P3131213 - Recursos e Desenvolvemento Sostiblle (Módulo III: Optativas Especialidade Desenvolvemento Económico Rexional e Local) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDotar ao alumnado dun coñecemento básico sobre as orixes da economía ecolóxica, as características dos distintos recursos naturais, o seu papel na sociedade industrial e os problemas xeoestratéxicos do control dos recursos
Contidos• A preocupación pola natureza na economía convencional .
• Orixes da economía ecolóxica: a termodinámica como economía da física
• Recursos naturais estratéxicos: auga, alimentos e enerxía
• Recursos naturais e civilización industrial
• Utilización dos recursos naturais e deterioración ecolóxica
• A apropiación dos recursos hoxe: xeopolítica e conflito
Bibliografía básica e complementariaAguilera Klink, Federico e Alcántara, Vicent (comp.) (1994): De la economía ambiental a la economía ecológica, Icaria-Fuhem, Barcelona-Madrid.
Bermejo, Roberto (1994): Manual para una economía ecológica, Bakeaz-Los Libros de la Catarata, Bilbo-Madrid.
Bermejo, Roberto (2001): Economía sostenible. Principios, conceptos e instrumentos, Bakeaz, Bilbo
Carpintero Redondo, Óscar (1999): Entre la economía y la naturaleza. La controversia sobre la valoración monetaria del medio ambiente y la sustaentabilidad del sistema económico, Los libros de la catarata-Fundación 1ª de Mayo, Madrid
Carpintero Redondo, Óscar (2005): El metabolismo de la economía española. Recursos naturales y huella ecológica (1955-2000). Fundación César Manrique. Teguise (Lanzarote).
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Costanza, Robert; Perrings, Charles e Cleveland, Cutler J. (eds.)(1997): The Development of Ecological Economics, Edward Elgar , Cheltenham.
Daly, Herman E. e Cobb,Jr, John B. (1989): Para el bien común. Reorientando la economía hacia la comunidad, el ambiente y un futuro sostenible, Fondo de Cultura Económica, México, 1993.
Daly, Herman E.(1999): Ecological Economics and the Ecology of Economics. Essays in Criticism, Edward Elgar , Cheltenham
García Negro, M. C. (Dir.). (2003). Táboa Input-Output da Pesca-Conserva Galegas, 1999. Xunta de Galicia.
Georgescu-Roegen, Nicholas (1971): La Ley de la Entropía y el proceso económico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid, 1996.
Jacobs, Michael (1991) : La economia verde. Medio ambiente, desarrollo sostenible y la política del futuro, Icaria-FUHEM, Barcelona- Madrid, 1996.
Jiménez Herrero, Luis M. (1992): Medio ambiente y desarrollo alternativo. Gestión racional de los recursos para una sociedad perdurable, Iepala, Madrid.
Klare, Michael T. (2003): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Urano Tendencias, Barcelona
Martínez Alier, Joan (1999): Introducción a la economía ecológica, Rubes, Barcelona
Martínez Alier, Joan e Schlüpmann, Klaus (1991): La ecología y la economía, Fondo de Cultura Económica, México.
Max-Neef, Manfred A. (1994): Desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones, Editorial Nordan-Comunidad – Icaria Editorial, Montevideo-Barcelona.
Naredo, José Manuel (1987): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, José Manuel e Parra, Fernando (comps.) (1993): Hacia una ciencia de los recursos naturales, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, José Manuel (2006): Raíces econômicas del deterioro ecológico y social. Siglo XXI, Madrid
Naredo, José Manuel e Parra, Fernando (eds.) (2002) Situación diferencial de los recursos naturales españoles, Fundación César Manrique. Teguise (Lanzarote).
Naredo, José Manuel e Valero, Antonio (dirs) (1999): Desarrollo económico y deterioro ecológico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid.
