Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3131209 - Creación de Empresas de Base Tecnolóxica (Módulo II: Optativas Especialidade Xestión da Investigación e da Innovación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FERNANDEZ FERNANDEZ, Mª LORETO.SI
SIEIRA LOPEZ, JOSE LUIS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Análise do proceso de creación de empresas innovadoras baseadas en coñecementos desenvolvidos na actividade investigadora (EBTs). Ó longo dos distintos temas que dan contido á materia farase un percorrido polas distintas etapas deste proceso, dende o nacemento das ideas ata a posta en marcha da empresa, pasando pola elaboración do plan de empresa e a procura de financiamento. Este proceso complétase co estudio de casos do contorno universitario da USC.
    Contidos
    TEMA 1. A INNOVACIÓN TECNOLÓXICA COMO FACTOR DE COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL: A CREACIÓN DE EBTs

    • Innovación e empresa: aproximación conceptual, tipoloxía, fontes xenéricas e orixe da innovación.
    • A nova Economía Basada no Coñecemento: a innovación tecnolóxica e o seu valor comercial.
    • Definición e caracterización das EBTs.
    • Beneficios das EBTs.
    • Claves para a creación de EBTs: da tecnoloxía á empresa
    • Limitacións á creación de EBTs

    TEMA 2. O PROCESO DE CREACIÓN DUNHA EBT

    • Etapas na creación dunha EBT
    • Detección da tecnoloxía: A idea de negocio.
    • A protección das ideas.
    • O emprendedor / o equipo promotor.
    • Aspectos formais na creación dunha EBT: forma xurídica, trámites administrativos.

    TEMA 3. O PLAN DE EMPRESA

    • O plan de empresa: Definición, características, utilidade, contidos e estructura.
    • O resumo executivo: presentación do proxecto e dos emprendedores.
    • O Plan de Viabilidade Comercial: análise do sector e do mercado.
    • O Plan de Viabilidade Técnico-Operativo: o proceso de producción o prestación do servicio e as necesidades de traballo.
    • O Plan de Viabilidade Económico-Financeiro: análise de rentabilidade e risco do proxecto.
    • Planificación temporal da posta en marcha

    TEMA 4. O FINANCIAMENTO DAS EBTs

    • Introducción: Particularidades da financiación de EBTs
    • Fases na financiación dunha EBT
    • Financiación en capital: Achegas dos socios, inversores informais (3Fs e Business Angels), o Capital Risco, o mercado de capitais (MAB)
    • Financiamento con débeda: Préstamos bancarios tradicionais, Préstamos participativos, Microcréditos
    • Estructuras de apoio á creación de EBTs
    • Axudas e subvencións

    TEMA 5. A CREACIÓN DE EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA NA USC: CASOS PRACTICOS

    SAÍDAS PROGRAMADAS:

    Están previstas alomenos dúas saídas dentro do desenvolvemento desta materia.
    Por unha banda, unha visita ao edificio Emprendia, para coñecer o Programa de creación de Empresas da USC, e as instalacións dunha EBT ubicada no mesmo.
    Por outra banda, unha visita a un viveiro de empresa, durante a cal os alumnos poderán coñecer as experiencias de diversas empresas alí ubicadas por parte dos seus emprendedores
    Adicionalmente, poderanse organizar visitas puntuais a EBTs xa consolidadas dentro do mercado galego.

    Bibliografía básica e complementaria
    “Academic Entrepreneurship, University Spin-offs and Wealth Creation”, New Horizons in Entrepreneurship Series, Scott Shane, 2004.

    “Análisis de los factores de éxito y fracaso en los procesos de creación de empresas de base tecnológica”, DGPYME, Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Madrid, Proyecto ACREA, 2007.

    “Dirección estratégica de la innovación tecnológica”, 2ª edición, Melissa A. Schilling, 2008.

    “La creación de empresas de base tecnológica. Una experiencia práctica”, Coordinación editorial Katrin Simón Elorz, Proyecto para la promoción de Empresas Innovadoras de Base Tecnológica, 2003.

    “Manual de Creación de Empresas Innovadoras”, 2ª edición, Antonio Pena Castellet y Jordi Caldentey Frontera, 2004.

    Competencias
    * Coñecer o entorno específico no que xorden as novas ideas e cómo poden converterse en proxectos empresariais.

    * Analizar os factores dos que pode depender o éxito ou fracaso dunha empresa innovadora.

    * Coñecer o proceso de creación e desenvolvemento de EBT.

    * Analizar o proceso de elaboración do plan de negocio dunha EBT

    * Coñecer os factores que impulsan a creación de empresas dende as universidades.

    Metodoloxía da ensinanza
    A metodoloxía docente combina a docencia teórica coa práctica. Deste xeito dedicaránse unhas sesións á docencia expositiva (teórico-práctica) e outras a actividades prácticas dos alumnos/as, como comentarios e discusión de textos e artigos relacionados coa materia, e a análise e exposición dun caso práctico sobre creación dunha EBT.

    Así mesmo, dentro do horario da materia inclúese a organización de visitas a centros tecnolóxicos e viveiros de empresas, e charlas con expertos do ámbito da promoción e fomento ao emprendemento.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia farase a través dunha combinación de:

    • Un sistema de avaliación continua, no que se terán en conta as actividades realizadas ao longo do curso, incluíndo a asistencia (non se admiten faltas non xustificadas por enriba do 20% das horas de docencia presencial). Este sistema proporcionará o 70% da cualificación fin, do seguinte xeito:

    o Asistencia e participación nas clases.... 20%
    o Actividades propostas ........................ 20%
    o Elaboración caso práctico ................... 30%

    • Exame final de coñecementos adquiridos, que outorgará o restante 30% da cualificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 3 créditos ECTS (2 de clases teóricas, 1 de clases seminario) x 25 horas= 75 horas de traballo total.
    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable ter coñecementos básicos no uso de folla de calculo (excel).