P3131212 - Desenvolvemento Urbano e Terciarización (Módulo III: Optativas Especialidade Desenvolvemento Económico Rexional e Local) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaInterpretar o crecemento urbano dende a teoría, coñecer o mecanismo de mercado coma sistema de asignación do espazo e o papel das políticas públicas na xestión das aglomeracións.
Contidos A materia Desenvolvemento Urbano e Terciarización da Economía introduce na análise económica a variable rexional e urbana á hora de modeliza-los comportamentos dos axentes económicos. Así, unha vez implementada a cuestión, estudiaremo-los procesos de terciarización da economía, tan ligados ao desenvolvemento urbano.
Programa
I. Introducción. A Economía Rexional e Urbana
a. Concepto de espazo, rexión, área xeográfica, cidade
b. A xénese da economía rexional e urbana
c. Economía urbana, teoría da localización e economía rexional
d. O Sector público como axente do desenvolvemento urbano. Os planos estratéxicos.
II. Economías de aglomeración
a. O espazo na análise económica. A Centralidade
b. Mobilidade interrexional
c. Vantaxes y desvantaxes das economías de aglomeración
III. A teoría da localización
a. Localización de mercados e competencia espacial
b. A teoría dos lugares centrais
c. A teoría da localización no sector terciario
IV. Terciarización da economía
a. Especialización productiva
b. O papel do sector público na actividade de servizos
Bibliografía básica e complementaria- CARAMÉS, L. (2.004): Economía Pública Local, Ed. Civitas-Thomson, Madrid.
- CARAMÉS, L. y UHALDEBORDE, L. (Ed.) (VV.AA.): Urban public Economics Review
- DAFFLON, B. y RUEGG, J. (2.001): Réorganiser les Comunes, Créer l’Agglomération, Ed. Universitaires Fribourg Suisse. Collection Economie, Fribourg
- FUJITA, M. y KRUGMAN, P (1.995): “When is the Economy Monocentric?: Von Thünen and Chamberlin Unified”, Regional Science and Urban Economics, vol. 25, nº4, pp. 505-528.
- GIMÉNEZ, A. (2002): Federalismo Fiscal. Teoría y práctica, Tirant Lo Blanch, Valencia.
- HENDERSON, V. (1.988):Urban Development. Theory, Fact, and Illusion. Oxford University Press. New York.
- MANERO, F. (2.006): Terciarización y Desarrollo Urbano en España. Significado Funcional y Espacial de las nuevas estrategias de promoción de la ciudad. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
- MARSHALL, J. (1.989): The Structure of Urban Systems. University of Toronto Press, Toronto, p. 25.
ver PAPELES DE ECONOMÍA ESPAÑOLA (2011), España en la Era de la Innovación.
CompetenciasQuen siga o curso deberá estar en condicións de interpretar o crecemento urbano dende a teoría, de coñecer o mecanismo de mercado coma sistema de asignación do espazo e o papel das políticas públicas na xestión das aglomeracións.
Metodoloxía da ensinanza Para o desenvolvemento do programa utilizaremos como método didáctico básico da clase expositiva, que ten coma obxectivo a exposición completa, sistemática e ordenadada do contidos dos temas e epígrafes descritos con anterioridade. Xunto con isto, faranse diferentes clases prácticas nos que se require tanto da participación activa do alumno de xeito individual e o traballo en grupo.
Sistema de evaluaciónPara a superación da materia considérase necesaria a participación activa e continua do alumno, tanto nas clases teóricas coma prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, só así conseguirá alcanza-los obxectivos da materia. A avaliación continua complétase co traballo e as exposicións dos alumnos nas aulas, ademáis da entrega dun traballo de curso, que poderá realizar de xeito individual ou en grupo.
Só no caso de que o alumno non acade a calificación suficiente para supera-la materia a través da avaliación contínua, realizarase un exame final, segundo os epígrafes do programa.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras Expositivas: 9
Horas Interactivas: 12
Titorías: 3