P3131211 - Políticas Europeas de Desenvolvemento Rexional e Local (Módulo III: Optativas Especialidade Desenvolvemento Económico Rexional e Local) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia O obxectivo global da materia é a análise da Política Rexional aplicada na Unión Europea, para promover o desenvolvemento rexional e local, con especial atención ao caso galego no contexto dos procesos político-económicos de reordenamento autonómico e de integración europea. Neste ámbito, analizaranse os obxectivos da Política Rexional comunitaria, a súa programación, instrumentos e enfoques, con particular referencia ao desenvolvemento endóxeno que, apoiado no principio de subsidiariedade, forma parte da concepción clásica das políticas de desenvolvemento rexional da UE.
A política rexional comunitaria configúrase como un pear básico da construción europea debido á incorporación de novos países con moi diferentes niveis de desenvolvemento, infraestruturas, capital social e humano.
No caso de Galicia e España os fondos e programas de actuacións da política rexional da UE resultaron esenciais para modificar a base infraestrutural e a dotación de recursos humanos e materiais reducindo a distancia cos países máis avanzados da UE.
A avaliación dos proxectos realizados cos fondos comunitarios até agora é unha tarefa ineludible para resolver os erros en deseños e implementación sobre todo nun momento de grave crise económica, financeira e social e tendo en conta as perspectivas do novo Marco Financeiro 2014-2020.
Contidos1. Introdución á teoría da Política Rexional: antecedentes, enfoques e obxectivos
2. A Política Rexional e Local da Unión europea
2.1. A adopción das políticas na Unión Europea, a competencia das institucións europeas.
2.2. Nacemento e evolución da Política Rexional e Local: Etapas
2.3. Os obxectivos da Política Rexional e Local nos distintos períodos. Programación e especial referencia ás rexións Obxectivo nº 1 e as rexións Converxencia. As novas propostas para os países do Este: Estratexia para a Rexión do Danubio
2.4. Instrumentos financieros e de solidariedade, Fondos estruturais, Fondo de Cohesión, Fondo Social Europeo, Iniciativas comunitarias, Cooperación Territorial Europea e outros instrumentos
2.5. A programación dos fondos europeos, a implementación e o control .
3. Repercusións da Política Rexional e Local Comunitaria no Estado descentralizado español
3.1 Integración na Comunidade Europea e descentralización político-económica do Estado español
3.2. Instrumentos de política rexional e local, incentivos, promoción económica rexional, I+D+i: o reequilibrio territorial nos modelos de financiamento autonómico.
3.3. Políticas públicas de desenvolvemento local en materia de desenvolvemento urbán, de desenvolvemento rural, de cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional, iniciativas locais de desenvolvemento e emprego.
3.4.- Avaliación da programación e implementación dos proxectos realizados cos fondos rexionais até 2013.
4. Tendencias actuais e perspectivas da Política rexional europea
4.1. O contexto económico, social e institucional: BCE, Troika, Rescates financeiros, Globalización económica. Desequilibrios socioeconómicos crecentes.
4.2.Prioridades político-económicas e financeiras do período de programación rexional 2007-2013
4.3. O Marco Financeiro 2014-2020. Obxectivos, instrumentos, proxectos e avaliaciónen materi de política rexional e local.
Bibliografía básica e complementaria- Benitez Rochet, J.J. e Morillas Raya, A (coords.) Política y economía regional ¿que hemos aprendido?, Univ. Málaga 2002
- Consellería de Economía e Facenda.- Programa Operativo Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Galicia 2007-2013. Xunta de Galicia
- Jordán Galduf, J.M. (coord.), Economía de la Unión Europea, Thomson- Civitas, Madrid, 2008
- Punzón Moraleda, Jesús.- Los orígenes de la política regional comunitaria. Univ. Castilla-La Mancha. Cuenca, 2009
- Rodrik, Dani.- La paradoja de la globalización: la democracia y el futuro de la economía mundial, Antoni Bosch editor, Barcelona, 2012
- Vázquez Barquero, Antonio, Las regiones policéntricas territorio estratégico del desarrollo económico, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2009
- Villaverde Castro, José, Competitividad regional en la Unión Europea ampliada, Insittuto de Estudios Fiscales, Madrid, 2005
- Tamames Gómez, R.- La Unión Europea, Alianza, Madrid, 2002
Ao longo do curso proporase bibliografía específica (revistas, artigos) sobre documentos oficiais e de análise e reflexión de cada apartado do temario, para fundamentar as diversas actividades organizadas (traballos de curso, lecturas, seminarios...)
