P3131109 - Avaliación e Financiamento de Proxectos de investimento (Módulo I: Desenvolvemento Económico e Innovación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaAo culminar esta materia os alumnos deben coñecer o proceso de preparación e avaliación de proxectos sendo capaces tanto de analizar un proxecto realizado por terceiros como de desenvolver o seu propio. Faise unha énfase especial na análise de viabilidade económica e financeira de proxectos cun alto grao de innovación tecnolóxica.
Contidos1. Introdución
1.1. O proxecto de negocio
1.2. Metodoloxía para a análise de viabilidade dun proxecto de investimento
1.3. A redacción do plan de empresa
2. Análise de viabilidade económica e financeira
2.1. Obxectivos da análise de viabilidade económica e financeira
2.2. A valoración do proxecto mediante fluxos descontados
2.2.1 Determinación dos fluxos esperados
2.2.2. Determinación da taxa de desconto
2.3. Métodos alternativos
2.3.1. Valoración por beneficios residuais
2.3.2. Valoración por múltiplos
3. Análise do risco na avaliación
3.1. Determinación das variables máis relevantes
3.2. A construción de escenarios alternativos
3.3. Análise do risco mediante simulación
4. A avaliación de proxectos innovadores
4.1. Características distintivas dos proxectos de base innovadora e tecnolóxica
4.2. Métodos alternativos de valoración de tecnoloxías
4.2.1. O VAN axustado por risco
4.2.2. Valoración de patentes mediante simulación de MonteCarlo
4.2.3. Valoración mediante opcións reais
Bibliografía básica e complementariaBenninga, Simon, Financial Modeling, The MIT Press, Cambridge, 2008
Boer, F., Technology Valuation Solutions, John Wiley, 2004
Copeland, Koller, Murrin, Valuation: Measuring and Managing the Value of Companies, Wiley & Sons, New York, 4ª Ed, 2005
Razgaitis, R., Valuation and Pricing of Tecnology based intellectual property, John Wiley, 2003
Redondo López, J, Rodríguez Sandiás, A, Elaboración y Análisis de Planes de Empresa, Tórculo, Santiago, 2003
Rodríguez Sandiás, A, Modelos de Análisis y Valoración de Proyectos, ed. Andavira, 2013
Rodríguez Sandiás, A., Otero González, L., Rodríguez Gulías, M. Valoración de un proyecto de I + D: análisis de un caso con valor ajustado al riesgo, Monte Carlo y árboles binomiales. Revista Española de Capital Riesgo, nº 1, 2010
Sawyer, T., Pro Excel Financial Modeling. Building Models for Technology Startups, Apress, 2009
Sengupta, C., Financial Modeling, John Wiley & Sons, 2004
Smith, G. y Parr, R, Intelectual property, John Wiley, 2005
Timmons, J. y Spinelli, S. New Venture Creation, Mcgraw Hill, 2007
Competencias- Coñecer o proceso de elaboración de plans de empresa.
- Coñecer o proceso de análise económica financeiro de proxectos de investimento.
- Empregar ferramentas informáticas para a análise de plans de viabilidade, e en especial para a súa análise de risco.
- Coñecer as especificidades de proxectos de investimento innovadores e ser capaz de avalialos.
Metodoloxía da ensinanza - Coñecer o proceso de elaboración de plans de empresa.
- Coñecer o proceso de análise económica financeiro de proxectos de investimento.
- Empregar ferramentas informáticas para a análise de plans de viabilidade, e en especial para a súa análise de risco.
- Coñecer as especificidades de proxectos de investimento innovadores e ser capaz de avalialos.
Sistema de evaluaciónA avaliación será continua, en base ao seguimento diario do alumno en clase así como dos diferentes traballos que se propuxeron ao longo do curso. Por iso a asistencia a clase é totalmente necesaria. Realizarase ademáis un exáme final, parte do cal terán liberado aqueles alumnos que asistan a máis do 85% das horas de clase.
Tempo de estudo e traballo persoalExpositivas: 9
Interactivas:12
Titoría: 3
Lectura da bibliografía recomendada: 25
Estudo e realización de casos prácticos: 26
Total volume de traballo: 75
Recomendacións para o estudo da materiaÉ necesario asistir regularmente ao desenvolvemento da materia así como analizar a bibliografía para que, desta forma, a aprendizaxe sexa máis frutífero e os coñecementos que se vaian impartindo atopen a adecuada base de temas previos.
Noutra orde de cousas, suxírese profundar nos coñecementos informáticos, especialmente de programas de folla de cálculo, o que reverterá nun mellor e máis rápida aprendizaxe.
Tamén se suxire a lectura de toda a bibliografía que se poida en inglés, o que facilitará a familiarización con vocabulario específico, de uso predominante na realidade financeira actual.