P3131205 - Deseño, Avaliación e Xestión de Proxectos de Investigación (Módulo II: Optativas Especialidade Xestión da Investigación e da Innovación) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Enxeñaría Química, Departamento Externo
- Áreas: Enxeñaría Química, Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Incrementar a capacidade para planificar, presentar e xestionar proxectos de I+D.
• Coñecer os procesos de preparación, avaliación e xestión de proxectos de investigación.
ContidosTema 1 (1 h). Fontes de financiamento I+D.
Tema 2 (1 h). Planificación, seguimento e control de proxectos de I+D.
Tema 3 (1 h). Xustificación técnica e económica de proxectos de I+D.
Tema 4 (8 h). Técnicas de preparación de proxectos
4.1. Programas españois e galegos.
4.2. Programas europeos.
Tema 5 (6 h). Técnicas de avaliación de proxectos.
Bibliografía básica e complementaria• www.conselleriaiei.org/ga/dxidi/index.php
• www.micinn.es
• www.mityc.es/
• www.isciii.es/htdocs/aes/index.htm
• www.cdti.es
• http://ec.europa.eu/
• http://ec.europa.eu/research/fp7
• http://ec.europa.eu/research/enquiries
• http://cordis.europa.eu/fp7/home_es.html
• http://cordis.europa.eu/fp7/get-support_es.html
CompetenciasDentro do cadro de competencias que se deseñou para o Máster, traballaranse de forma máis específica as seguintes:
Xerais
Capacidade para planificar, presentar e xestionar proxectos de I+D.
Coñecemento dos criterios e mecanismos de avaliación de proxectos de I+D
Específicas
Coñecer os aspectos clave na xestión de un proxecto de I+D.
Desenvolver a capacidade de deseñar, redactar e presupostar proxectos de investigación.
Coñecer os instrumentos básicos para a xestión profesional de proxectos de investigación.
Coñecer as metodoloxías e criterios utilizados nos diferentes procesos de avaliación de proxectos de investigación dacordo o tipo de proxecto (individual, consorcio) e o tipo de plan (galego, nacional, europeo).
Adquirir unha experiencia práctica nas técnicas de preparación e avaliación de proxectos.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente está baseada en clases expositivas e sesións prácticas nas que ol alumno debe participar activamente. En particular, dedicaranse varias sesións á preparación de proxectos de I+D para diferentes plans, así como para a avaliación práctica de proxectos reais. Todo isto permitirá non só coñecer as técnicas de avaliación, senón tamén desenvolver a capacidade crítica necesaria para a preparación dun proxecto de investigación.
Sistema de evaluaciónA nota do alumno será unha media ponderada entre o rendemento do mesmo nas dúas partes a avaliar: preparación dun proxecto de I+D, avaliación dun proxecto I+D e rendemento na aula (asistencia e participación). Por iso, é obrigatoria a asistencia continuada a clase.
O reparto da puntuación será función dos rendementos obtidos na preparación dun proxecto (40% da nota), a avaliación dun proxecto (40% da nota) e na aula (20% da nota) a través da asistencia e a participación do alumno durante as clases.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia ten unha carga de traballo de 3,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indicase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Actividade..............Horas presenciais..........Factor.........Traballo persoal..............TOTAL
Clases expositivas............7,2.......................2,0...................14,4.......................21,6
Clases interactivas............9,6.......................2,0...................19,2.......................28,8
Titorías...........................2,4.......................1,0....................2,4.........................4,8
Traballos..........................4,0.......................4,0...................16,0........................20,0
TOTAL.............................23.........................-......................52...........................75
*Están sombreadas as horas que corresponderían ó POD dos profesores (16,8 h: Marta Carballa Arcos - 10,5 h e Juan Lema Rodicio – 6,3 h).
As horas presenciais indica o número de horas de clases da materia para as diversas actividades que se realizarán (clases expositivas, clases interactivas, titorías, presentación de traballos), o factor indica a estimación de horas que ten que adicar o estudante por hora de actividade, o traballo persoal é o cómputo do produto do factor polas actividades, e o total é a carga total de traballo que supón cada actividade.
Recomendacións para o estudo da materiaDado o carácter práctico da materia resulta imprescindible a asistencia e participación activa nas clases e seminarios, non sendo necesario un esforzo específico para o estudo.