P3131202 - Políticas e Programas de Apoio á I+D e á Innovación (Módulo II: Optativas Especialidade Xestión da Investigación e da Innovación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada, Departamento Externo
- Áreas: Economía Aplicada, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivos:
a) Coñecemento da estrutura e obxectivos dos grandes programas de innovación a nivel europeo, español e galego.
b) Coñecemento dos instrumentos existentes na política de innovación para o estímulo da innovación e a dinamización do sistema de innovación a nivel europeo, español e galego.
ContidosTema 1. A política europea de innovación
1.1. Consideracións acerca do modelo da política europea de innovación
1.2. Estrutura da política europea de innovación: os grandes programas
1.3. O Programa Marco de I+D
1.4. O Programa Marco de Innovación e Competitividade
1.5. A política rexional europea e a innovación
1.6. Análise internacional comparada: situación da innovación e orientación das políticas
Tema 2. A política española de innovación
2.1. A política de investigación
2.2. A política de innovación
2.3. Os Plans Nacionais de I+D+i e outros programas
Tema 3. A política galega de innovación
3.1. Os Plans Galegos de I+D+i
3.2. Os Programas de apoio á I+D e innovación en Galicia
Tema 4. Os programas baseados na cooperación
5.1. A cooperación
5.2. ENXEÑO-2010
5.3. CONSOLIDER
5.4. CÉNIT
Tema 5. Novos enfoques nas políticas de innovación
5.1. As políticas estratéxicas (Targeted policies) de innovación
5.2. As políticas estratéxicas aplicadas a novos sectores (biomedicina)
5.3. Smart Specialization
Tema 6. Avaliación ex-post de políticas e programas de I+D e innovación
6.1. A avaliación de políticas públicas
6.2. A avaliación de políticas científicas, tecnolóxicas e de innovación. Definición, tipos, procedemento e implicacións.
6.3. Exemplos de avaliacións concretas.
Bibliografía básica e complementariaSó se enumeran as referencias consideradas básicas, que serán complementadas con material de carácter máis específico que se lle proporcionará aos alumnos, en particular, os distintos plans e programas de apoio á innovación.
HEIJS, J. (2001): Política tecnológica e innovación: evaluación de la financiación pública de I+D en España, Madrid, Consejo Económico y Social.
VENCE, X. (1998): Industria e innovación, Vigo, Xerais.
VENCE, X. (coord.) (2007): Crecimiento y Políticas de Innovación: Nuevas tendencias y experiencias comparadas, Madrid, Pirámide.
CompetenciasCompetencias xerais:
- Capacidade de reunir información, analizala e reflexionar sobre ela
- Capacidade de síntese, de análise crítica e de discusión
- Capacidade de formular xuízos, presentar de forma ordenada e clara argumentos e conclusións a públicos especializados e non especializados
- Capacidade para fomentar os avances tecnolóxicos e sociais nunha sociedade baseada no coñecemento.
Competencias específicas:
- Coñecer a arquitectura e os eixes principais das políticas de I+D e innovación da UE, España e Galicia.
- Coñecer en detalle os distintos programas de apoio á I+D e Innovación en vigor cada ano
- Coñecer en detalle os instrumentos e procedementos para acceder aos diferentes programas e a súa xestión.
- Capacidade de deseñar, xestionar, executar e avaliar as políticas públicas e programas de innovación a nivel europeo, español e galego.
Metodoloxía da ensinanza Combinaranse as clases teóricas con outras actividades de contido máis práctico, como lectura e discusión de textos e a busca e análise de información. Propoñeranse a realización de actividades individuais ou en grupo, que deberán ser expostas polos estudantes, tratando de incentivar o debate, a discusión e a capacidade de crítica.
Tendo en conta o carácter da materia, contémplanse as visitas a parques científicos, centros tecnolóxicos ou organismos públicos de investigación para coñecer in situ a actuación destes organismos.
Poderá contarse para o desenvolvemento dalgúns contidos desta materia con relatores estranxeiros, que impartirán estas conferencias en inglés.
Contarase co apoio da Aula Virtual.
Sistema de evaluaciónCombínase o exame centrado na avaliación dos coñecementos adquiridos (40% da nota) e un sistema de avaliación continua (60% da nota), no que se teñen en conta a asistencia e participación activa na clase e a realización das actividades propostas ao longo do curso.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia consta de 3 créditos ECTs e cada crédito ECTs equivale a 25 horas de traballo do alumno, polo tanto, as horas de traballo total do alumno son 75. 9 son horas teóricas, 12 interactivas, e 54 non presenciais.
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o seguimento das clases, a realización de todas as actividades propostas e o traballo continuado ao longo do curso.