Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3131107 - Sector Público e Dinamización Empresarial (Módulo I: Desenvolvemento Económico e Innovación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SANCHEZ CARREIRA, MARIA DEL CARMEN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Entender os fundamentos de intervención do sector público na creación e dinamización do tecido empresarial e coñecer os distintos instrumentos de intervención con ese fin e o seu funcionamento, de xeito que poidan deseñar políticas de promoción empresarial.
    Contidos
    Tema 1. Intervención pública e promoción económica.
    1.1. O sector público como axente económico
    1.2. As modalidades de intervención do sector público na economía
    1.3. A promoción económica

    Tema 2. A estrutura empresarial
    2.1. A estrutura empresarial
    2.1.1. Composición
    2.1.2. Tamaño
    2.1.3. Sectores
    2.2. O empresariado e o capital
    2.2.1. O capital privado
    2.2.2. O capital multinacional
    2.2.3. O capital cooperativo
    2.2.4. O capital público
    2.3. Os principais grupos empresariais
    2.4. As relacións banca-industria

    Tema 3: Políticas públicas de promoción e dinamización empresarial. Experiencia comparada
    3.1. Tipoloxía de instrumentos de promoción empresarial
    3.2. As políticas de promoción e dinamización empresarial
    3.2.1. Política empresarial
    3.2.2. Política de emprego
    3.2.3. Política de innovación
    3.2.4. A diversificación do tecido produtivo e a creación de novas actividades
    3.2.5. Outras políticas: sectoriais, educativa, de infraestruturas, ...
    3.3. A experiencia comparada
    3.4. Avaliación das políticas públicas

    Tema 4: A empresa pública.
    4.1. A empresa pública como instrumento de política económica
    4.1.1. Definición
    4.1.2. Obxectivos
    4.1.3. Evolución das funcións da empresa pública
    4.1.4. A empresa pública industrial
    4.1.5. A empresa pública de servizos
    4.1.6. A empresa pública das Comunidades Autónomas
    4.1.7. A empresa pública da Administración local.
    4.1.8. Experiencia comparada
    4.2. A actuación da empresa pública na promoción económica
    4.2.1. A empresa pública e o desenvolvemento económico
    4.2.2. A empresa pública e a innovación
    4.2.3. A promoción de novas actividades económicas

    Tema 5: As axencias de desenvolvemento rexional
    5.1. As axencias de desenvolvemento rexional
    5.1.1. Definición
    5.1.2. Das sociedades de desenvolvemento rexional ás axencias de desenvolvemento rexional
    5.2. O seu papel no desenvolvemento e dinamización empresarial
    5.2.1. As súas funcións
    5.2.2. A súa experiencia no caso español
    5.2.2.1. A política do SPRI
    5.2.2.2. A política do IMADE
    5.2.2.3. A política do CIDEM
    5.2.2.4. A política do IMPIVA
    5.2.2.5. Outras axencias de desenvolvemento rexional
    5.2.3. A súa experiencia no caso galego: a política do IGAPE

    Tema 6: Axudas e financiamento público
    6.1. O financiamento público como instrumento de dinamización empresarial
    6.1.1. Xustificación
    6.1.2. Tipoloxía
    6.1.3. Cuestionamento e avaliación do seu impacto

    Tema 7: Sociedades públicas de capital e inversión (capital risco...)
    7.1. As sociedades de capital risco
    7.2. As spin-offs

    Tema 8: O papel do sector público como demandante
    8.1. As compras públicas como instrumento de dinamización económica
    8.2. A regulación
    8.3. A experiencia comparada

    Tema 9: Novos campos de intervención
    9.1. Novas posibilidades de intervención
    9.1.1. As enerxías renovables
    9.1.2. As biotecnoloxías

    Bibliografía básica e complementaria
    Só se enumeran as referencias consideradas básicas, que serán complementadas con material de carácter máis específico que se lle proporcionará aos alumnos.

