P3131218 - Política Económica das Comunidades Autónomas (Módulo III: Optativas Especialidade Desenvolvemento Económico Rexional e Local) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo do seminario é a análise e valoración das políticas económicas deseñadas e implementadas polos gobernos das Comunidades Autónomas. A consolidación do Estado das Autonomías dende a instauración da democracia en España deu lugar á creación de institucións autonómicas dotadas de competencias crecentes e cada vez maior capacidade orzamentaria. Este cambio institucional tradúcese nunha modificación substancial no modelo de elaboración, deseño e implementación das políticas públicas en España que é imprescindible coñecer á hora de facer unha análise da política económica española.
O sistema de distribución de competencias está a configurar un modelo no que as políticas das CCAA gañan peso respecto do Estado tradicional centralizado debido á transferencia de funcións e capacidades orzamentarias e decisorias cara a Unión Europea (política monetaria, comercial, etc).
Existen en España diferenzas importantes entre as CCAA. A máis importante refírese aos sistemas de financiamento coa distinción entre sistema foral e sistema común pero dentro deste último están a xurdir importantes diferenzas despois da aprobación do Estatuto de Catalunya en 2007 e dalgúns outros posteriormente.
En relación ao nivel competencial existe unha tendencia crecente á descentralización que xenera graves conflitos entre os partidos políticos pero até agora os sucesivos pactos autonómicos sempre conlevaron un novo avance cara a descentralización salvo no segundo período do goberno Aznar 2000-2004.
Sobre o tipo de competencias, aquelas relacionadas coa instauración do Estado de benestar corresponden básicamente ás CCAA (educación, sanidade e servizos sociais) polo que resulta esencial avanzar no estudio das políticas das CCAA para saber realmente o funcionamento da política económica en España. A esto han de engadirse as funcións relativas á xestión da Administración autonómica, as infraestruturas e as políticas sectoriais en coordinación co Estado e a Unión Europea.
A gravedade da crise económica e financeira de España está a afectar de xeito directo ao funcionamento do vixente Estado das Autonomías (proceso soberanista en Catalunya, rescate financeiro e inxerencia da Troika na reorganización e redefinición institucional do Estado) sendo moi aventurado albiscar como será a súa dinámica e evolución no próximo futuro.
Contidos 1.- As políticas públicas no Estado das Autonomías
1.1.- Introdución
1.2.- A elaboración e implementación das políticas económicas nos Estados descentralizados
1.3.- Modelos comparados de distribución de competencias
1.4.- Características fundamentais do Estado das Autonomías
1.5.- O proceso de unión bancaria e fiscal na área euro e as súas consecuencias para as políticas das CCAA
1.6.- O proceso soberanista en Catalunya
1.7.- Recentralización ou asimetria no Estado autonómico
2.- O proceso de institucionalización e consolidación das Comunidades Autónomas como actores clave da política económica
2.1.- Etapas na evolución político-institucional do Estado Autonómico
2.2.- Evolución das competencias económico-financeiras das CCAA.
2.3.- O proceso de consolidación de mercados político-electorais autonómicos
2.4.- Os axentes económicos e sociais diante do proceso autonómico
3.- O deseño e implementación da política económica das CCAA
3.1.- A interdependencia político-económica no espazo autonómico.
3.2.- Obxectivos e instrumentos da política económica autonómica
3.3.- Planificación global e políticas sectoriais
3.4.- Interrelacións cos niveis de goberno central, europeo e local. Instrumentos institucionais e financeiros do goberno central para o Estado Autonómico. A organización da UE e os entes autonómicos.
4.- Políticas sectoriais
4.1.- Política educativa
4.2.- Política sanitaria e Servicios sociais
4.3.- Política industrial
4.4.- Política de Infraestruturas
4.5.- Política agraria e pesqueira
4.6.- Outras políticas sectoriais
5.- Análise das políticas económicas das Comunidades Autónomas
5.1.- Taxonomía das políticas económicas das 17 Comunidades Autónomas
5.2.- A política económica das Comunidades Forais
5.3.- As CCAA históricas
5.4.- As CCAA insulares
5.5- Análise específico de cada unha das Comunidades Autónomas
5,6.- Burocracia e Comunidades Autónomas
5.7.- A política orzamentaria
6.- A política económica da Xunta de Galicia
6.1.- O proceso de institucionalización da CCAA galega
6.2.- Evolución das magnitudes económicas e sociais da Comunidade Autónoma de Galicia
6.3.- Evolución e características dos axentes políticos, económicos e sociais da CCAA de Galicia
6.4.- Liñas básicas de actuación dos diferentes gobernos da Xunta de Galicia
6.5.- A política orzamentaria
6.6.- As políticas sectoriais
7.- Avaliación das políticas públicas autonómicas.
