P3131110 - Prácticas Externas - Orientación Académico-Profesional (Módulo IV: Aplicación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 4.20
- Horas de Titorías: 14.00
- Total: 18.2
Outros Datos
- Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo, Economía Aplicada, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Enxeñaría Química, Departamento Externo
- Áreas: Dereito Mercantil, Economía, Socioloxía e Política Agraria, Economía Aplicada, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Enxeñaría Química, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
| Nome | Tipo Grupo | Tipo Docencia | Horario Clase | Horario exames |
|---|
| Grupo /CLIS_01 | Ordinario | Clase Interactiva Seminario | NON | NON |
| Grupo /TI-ECTS01 | Ordinario | Horas de Titorías | NON | NON |
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
GalegoObxectivos da materiaO principal obxectivo da realización das prácticas externas é o coñecemento do medio profesional relacionado coa súa especialidade e coñecer directamente as modalidades de execución de funcións e tarefas concretas para a aplicación do tipo de coñecementos recibidos. Colaborar e participar activamente en tarefas que implican a aplicación dos coñecementos expostos e traballados nas diversas materias. Adquisición de competencias relacionadas coa experiencia e exercicio profesional, que necesitarán nun futuro.
ContidosAs prácticas consisten na realización das actividades habituais nas empresas ou institucións segundo o seu perfil de especialización, por un tempo equivalente a 6 créditos ECTs.
As persoas que realizasen a especialidade de Xestión da investigación e da innovación, realizarán as súas prácticas en institucións públicas como a Dirección Xeral de I+D, IGAPE, OTRIs, centros tecnolóxicos (AIMEN, ANFACO...), Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Uninova, Unirisco ou Uniemprende. Entre as consultoras, destacamos Inova Consult, Everis, Estratego Consultoría ou Serviguide.
Os estudantes que seguisen a opción de Desenvolvemento Económico tamén poderán realizar as súas prácticas en institucións públicas ou en empresas privadas. Entre as primeiras destacan a Consellería de Economía, a Consellería de Innovación e Industria, Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Ademais poderán traballar nas axencias de desenvolvemento local ou rexional, ou como axentes locais de emprego ou nas axencias municipais de promoción económica. No ámbito empresarial, poderán facer prácticas en consultoras como Consultora Galega, IDOM, Devalar.
CompetenciasSegundo a especialidade elixida, os alumnos terán a oportunidade de adquirir maiores competencias en:
a) a xestión de proxectos de I+D, en organismos públicos e en empresas; xestión e execución de diferentes instrumentos das políticas públicas de I+D e innovación. Estudos e diagnósticos de consultoría avanzada en materia de innovación;
b) a xestión ou deseño de plans de desenvolvemento rexional e local. Xestión e deseño de programas e proxectos de apoio ao desenvolvemento empresarial, ao desenvolvemento local e rexional. Aplicación de instrumentos das políticas sectoriais. Estudos e diagnósticos de consultoría avanzada.
Metodoloxía da ensinanza Unha vez asignado o centro das prácticas seguindo a Normativa da USC ("Normativa de prácticas externas en empresas e institucións" aprobada polo Consello de Goberno do 30 de maio de 2008) e os procedementos establecidos pola Comisión Académica do Máster, cada alumno contará cun profesor-titor e cun responsable-titor na empresa ou institución en que se desenvolvan, para realizar o seu seguimento e valoración.
Ademais das funcións asignadas na empresa, o estudante debe realizar e entregar unha memoria das actividades realizadas e dos beneficios obtidos para a súa formación.
Sistema de evaluaciónO titor das prácticas será o encargado da súa avaliación. Para iso terá en conta a memoria de actividades realizada polo alumno e o informe da empresa.
Tempo de estudo e traballo persoal6 créditos ECTs