P3131105 - Comercio, Competitividade e Innovación (Módulo I: Desenvolvemento Económico e Innovación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo último desta materia é proporcionar un marco de coñecemento, reflexión e análise do contexto competitivo actual, no cal o proceso de internacionalización das economías entrelázase cada vez máis co proceso de innovación e cambio tecnolóxico.
Para a consecución deste obxectivo xeral, perséguense outros obxectivos máis específicos como son a comprensión da complexa relación que existe entre as pautas de especialización comercial e tecnolóxica, así como da crecente internacionalización dos procesos de creación e difusión de innovacións.
ContidosTema 1. Introdución: conceptos básicos e aspectos xerais
1.1. Introdución ao obxecto do estudo
1.2. A relevancia dos fluxos comerciais no contexto actual: comercio e crecemento
1.3. Evolución do comercio internacional dende unha perspectiva tecnolóxica
1.4. A importancia do marco regulador (GATT, GATS, TRIPS…): novas implicacións
Tema 2. Marco teórico e empírico da relación entre innovación e comercio
2.1. O factor tecnolóxico na explicación do comercio
2.2. O concepto de competitividade
2.3. Cara unha teoría da competitividade
2.4. A análise empírica da relación entre innovación, comercio e competitividade
Tema 3. A internacionalización da innovación
3.1. O debate sobre a globalización da innovación
3.2. A explotación internacional de innovacións
3.3. A colaboración científico-tecnolóxica global
3.4. A creación de tecnoloxía a escala mudial
3.5. Implicacións sobre os sistemas nacionais/rexionais de innovación
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
ALONSO, J.A. (1992): “Ventajas comerciales y competitividad: aspectos conceptuales y empíricos”, Información Comercial Española, nº 705, mayo 1992, pp. 38-76
CARRERA TROYANO, M. (1992): “Los factores tecnológicos en la explicación del comercio”, Información Comercial Española, ICE, nº 705, 1992 (ejemplar dedicado a: especialización comercial y competitividad), pp. 109-124
ESTRADA, S.; HEIJS, J.; BUESA, M. (2006): “Innovación y comercio internacional: una relación no lineal”, Información Comercial Española, ICE, nº 830, 2006, pp. 83-107
FAGERBERG, J. & SRHOLEC, M. (2004): “Structural Changes in International Trade”, Revue Économique, 55 (6): 1071-98.
FILIPPETTI, A., FRENZ, M., IETTO-GILLIES, G. (2009): Is the innovation performance of countries related to their internationalization?, Inno-Metrics, Thematic paper, 2009 European Innovation Scoreboard
MOLERO, J. (2008): "La internacionalización de la innovación tecnológica: un fenómeno incompleto y desigual", MI+D Revista, monografía 20, Pgs. 87-97.
WAKELIN, K. (1997): Trade and innovation: theory and evidence, Cheltenham: Edward Elgar.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
O alumnado poderá dispoñer doutros textos seleccionados polo profesor. Como complemento poderá consultar os seguintes textos e manuais de referencia:
AGHION, P., BLOOM, N., BLUNDELL, R., GRIFFITH, R., HOWITT, P. (2005): Competition and innovation: an inverted-U relationship, The Quarterly Journal of Economics, vol. 120(2), pp. 701-728.
BRONWYN, H.H. & ROSENBERG, N. (Eds.) (2010): Handbook of the economics of innovation, North-Holland, Amsterdam.
CANTWELL, J. & MOLERO, J. (2003) (Editores): Multinational Enterprises, Innovative Strategies and Systems of Innovation. Edward Elgard, Londres.
DOSI,G.; K.PAVITT & L.SOETE (1990): The Economics of Technological Change and In-ternational Trade. Brighton, Wheatsheaf/Harvester Press.
FAGERBERG, J. (1996): “Technology and competitiveness”, Oxford Review of Economic Policy, 12 (3): 39-51.
FAGERBERG, J. (Ed.)(1997): Technology and international trade, Cheltenham: Edward Elgar.
FAGERBERG, J., SRHOLEC, M. & KNELL, M. (2007): “The Competitiveness of Nations: Why Some Countries Prosper While Others Fall Behind?”, World Development, 35 (10): 1595-1620.
FAGERBERG. J. (1988): “International Competitiveness”, The Economic Journal, 98 (June): 355- 374.
GROSSMAN, G. & HELPMAN, E. (1995): “Technology and Trade”, in Grossman and Rogoff (eds.), Handbook of International Economics, Vol. III. North-Holland
GUERRERO, D. (1995): Competitividad: teoría y política. Ariel Economía
KELLER,W. (2000): Do trade patterns and technology flows affect productivity growth?, The World Bank Economic Review, 14:17-47.
KELLER, W. (2010): International Trade, Foreign Direct Investment, and Technology Spillovers, en H. Hall Bronwyn & Nathan Rosenberg (Eds.), Handbook of the economics of innovation, North-Holland, Amsterdam.
