P3131216 - Economía Pesqueira e Crecemento Económico (Módulo III: Optativas Especialidade Desenvolvemento Económico Rexional e Local) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
GalegoObxectivos da materiaProfundizar no coñecemento da economía pesqueira galega e europea.
ContidosTema 1
A pesca. Introdución conceptual da pesca como sector económico. Recursos e capacidade potencial de crecemento
Tema 2
A pesca extractiva e os diversos subsectores
Tema 3
O marisqueo como actividade pesqueira de semicultivo
Tema 4
A acuicultura: miticultura e piscicultura
Tema 5
As actividades de transformación de produtos da pesca
Tema 6
Comercialización de produtos da pesca como subsector pesqueiro específico. Comercio exterior
Tema 7
Estrutura empresarial das empresas pesqueiras, dimensión e poder de mercado
Tema 8
PCP política común de pesca como marco da actual política pesqueira. Contidos actuais e horizonte 2013
Bibliografía básica e complementariaGarcía-Negro, M.C. (coord.) (2009). Economía pesqueira: achegas desde un curso universitario. Editorial Sotelo Blanco.
González Laxe, Fernando (2008) Lecciones de Economía Pesquera. NETBIBLO, S.L. Colección: Estudios Marítimos.
Rodríguez Rodríguez, Gonzalo (2008). Economía de los cultivos de mejillón en Galicia. NETBIBLO, S.L.
Engadiranse aqueloutras lecturas que ao longo do curso, sexan consideradas como básicas polos docentes da materia
CompetenciasCoñecemento dos procesos de produción e distribución do alimento pescado. Importancia da pesca na economía galega no presente e como medio de crecemento económico na recente etapa económica. Manexo de fontes estatísticas na economía pesqueira. Solución elemental de problemas de economía pesqueira.
Metodoloxía da ensinanza Crítica de textos en clase, en grupos reducidos. Manexo de fontes tanto bibliográficas como estatísticas de ámbito galego e europeo así como mundial. Redacción escrita de comentario de textos e de noticias de empresa que dean conta da evolución económica da pesca na análise de coxuntura e na situación no marco estrutural. Exposición oral ao menos 1 vez no curso, dun traballo curto demostrativo de pericia no exame de documentos de traballo
Sistema de evaluaciónAsistencia a crase obrigatoria
1 exame teórico de coñecementos 60% da puntuación final da asignatura
Avaliación continua nos restantes aspectos docentes 40%:
10% comentario textos
10% manexo fontes
10% exposición oral
10% exame particular de documentación coxuntural
Tempo de estudo e traballo persoal2 horas de traballo presencial e 2 horas de traballo autónomo semanal.
Recomendacións para o estudo da materiaAsistir ás clases
Consultar a bibliografía recomendada
Asistir a Titorías
Participar nas clases
Estudar de maneira regular
ObservaciónsÉ imprescindíbel un coñecemento previo (recuperado) de xeografía de Galicia.