    - HEIJS, J. (2001): Política tecnológica e innovación: evaluación de la financiación pública de I+D en España, Madrid, Consejo Económico y Social.
    - HUGHES, J. (1995): “Public sector entrepreneurship”, en P. Higonnet, D. S. Landes e H. Rosovsky: Favorites of Fortune. Technology growth and economic developement since the industrial revolution, Massachussets, Harvard University Press, 2ª edición, (1991), pp. 297-321.
    - REINERT, E. (1999): “The role of the state in economic growth”, Journal of Economic Studies, Vol. 26, nº 45, pp. 268-326.
    - ROTHWELL, R. e ZEGVELD, W. (1981): Industrial Innnovation and public policy: Londres, Pinter.
    - SÁNCHEZ, M. C. (2006): O papel do sector público empresarial na innovación. Aproximación á experiencia española no contexto privatizador do período 1980-2003, Tese de doutoramento, Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
    - URUEÑA GUTIÉRREZ, B. (1996): Las Agencias de desarrollo regional españolas: el papel de la empresa pública en la promoción económica territorial, Valladolid, Universidad de Valladolid.
    - VENCE, X. (1998): Industria e innovación, Vigo, Xerais.
    - VENCE, X. (coord.) (2007): Crecimiento y Políticas de Innovación: Nuevas tendencias y experiencias comparadas, Madrid, Pirámide.
    - WADE, R. (1990): Governing the market. economic theory and the role of government in East Asian Industrialization, New Jersey, Princeton University Press.

    Competencias
    Competencias xerais:
    - Capacidade de reunir información, analizala e reflexionar sobre ela
    - Capacidade de síntese, de análise crítica e de discusión
    - Capacidade de formular xuízos, presentar de forma ordenada e clara argumentos e conclusións a públicos especializados e non especializadosCapacidade para fomentar os avances tecnolóxicos e sociais nunha sociedade baseada no coñecemento.

    Competencias específicas:
    - Comprender os fundamentos e instrumentos de intervención do sector público na creación e dinamización do tecido empresarial.
    - Caracterizar o tecido empresarial español e galego, coñecer as súas principais debilidades e necesidades.
    - Analizar as distintas políticas públicas dirixidas a promover e dinamizar o empresariado, tanto directamente como empresario ou indirectamente, axudando á iniciativa privada, a través de distintas políticas (axudas, compras públicas, dinamización de factores, regulación de mercados, financiamento).
    - Deseño, xestión e execución de diferentes instrumentos de políticas públicas de I+D e innovación.
    - Capacidade para promover e articular estratexias e iniciativas que favorezan a consolidación e diversificación do tecido económico e produtivo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Combinaranse as clases teóricas con outras actividades de contido máis práctico, como lectura e discusión de textos e a busca e análise de información. Propoñeranse a realización de actividades individuais ou en grupo, que deberán ser expostas polos estudantes, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica.

    Tendo en conta o carácter da materia, contemplanse as visitas a incubadoras de empresas, parques científicos, centros tecnolóxicos ou axencias de desenvolvemento rexional ou local, para coñecer in situ a actuación destes organismos.

    Contarase co apoio da Aula Virtual.
    Sistema de evaluación
    Combínase o exame centrado na avaliación dos coñecementos adquiridos (60% da nota) e un sistema de avaliación continua (40% da nota), no que se teñen en conta a asistencia e participación activa na clase e a realización das actividades propostas ao longo do curso.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos ECTs e cada crédito ECTs equivale a 25 horas de traballo do alumno, polo tanto, as horas de traballo total do alumno son 75. 9 son horas teóricas, 12 interactivas, 3 de titorías e 2 de avaliación. 49 horas non presenciais corresponden ao traballo persoal do alumno.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o seguimento das clases, a realización de todas as actividades propostas e o traballo continuado ao longo do curso e a asistencia a titorías.