Naylor, R.; Goldburg, R.; Primavera, J.; Kautsky, N.; Beveridge, M.; Clay, J.; Carl Folke, C.; Lubchenco, J.; Money, H.; Troell, M. 2000. Effects of aquaculture on world fish supplies, Nature, 405, pp.1017-1024.
Nieto, Joaquín e Riechmann, Jorge (Coords) (2003): Sustentabilidad y Globalización. Flujos monetarios, de energía y de materiales, Editorial Germania, Alzira (Valencia)
Passet, René (1996): Principios de bioeconomía, Fundación Argentaria-Visor, Madrid.
Pauly, D., Chirstensen, V., Guénette, S., Pitcher, T., Sumaila, U.R., Walters, C.J., Watson, R., Zeller, D. 2002. Towards sustainability in world fisheries, Nature, 418: 689-
695.
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1990): Economía de los Recursos Naturales y el Medio Ambiente, Celeste, Madrid, 1995.
United Nations (1993) : Handbook of National Accounting: Integrated Environmental and Economic Accounting 2003 (Series F, No.61, Rev.1 (ST/ESA/STAT/SER.F/61/Rev.1)) United Nations, New York.
Van den Bergh, J.C.J.M. (1999), Handbook of Environmental and Resource Economics, Edward Elgar, MA, USA.
CompetenciasCompetencias do máster ás que contribúe a materia:
• Valoración de diferentes enfoques metodolóxicos e as súas aplicacións.
• Capacidade de análise e síntese a través do fomento de hábitos de reflexión e de razoamento lóxico
• Resolución de problemas
• Habilidades de comunicación e debate
• Capacidade crítica e autocrítica
• Habilidades de investigación
• Contribuír á comprensión do sistema económico desde perspectivas interdisciplinares .
• Recoller e manexar información relevante de diversas fontes a un nivel avanzado.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento dos problemas metodolóxicos específicos sobre recursos naturais e desenvolvemento sustentábel
• Comprensión sistemática e dominio dos instrumentos económicos e metodoloxías de investigación relacionadas co uso sustentábel dos recursos naturais.
• Aplicación dunha análise sistémica que permita ao alumnado contextualizar o coñecemento adquirido nun cadro académico e socioeconómico máis amplo.
• Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos sobre recursos naturais e sustentabilidade ás diferentes problemáticas do desenvolvemento económico.
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas:
Exposición: os contidos do temario serán expostos polo profesor mediante clases maxistrais e dinámicas de sensibilización. Os materiais de apoio estarán con antelación a disposición do alumnado.
Reflexión en grupo: ao final de cada unha das exposicións temáticas polo profesor, procederase a unha análise e reflexión sobre o exposto que permita ao alumnado individualizar contidos e aplicalos ao seu desenvolvemento persoal, de modo que serva, ademais, como determinante do traballo persoal e grupal correspondente.
Estudo persoal dirixido: cada alumno individualmente elaborará os diferentes traballos segundo as competencias y actividades correspondentes que deba traballar. Sempre poderá contar coa supervisión do profesor.
Os obxectivos de desenvolvemento de competencias indicadas anteriormente preténdese alcanzalos facendo que, dentro das horas lectivas, as clases sexan dinámicas, prácticas e participativas. Para iso o alumnado deberá ter unha asistencia activa e o compromiso de aportar a súa atención, esforzo e capacidade no desenvolvemento de cada sesión.
Sistema de evaluaciónSISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA cos seguintes requirimentos avaliábeis e inescusábeis:
- Asistencia a clases
- Participación en clases
- Exercicio avaliábel
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expostivas 9
Clases interactivas 12
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 9
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 8
TITORIAS 7
Avaliación 2+1
TOTAL HORAS 75
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o seguimento continuado das clases presenciais, así como da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesor a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesor, co obxecto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica obxecto de estudo.
Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indique o profesor a medida que este desenvolva o programa da materia. A lectura na prensa das noticias relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto ao anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que poida xurdir ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe da materia.