7.1.- Balance do proceso de descentralización autonómica.
7.2.- Evolución das magnitudes económicas e sociais das CCAA
7.3.- Perspectivas de futuro do Estado das Autonomías. Consolidación ou crise.
Bibliografía básica e complementaria LIBROS
ACEMOGLU, D.- Por qué fracasan los países: los orígenes del poder, la properidad y la pobreza. Barcelona, Deusto, 2012
BOSCH, N. ; DURAN, J.M.- (dirs,).- La financiación de las Comunidades Autónomas: políticas tributarias y solidaridad interterritorial. Universidad de Barcelona, 2005
BLANCO VALDES, R.- A construción da autonomía galega 1981-2007. EGAP, Monografías, nº 16, Santiago, 2008
CAO FERNANDEZ, M.- A política económica da Xunta de Galicia. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 2005
CARAMES, L. ; LAGO, S.- Los efectos del gasto público sobre el crecimiento económico: el caso de las Comunidades Autónomas. IEE Fundación Barrié. A Coruña, 2002
GALLEGO, R. GOMÁ, R ; SUBIRATS, J.- Estado de bienestar y Comunidades Autónomas: descentralización de las poíticas sociales en España, Tecnos, Madrid, 2003
GOMÁ, R. ; SUBIRATS, J (coords).- Políticas públicas en ESpaña. Contenidos, redes de actores y niveles de gobierno, Ariel, Barcelona, 1998.
LAGO PEÑAS, I. ; LAGO PEÑAS, S.- Vinte e cinco anos de autonomía de Galicia. Mudanzas políticas e económicas. EGAP, Santiago, 2006
LOPEZ CASANOVAS, G ; RICO GOMEZ, A.- Evaluación de las políticas de servicios sanitarios en el Estado de las Autonomías. Vols. I, II. Fundación BBV, Madrid, 2001
SUBIRATS, J. ; GALLEGO, R.- Veinte años de autonomías en España. Leyes, políticas públicas, instituciones y opinión pública, CIS, Madrid, 2002
UTRILLA DE LA HOZ, A.- El sector público empresarial autonómico y local. Instituto de Estudios Económicos, Madrid, 2005
REVISTAS
CUADERNOS DE CIENCIAS ECONÓMICAS Y EMPRESARIALES
CUADERNOS DE INFORMACION ECONOMICA
ECONOMIA DE LAS COMUNIDADES AUTONOMAS
EIXO ATLANTICO
EKONOMIAZ
GESTION Y ANALISIS DE POLITICAS PUBLICAS
HACIENDA PUBLICA ESPAÑOLA
INFORMACION COMERCIAL ESPAÑOLA
PAPELES DE ECONOMIA ESPAÑOLA
QUADERNS DE POLITICA ECONOMICA
REVISTA DE ESTUDIOS REGIONALES
REVISTA DE D´ESTUDIS AUTONOMICS I FEDERALS
REVISTA DE INVESTIGACIONES POLITICAS Y SOCIOLOGICAS
REVISTA ESPAÑOLA DE INVESTIGACIONES SOCIOLOGICAS
REVISTA GALEGA DE ECONOMIA
REVISTA VALENCIANA D´ESTUDIS AUTONOMICS
INFORMES
INFORME DO CONSELLO ECONOMICO E SOCIAL
INFORME DO CONSELLO GALEGO DE RELACIONS LABORAIS
INFORME FUNDACION CAIXA GALICIA
INSTITUTO DE DERECHO PUBLICO
INSTITUTO GALEGO DE ESTATISTICA
Competencias O obxectivo deste curso é que os estudiantes comprendan o funcionamento da política económica das Comunidades Autónomas centrándonos especialmente no caso da Xunta de Galicia. Tendo en conta o carácter compartido entre Estado, CCAA e UE de moitas competencias en materia socioeconómica, os estudiantes haberán de adquirir unha certa destreza en recoñecer, analizar e avaliar as actuacións e responsabilidades de cada nivel de goberno para centrarse nun estudio en profundidade da política autonómica. Para elo tratarase de:
- Avanzar na capacidade para explicar as políticas económicas das Comunidades Autónomas distinguindo os aspectos comúns daqueles específicos de cada CCAA.
