P3131201 - Economía das Políticas Científicas e de Innovación (Módulo II: Optativas Especialidade Xestión da Investigación e da Innovación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaCoñecer os fundamentos económicos da intervención pública na promoción da ciencia e a tecnoloxía
Coñecer as diferentes aproximacións teóricas e os diferentes modelos de políticas aplicadas no mundo e no noso país
Analizar os diferentes instrumentos das políticas de I+D e Innovación.
Estudo comparativo das políticas aplicadas nos países máis avanzados
Coñecer a arquitectura e os eixes principais das políticas de I+D e innovación da UE, España e Galicia.
ContidosTEMA 1. Fundamentos económicos das políticas científicas, tecnolóxicas e de innovación: fallos de mercado e fallos sistémicos
O papel dos obxectivos estratéxicos e as prioridades sociais: políticas de "misión"
TEMA 2.Un enfoque sistémico da política tecnolóxica: o concepto de Sistema Nacional de Innovación; Políticas sectoriais e horizontais; Política de innovación e política rexional.
TEMA 3.Instrumentos das políticas de I+D e innovación:
Políticas de incentivos: subvencións, axudas e incentivos fiscais
Políticas de infraestruturas tecnolóxicas
Políticas de fomento da colaboración na I+D e na innovación: plataformas, clusters, proxectos cooperativos
Políticas de innovación e sistema financeiro: venture capital e outros instrumentos;
Política educativa, formación e recursos humanos;
Política de propiedade intelectual
TEMA 4.Políticas de ciencia e innovación comparada
A política de I+D e innovación nos EEUU, Xapón e países europeos
TEMA 5.A política de I+D e innovación da UE: programas, orientación sectorial e impacto nos diferentes países e rexións. Política de innovación e política rexional: smart specialization
TEMA 6.A política de I+D e innovación española
TEMA 7.A política de I+D e innovación galega
Bibliografía básica e complementariaLundvall, B.A. (1992), Nacional systems of Innovation, Pinter Publisher
Lundvall, B.A. (2002), Innovation, growth and social cohesion, Cheltenham.
COTEC (2009), Informe Cotec 2008.
FECYT (2007), I+D e innovación en España: mejorando los instrumentos, OCDE.
Vence, X. E J. S. Metcalfe (1996), Wealth from diversity: innovation, structural change and finance for regional development in Europe, Kluwer Academics, Dordrecht
Molero, J. (2001), Innovación tecnológica y competitividad en Europa, Ed. Síntesis.
Nelson, R. (2000), The sources of economic growth, Harvard University Press.
Rodrik, D. (2007), One Economics, Many Recipes: Globalization, Institutions, and Economic Growth, Princeton University Press.
OCDE, Science, technology and industry: Scoreboard 2008. Paris, OCDE.
Revista Madri+d, monográfico diciembre 2008, Las comunidades autónomas frente a la I+D+i.
Sebastián, J. y E. Muñoz (eds) (2006), Radiografía de la investigación pública en España, Biblioteca, Nueva.
X. Vence (1995), Economía de la Innovación y del cambio tecnológico, Siglo XXI.
X. Vence (coord) (2007), Crecimiento y políticas de innovación, Pirámide.
X. Vence, A Barge, A. Trigo (2007), A situación actual do sistema galego de innovación.
CompetenciasNun ámbito xeral prestarase especial atención ao desenvolvemento das competencias de análise, síntese, comparación e ao fomento da capacidade de debate e discusión.
Os obxectivos específicos desta materia son os seguintes:
Coñecer os fundamentos económicos da intervención pública na promoción da ciencia e a tecnoloxía
Coñecer as diferentes aproximacións teóricas e os diferentes modelos de políticas aplicadas no mundo e no noso país
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as clases maxistrais con outras tarefas, como lecturas recomendadas, discusión e comentario de textos, análise e comparación de experiencias. Ademais, proporanse actividades para realizar en grupos ou individualmente, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica. Entre esas actividades inclúese a exposición oral de ideas e razoamentos económicos.
Con todas estas tarefas, pretendemos que o estudante adquira as competencias de reunir información, reflexionar, formular xuízos, exercitar o debate e a discusión e presentar de forma ordenada e clara argumentos teóricos ou conclusións.
Sistema de evaluaciónO principal elemento de avaliación é o exame (60%). O segundo elemento de valoración constitúeo a realización das diversas actividades propostas en clase (30%). Como elementos complementarios valoraranse a asistencia e a participación activa nas clases (10%).
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA Horas
Clases de encerado 9
Clases prácticas ou de ordenador 12
Titorías en grupo ou individuais 3
Avaliación 2
Total horas traballo presencial na aula 26
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
Avaliación 1
Total horas traballo persoal do alumno 49
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia a clases
Asistencia a titorías
Realización actividades propostas