P3131214 - Infraestruturas e Sistemas de Transporte (Módulo III: Optativas Especialidade Desenvolvemento Económico Rexional e Local) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaComprender a importancia do transporte na economía actual, as súas características e as implicacións económicas da degradación ambiental relacionada co transporte.
Contidos• O papel da infraestrutura no desenvolvemento económico
• Tipo de infraestrutura: transporte, enerxía, telecomunicacións, industria, saúde ...
• Sistemas de transporte e infraestruturas: terrestre, marítima, aérea
• Problemas de transporte e mobilidade
• modos de transporte e medio ambiente: cara a unha conversión dunha mobilidade sostible
Bibliografía básica e complementariaCOMISIÓN EUROPEA (2009): Un futuro sostenible para los transportes, Oficina de Publicaciones de la Unión Europea
COMISIÓN EUROPEA (2011). LIBRO BLANCO Hoja de ruta hacia un espacio único europeo de transporte: por una política de transportes competitiva y sostenibleBruselas, 28.3.2011: COM(2011) 144 final
COMISIÓN EUROPEA (2011). Flash Eurobarometer. Future of transport Analytical report, Marzo 2011
Eurostat (2011): Energy, transport and environment indicators,Publications Office of the European Union
GARCÍA-BELLIDO GARCÍA DE DIEGO, Javier (2004). Ciudad y Territorio. Estudios Territoriales, XXXVI (141-142)
RACC (2010): Comparativa de los sistemas de transporte público en 23 ciudades europeas
MINISTERIO DE FOMENTO (2010): El transporte urbano y metropolitano en España, Madrid
OECD/ITF (2010): Reducing Transport Greenhouse Gas Emissions: Trends & Data 2010
UNECE Transport Review (2009) Transport without borders. Second Edition- Maio
Competencias1. Instalar e operar con sistemas de control e seguimento do proceso industrial.
2. Tomar decisións sobre os elementos das redes de comunicación.
3. Aplicar métodos, técnicas e ferramentas específicas para a administración e xestión empresarial.
4. Asumir a responsabilidade en proxectos de desenvolvemento, adquirindo habilidades para traballar tanto individualmente como en equipo.
5. Actuar conforme códigos de boas prácticas
Competencias do máster ás que contribúe a materia:
• Capacidade de análise e síntese, a través da promoción de hábitos de pensamento e razoamento lóxico
• Resolución de problemas
• Capacidade de comunicación e debate
• Capacidade crítica e autocrítica
• Contribuír á comprensión do sistema económico a partir de perspectivas interdisciplinares.
• Recoller e xestionar información de varias fontes relevantes a un nivel avanzado.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento e comprensión das ideas centrais da problemática sobre infraestruturas e sistemas de transportes
• Análise do contorno en que deben resolver os problemas de infraestrutura e mobilidade.
• Capacidade para aplicar coñecementos na práctica.
• Capacidade de busca de información e investigación.
• Capacidade de adaptarse e aplicar o coñecemento sobre a interacción entre infraestrutura e desenvolvemento económico e infraestruturas e mobilidade
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolverase a través dos seguintes métodos e técnicas:
Exposición: os contidos do temario serán expostos polo profesor mediante clases maxistrais e dinámicas de sensibilización. Os materiais de apoio estarán con antelación a disposición do alumnado.
Reflexión en grupo: ao final de cada unha das exposicións temáticas polo profesor, se procederá a unha análise e reflexión sobre o exposto que permita ao alumnado individualizar contidos e aplicalos ao seu desenvolvemento persoal, de modo que sirva, ademais, como determinante do traballo persoal e grupal correspondente.
Estudo persoal dirixido: cada alumno/a individualmente elaborará os diferentes traballos segundo as competencias e actividades correspondentes que deba traballar. Sempre poderá contar coa supervisión do profesor.
Os obxectivos de desenvolvemento de competencias indicadas anteriormente preténdese alcanzalos facendo que, dentro das horas lectivas, as clases sexan dinámicas, prácticas e participativas. Para iso o alumnado deberá ter unha asistencia activa e o compromiso de aportar a súa atención, esforzo e capacidade no desenvolvemento de cada sesión.
Sistema de evaluaciónSISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA cos seguintes requirimentos avaliábeis e inescusábeis:
- Asistencia a clases
- Participación en clases
- Exercizo avaliable
Tempo de estudo e traballo persoalHORAS
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expostivas 9
Clases interactivas 12
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo 27
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 9
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 8
TITORIAS 7
Avaliación 2+1
TOTAL HORAS 75
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase o seguimento continuado das clases presenciais, así como da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesor a medida que se desenvolva o programa. Tamén se considera conveniente consultar con frecuencia as principais fontes estatísticas recomendadas polo profesor, co objeto de familiarizarse co seu uso e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica obxecto de estudo.
Tamén se recomenda a consulta do material complementario que indique o profesor a medida que este desenvolva o programa da materia. A lectura na prensa das novas relacionadas co contido da materia debe ser un requisito básico. Xunto ao anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que poida xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.