- Analizar o deseño e aplicación da política autonómica e a súa evolución ao longo do tempo.
- Realizar análises e avaliacións das políticas sectoriais nunha CCAA.
- Realizar estudios específicos e detallados da política económica realizada pola Xunta de Galicia.
- Afortalar a capacidade crítica dos estudiantes para comprender e analizar as medidas de política económica aplicadas en tempo real.
- Mellorar a capacidade dos estudiantes na elaboración de informes, presentación oral e discusión na clase.
Metodoloxía da ensinanza O estudio das políticas económicas das CCAA require dun enfoque multidisciplinar no que é necesario manexar fontes de información dispersas e de variada procedencia. O estudio destas políticas é un “terreo en construción” que haberá de dar lugar a froitos en forma de traballos de investigación unha vez que se asuma como normal un certo grao de conflitividade e diversidade de posicións que se han de resolver co diálogo e a negociación razonada no seo dunha sociedade democrática e desenvolvida. O estudiante ha de mostrar capacidade crítica, ser capaz de colocarse na posición do contrario e recoller e valorar materiais procedentes de disciplinas colindantes coas diversas ramas da economía: política, socioloxía, dereito, etc.
Incentivarase o seguimento da política económica en tempo real referido principalmente ao espazo autonómico galego pero tamén ao das demais CCAA. Os temas recollidos no programa distribuiranse entre os estudiantes que elexirán e traballarán en profundidade a parte correspondente da que se irá dando conta e poñendo en común os resultados ao longo do curso mediante a presentación conxunta e/ou individual dos traballos que se vaian efectuando. A realización de tarefas será continua e con intercambio de opinións e debates periódicos nos que os estudiantes poñerán de manifesto a súa capacidade expositiva, analítica e de argumentación.
Poderanse propoñer actividades précticas como visitas a empresas, organismos e institucións da Administración Autonómica ou áreas de ámbito local ou comarcal de Galicia e doutras CCAA nas que se vaian implementando medidas e políticas de especial relevancia e interese co obxectivo de observar e verificar o seu funcionamento e influencia na política económica de Galicia.
No seu caso, poderase utilizar material audiovisual e tamén se requerirá a participación en conferencias de persoas especialmente relacionadas ou partícipes da política autonómica. En particular, contaremos coa presenza de profesores que desempeñan funcións na Xunta de Galicia e con outros cargos dos organismos autonómicos existindo a posibilidade de contar coa presenza de expertos e xestores doutras CCAA.
Sistema de evaluación Farase en base aos traballos individuais e colectivos realizados ao longo do curso. Valorarase a participación activa e a asistencia ás clases. O sistema de avaliación asentarase na valoración das tarefas individuais e en grupo que se propoñan e na análise e discusión das políticas aplicadas en tempo real polas CCAA. No seu caso, o estudiante deberá superar as probas escritas que podan ser propostas polo profesor.
Tempo de estudo e traballo persoal TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
- Clases grupo grande: 9 horas
- Clases grupo reducido: 12 horas
- Tutorías: 3 horas
- Avaliación grupo grande: 6 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL: 30 HORAS
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
- Estudio autónomo: 15 horas
- Elaboración de traballos individuais ou en grupo: 15 horas
- Lecturas recomendadas, asistencia a charlas, conferencias e visitas educativas: 10 horas
- Preparación para presentacións orais, debates e intervencións individuais: 5 horas
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL: 45 HORAS
Recomendacións para o estudo da materia - Beneficiarse, no seu caso, dos coñecemento adquiridos en materias afins, en particular, de Política Económica, Política Económica Española, Facenda Pública e Sistemas Fiscais, Ciencia Política, Socioloxía, Microeconomía, Estrutura Económica de España e de Galicia, Dereito Político, Constitucional e Administrativo e estudios de Ciencias da Comunicación.
- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da clase, na realización das tarefas asignadas e na procura bibiográfica e xornalística da información requerida.