A base de documentación principal está disponible nas múltiples publicacións da Oficina de publicacións oficiais das Comunidades Europeas e na publicación en tempo real das decisións, informes, avaliacións e estudios realizados polas diversas institucións comunitarias que teñen relación co uso dos recursos financeiros comunitarios. O nivel de transparencia na UE é bastante elevado.
Competencias- Formación básica nas institucións e organización da Unión Europea e nas políticas europeas dirixidas ás áreas rexionais e locais menos prósperas
- Coñecemento básico dos instrumentos financieros e de cohesión da Unión Europea
- Desenvolver as capacidades para analizar os proxectos impulsados con fondos da política rexional da UE en Galicia e España
- Analizar os proxectos estrela e os proxectos de carácter sectorial e local
- Desenvolver a capacidade de avaliar o impacto conxunto e específico dos proxectos financiados con fondos comunitarios
- Analizar os mecanismos de elección de proxectos e control dos mesmos
- Activar a capacidade crítica do estudiante á hora de analizar as actuacións da política rexional e local da UE
- Interaccionar cos axentes que interveñen na elaboración e implementación dos proxectos comunitarios
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente combina a docencia teórica coa realización doutras actividades de carácter máis práctico, nas que o alumno debe participar activamente.
A docencia teórica desenvolverá as liñas básicas da política rexional e local comunitaria en base á información bibliográfica disponible. A partir de aí cada alumno elexirá un tema que será tratado en profundidade coa elaboración e exposición dun traballo apresentado e discutido con todos os alumnos.
O seguemento en tempo real dos programas e proxectos realizados cos fondos comunitarios prestando atención continua á axenda comunitaria, española e galega será moi importante para mellorar os coñecementos nesta materia e facilitar a participación efectiva nas clases interactivas.
Neste sentido, poderase requerir a participación en conferencias ou charlas sobre temas específicos realizados por axentes e expertos con experiencia na elaboración e implementación da política rexional e local da UE. A utilización da rede e de medios audiovisuais será habitual no desenvolvemento da asignatura.
Sistema de evaluación Sistema de avaliación continua, no que se teñen en conta todas as actividades individuais e/ou colectivas realizadas ao longo do curso.
- A asistencia e participación activa nas clases e nas actividades complementarias (conferencias, charlas, debates, etc) será un dos elementos fundamentais para a calificación final,
- Será necesario realizar e expoñer un traballo individual sobre un tema elexido polo alumno e previa aprobación do profesor. Os criterios de valoración do traballo serán: a orixinalidade, o rigor e a calidade expositiva, a actualización e procura de fontes bibliográficas, a incorporación de mapas/cadros estatísticos/gráficos... actualizados, o seguimento de prensa. Os criterios de valoración das exposicións serán: a claridade e calidade expositivas, a utilización de medios audiovisuales de apoio e a achega de material complementario.
- A participación nas aulas valorarase que sexa activa (en todos e cada un dos debates das sesións programadas) e documentada.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL NA AULA
- Clases grupo grande: 9 horas
- Clases grupo reducido: 12 horas
- Tutorías: 3 horas
- Avaliación grupo grande: 6 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL: 30 HORAS
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
- Estudio autónomo: 15 horas
- Elaboración de traballos individuais ou en grupo: 15 horas
- Lecturas recomendadas, asistencia a charlas, conferencias e visitas educativas: 10 horas
- Preparación para presentacións orais, debates e intervencións individuais: 5 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL: 45 HORAS
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia aos seminarios
- Lectura do material que se facilita para a intervención nos debates
- Lectura da bibliografía recomendada e/ou de textos complementarios.