D); peso relativo dos departamentos técnicos
3. papel do sector público (multinivel: europeo, estatal, rexional): política I+D, política tecnolóxica e industrial; apoio directo a I+D (financiamento, centros públicos de investigación); regulación e estándares; compras de tecnoloxía como usuario
4. armazón institucional do sector financeiro: relacións banca-industria; mercado de valores; capital risco
5. capacidade de I+D e organización da I+D: recursos de I+D; competencias, especializacións; organización: sistema ciencia-tecnoloxía; I+D empresarial; relacións: transferencia, cooperación
6. sistema educativo e de formación: recursos; educación; formación no traballo; especializacións e simetrías co sistema produtivo; calidade
TEMA 4. Globalización e SIN. O debate sobre o tecnoglobalismo
TEMA 5. Estudo comparativo de sistemas nacionais de innovación. Tipoloxía
TEMA 6. SNI avanzados e periféricos. Estudo particular do SNI de Estados Unidos, Xapón, China e India. Os SNI de países emerxentes. Os SNI europeos (UK, Alemaña, Dinamarca e Finlandia)
TEMA 7. Comparación de sistemas rexionais de innovación en Europa e en España
Bibliografía básica e complementariaAmable, B. (2003), The diversity of modern capitalism, Oxford University Press.
Lundvall, B.A. (1992), Nacional systems of Innovation, Pinter Publisher
Lundvall, B.A. (2002), Innovation, growth and social cohesion, Cheltenham.
COTEC (2009), Informe Cotec 2008.
FECYT (2007), I+D e innovación en España: mejorando los instrumentos, OCDE.
Vence, X. E J. S. Metcalfe (1996), Wealth from diversity: innovation, structural change and finance for regional development in Europe, Kluwer Academics, Dordrecht
Molero, J. (2001), Innovación tecnológica y competitividad en Europa, Ed. Síntesis.
Nelson, R. (2000), The sources of economic growth, Harvard University Press.
Rodrik, D. (2007), One Economics, Many Recipes: Globalization, Institutions, and Economic Growth, Princeton University Press.
OCDE, Science, technology and industry: Scoreboard 2008. Paris, OCDE.
Revista Madri+d, monográfico diciembre 2008, Las comunidades autónomas frente a la I+D+i.
Sebastián, J. y E. Muñoz (eds) (2006), Radiografía de la investigación pública en España, Biblioteca, Nueva.
Vence, X.(coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.
Vence,X, A Barge, A. Trigo (2007), A situación actual do sistema galego de innovación.
CompetenciasDende unha perspectiva xeral, o estudante deberá incrementar a súa capacidade para buscar información e analizala.
Prestarase especial atención ao desenvolvemento das competencias de análise, síntese, comparación e ao fomento da capacidade de debate e discusión.
Como obxectivos específicos desta materia, sinalamos os seguintes:
Comprender o fenómeno da innovación dende unha perspectiva económica e sistémica, destacando as interrelacións e complementariedades entre diferentes compoñentes e axentes.
Configuracións territoriais favorecedoras da innovación.
Coñecer as disparidades internacionais en canto a capacidade innovadora e a diversidade de patróns nacionais de innovación.
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as clases maxistrais coa lectura e comentario de textos e a busca e análise de información. Ademais, proporanse actividades para realizar en grupos ou individualmente, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica. Entre esas actividades inclúese a exposición oral de ideas e razoamentos económicos.
Con todas estas tarefas, pretendemos que o estudante adquirA as competencias de reunir información, reflexionar, formular xuízos, exercitar o debate e a discusión e presentar de forma ordenada e clara argumentos teóricos ou conclusións.
Sistema de evaluaciónO principal elemento de avaliación é o exame (60%). O segundo elemento de valoración constitúeo a realización das diversas actividades propostas en clase (30%). Como elementos complementarios valoraranse a asistencia e a participación activa nas clases (10%).
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases de encerado 9
Clases prácticas ou de ordenador 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
Total horas traballo presencial na aula 26
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
Avaliación 1
Total horas traballo persoal do alumno 49
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clases
Asistencia a titorías
Realización actividades propostas