KRUGMAN, P. & OBSTFELD, M. (2006): Economía Internacional. Teoría y Política. (7ª edición), Pearson Education.
KRUGMAN,P. (1995): “Increasing Returns, Imperfect Competition and the Positive Theory of International Trade” en Grossman y Rogoff (eds.), Handbook of International Economics, Vol. III, North-Holland.
LAURSEN, K. (2000): Trade specialisation, technology and economic growth: theory and evidence from advanced countries, Cheltenham: Edward Elgar.
McCOMBIE, John S.L. & Anthony P. THIRLWALL (1994): Economic Growth and the Balance of Payments Constraint, New York: St. Martin´s Press.
MOLERO, J. & VALADEZ, P. (2005). “Factores determinantes de la competitividad de los servicios: la importancia de la innovación”. Información Comercial Española, nº 824. Julio- Agosto.
MOLERO, J. (1995): Technological Innovations, Multinational Corporations and New International Competitiveness: the case of intermediate countries. Harwood Academic Publishers. Reading.
MOLERO, J. (2000) (Ed.): Competencia global y cambio tecnológico: un desafío para la economía española. Pirámide, Madrid.
MOLERO, J. (2001): Innovación tecnológica y Competitividad en Europa. Madrid: Síntesis.
MOLERO, J. (2002): “The innovative behaviour of MNCs subsidiaries in uneven European Systems of Innovation: A comparative study of the German and Irish cases”. The Journal of Interdisciplinary Economics. Vol 13, nº1-3.
ONODERA, O. (2008): Trade and Innovation Project. A synthesis paper, OECD Trade Policy Working Paper No. 72, OECD
PORTER, M. (1991): La Ventaja competitiva de las naciones, Barcelona: Plaza y Janés.
RODIL, O. & SÁNCHEZ, M.C. (Coord.) (2009): A mercantilización e a regulación do coñecemento, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
RODIL, O. (2007): Innovación y competitividad en la Unión Europea: las nuevas políticas europeas para el período 2007-2013, en Xavier Vence (Coord.), Crecimiento y políticas de innovación: nuevas tendencias y experiencias comparadas, Pirámide, Madrid.
RODIL, O. (2009): A internacionalización da economía galega, en Fernando González Laxe (Coord.), Trazos da economía de Galicia, Hércules de Ediciones, A Coruña.
VENCE, X. & RODIL, O. (2002): A Balanza de pagamentos tecnolóxicos de Galiza: entre a dependencia e a irrelevancia tecnolóxicas, Revista galega de economía, Vol.11, n.1, p. 233-256.
CompetenciasComprender a complexa relación que existe entre o cambio tecnolóxico e os patróns de comercio e especialización internacional.
Saber interpretar os cambios que se producen nas pautas comerciais e competitivas dos diferentes países con base nas súas diferentes capacidades de innovación.
Comprender a dinámica competitiva desde a perspectiva da innovación (melloras en calidade, procesos, comercialización, etc.)
Metodoloxía da ensinanza As actividades e metodoloxía formativa baséanse, por unha banda, no traballo presencial na aula, ben sexa por medio de explicacións do profesor (clases expositivas) como por medio de sesións prácticas (clases prácticas ou interactivas) ou de comentarios-discusión de textos recomendados polo profesor.
Por outra banda, prevese que será necesario un traballo autónomo por parte do alumno (traballo non presencial), que consistirá basicamente no estudo e comprensión da materia explicada polo profesor, a lectura e comentario da bibliografía recomendada polo profesor, así como a resolución de cuestionarios periódicos ou casos prácticos.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación é de carácter mixto e baséase na combinación de dous métodos de avaliación:
a) sistema de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia ou a participación activa);
b) exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia.
O peso da avaliación continua na calificación final será do 40% (30% realización de traballos encargados polo profesor; 10% participación activa nas actividades que se desenvolvan na aula). O 60% restante corresponderá á cualificación obtida no exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalO tempo total que se precisa dedicar para a superación da materia é de 75 horas, que se distribúen da seguinte forma:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA: 26 horas
Docencia expositiva: 9 horas
Docencia interactiva: 12 horas
Tutorías: 3 horas
Avaliación: 2 horas
TRABALLO NON PRESENCIAL: 49 horas
TOTAL HORAS (PRESENCIAL+NON PRESENCIAL): 75 horas
Recomendacións para o estudo da materiaPara a preparación da materia é recomendable, ademais da asistencia e participación na aula, a lectura da bibliografía básica e aquela bibliografía complementaria que se suxira en cada caso. Esta lectura debería ser realizada a medida que se avanza na explicación dos contidos da materia, o que permitiría unha mellor comprensión á vez que incentivaría a participación na aula. A estes efectos prevese a realización de comentarios sobre as lecturas recomendadas polo profesor e a súa discusión na aula.
Doutra banda, recoméndase o uso das tutorías en grupos reducidos ou individuais para aclarar calquera cuestión relacionada coa materia, co obxecto de emendar os problemas que poidan xurdir no desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe.