P3131203 - Fronteiras das Ciencias e das Tecnoloxías (Módulo II: Optativas Especialidade Xestión da Investigación e da Innovación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Física Aplicada, Química Física, Farmacoloxía, Departamento Externo
- Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Electromagnetismo, Química Física, Farmacoloxía, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Familiarizarse cos novos avances científicos e tecnolóxicos, así como coa súa influencia no progreso social e económico.
• Consolidar e/ou ampliar os coñecementos asociados á contaminación ambiental e á xestión enerxética na industria.
• Incrementar a habilidade do alumno para buscar, analizar e sistematizar información de carácter científico.
ContidosTema 1 (2 h). Introducción á historia da ciencia e da tecnoloxía.
Tema 2 (8,5 h). Fronteiras da ciencia e aplicación.
2.1. (2 h) Tecnoloxías do ADN
2.2. (2 h) Biotecnoloxías.
2.3. (1 h) Novos materiais.
2.4. (1 h) Nanotecnoloxías.
2.5. (2,5 h) Aplicacións en sectores baseados na ciencia y en sectores tradicionais.
Tema 3 (10,5 h). Ciencia e sostibilidade.
3.1. Enxeñaría Ambiental (5 h)
3.1.1. Contaminación ambiental: problemas ambientais e caracterización de contaminantes.
3.1.2. Contaminación atmosférica: caracterización de contaminantes en correntes gasosas e tecnoloxías de tratamento de correntes gasosas.
3.1.3. Tratamento de augas residuais: caracterización, tipificación e tratamento de augas residuais.
3.1.4. Xestión de residuos sólidos: caracterización e tratamento de residuos sólidos.
3.2. Fontes de enerxía e xestión enerxética na industria (3 h).
3.2.1. Enerxía, industria, xestión e medioambiente: concepto de desenvolvemento sostible
3.2.2. A crise enerxética. Esgotamento de recursos non renovables
3.2.3. Tecnoloxías de enerxías renovables.
3.3. Biomasa e Biocombustibles (2,5 h).
3.3.1. Métodos térmicos de conversión de biomasa en enerxía: combustión e pirólise.
3.3.2. Métodos biolóxicos de conversión de biomasa en enerxía: etanol, metano e hidróxeno.
Tema 4 (2 h). Interdisciplinariedade e colaboración: o non-o-fagas-ti-todo como camiño de ideas e negocios
Bibliografía básica e complementariaBermúdez, V. “Tecnología Energética”. Universidad Politécnica de Valencia. 2000.
Bueno J.L., Satre H., Lavín A.G. "Contaminación e Ingeniería Ambiental. Ed. FICYT. Oviedo. 1997.
Cooper, C. D. & Alley, F.C.. “Air Pollution Control. A design approach”. 3ª Ed. Waveland Press Inc. 2002.
Damien, A. “La biomasa: fundamentos, tecnologías y aplicaciones". AMV Ediciones. Mundi-Prensa. 2010.
Estonba A & Manzano C. “Aplicación de la tecnología del ADN en la seguridad y calidad alimentaria” (www.ikerkuntza.ehu.es/p273-content/es/contenidos/informacion/)
González Caballero, M. “Alimentos transgénicos: organismos modificados genéticamente” Ed. Formación Alcalá. 2008.
Isla de Juana, R. “Proyectos de plantas de tratamiento de aguas. Aguas de proceso, residuales y de refrigeración”. Bellisco Ediciones. 2005.
Kiely, Gerard. "Ingeniería Ambiental". Editorial Mc-Graw Hill. (1999).
Lema, J.M., Bello, P. M. “Biocombustibles: retos y oportunidades”. Aula de Enerxías Renovables. Escola Técnica Superior de Enxeñería. Universidade de Santiago de Compostela. 2009.
Lorente Acosta M., Lorente Acosta J.A. & Villanueva Cañadas E. “La tecnología del ADN en Medicina Forense: Importancia del inicio del lugar de los hechos”. Cuadernos de Medicina Forense, nº 3, 1996.
Madrid, A. “Energías renovables: fundamentos, tecnologías y aplicaciones". AMV Ediciones. Mundi-Prensa. 2009.
Metcalf & Eddy Inc. "Wastewater Engineering. Treatment and reuse ". 4ª Edición. Editorial Mc-Graw Hill. 2003.
Seoane Calvo, M. “Tratado de la contaminación atmosférica. Problemas, tratamiento y gestión”. Colección Ingeniería del Medio Ambiente. Ediciones Mundi-Prensa. 2002.
Tchobanoglous G. Theisen, H., Vigil, S. "Gestión Integral de Residuos Sólidos". Editorial Mc-Graw-Hill. 1995.
Thieman W.J. & Palladino M.A. “Introducción a la Biotecnología” Editorial Pearson Educación. 2010.
www.azonano.com
www.biotecnologica.com
www.geocities.com/genetica2000/
www.monografias.com/trabajos14/propiedadmateriales/propiedadmateriales.shtml
www.monografias.com/trabajos48/nanotecnologia.shtml
www.plataformasinc.es/index.php/Noticias/Nuevos-materiales-inteligentes-cambian-
www.portalciencia.net/nanotecno/
www.usc.es/regaba/gal/index.htm
CompetenciasDentro do cadro de competencias que se deseñou para o Máster, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
Xerais
Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares).
Desenvolver as capacidades de análise, síntese, comparación e comunicación.
Específicas
Coñecer os novos avances nos diferentes campos da ciencia e a tecnoloxía.
Familiarizarse coa linguaxe e a realidade do campo científico e das tecnoloxías avanzadas.
Comprender a complexidade das relacións entre a dinámica do coñecemento científico e a súa aplicación no ámbito produtivo e na prestación de servizos.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente está baseada en clases expositivas e sesións prácticas nas que o profesor promove a participación activa dos estudantes (comentarios e discusión de textos, resolución de casos prácticos e discusión dos resultados obtidos, realización de traballos e exposición dos mesmos na clase).
Sistema de evaluaciónA nota do alumno é unha media ponderada entre ol rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se avalía o mesmo: traballos e rendemento na aula (asistencia e participación). Por iso, é obrigatoria a asistencia continuada a clase.
O reparto da puntuación será función dos rendementos obtidos nos traballos (70% da nota) e no aula (30% da nota) a través da asistencia e a participación do alumno durante as clases.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indicase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Actividade.................Horas presenciais.......Factor........Traballo persoal.............TOTAL
Clases expositivas..............9.......................2,0...................18.........................27
Clases interactivas.............12.........................1,5................18.........................30
Titorías..............................3......................... 1,0.................3..........................6
Traballs.............................3..........................3,0.................9..........................12
TOTAL..............................27..........................-..................48.........................75
*En sombreado as horas que corresponderían ó POD dos profesores (21 h: Marta Carballa Arcos - 10,5 h e Manuel Rey Méndez – 10,5 h).
As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia para as diversas actividades que se realizarán (clases expositivas, clases interactivas, titorías, presentación de traballos), o factor indica a estimación de horas que ten que adicar o estudante por hora de actividade, el traballo persoal é o cómputo do produto do factor polas actividades, e o total e´a carga total de traballo que supón cada actividade.
Recomendacións para o estudo da materiaPara conseguir un rendemento óptimo na materia, é aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos básicos en métodos matemáticos de cálculo, dominio do inglés a nivel medio e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel de usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web). Por último, a asistencia a clase é fundamental.