Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3131250 - Introducción á Economía (Materias de Nivelación) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada
  • Áreas: Economía Aplicada
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
VENCE DEZA, XABIER.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Galego


  • Obxectivos da materia
    OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
    • Acadar unha comprensión global da economía no seu contexto socio-político e coñecer os fundamentos básicos da economía.
    • Asimilar as categorías básicas da análise económica e aplicar a metodoloxía económica como instrumento de análise estratéxica.
    • Facerse cunha competencia práctica elemental no cálculo e resolución de problemas económicos.

    OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
    Adquisición de ferramentas para:
    • Capacidade de análise e síntese.
    • Argumentación lóxica e definición de estratexias alternativas.
    • Actualizar, autoxestionar e afondar no coñecemento.
    • Aplicación práctica das solucións ós problemas.
    • Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
    • Comprensión de temas da realidade social.
    • Aplicar a metodoloxía económica a calquera situación do comportamento humano como ferramenta estratéxica, en especial no sistema xurídico

    OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
    • Pensamento crítico.
    • Comprensión de textos económicos.
    • Capacidade para comprender os aspectos económicos dos debates de actualidade.
    • Comprensión dos efectos das eleccións adoptadas na economía.
    • Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos no ámbito económico.
    • Capacidade para identificar información e datos relevantes para empregalos nun informe de carácter económico.
    • Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.

    Contidos
    Introdución á metodoloxía económica.
    Sistemas económicos.
    O mercado e o seu equilibrio.
    Teoría do consumo e da produción.
    Teoría da distribución.
    Funcionamento dos mercados: tipoloxía.
    Magnitudes macroeconómicas básicas.
    Papel da Economía Pública.
    Bases do comercio internacional.




    Bibliografía básica e complementaria
    MANKIW, G. (2006), Principios de economía, McGraw-Hill, Madrid, 3ª edición.
    MERA VÁZQUEZ, M. T. e PÉREZ DE ARMIÑÁN, M. DEL C., Economía para no economistas, CIE, S.L.-DOSSAT 2000, Madrid, 1997.
    PARKIN, M. (2004): Economía, Pearson Addison Wesley, México.
    TORRES LÓPEZ, J. (2004): Economía política, Ediciones Pirámide, Madrid.
    SAMUELSON, P. A. e NORDHAUS, W. D. (2006), Economía, McGraw-Hill, Madrid, 18ª edición.
    STIGLITZ, J.E. (1993), Economía, Ariel, Barcelona.

    Competencias
    Básicas:
    • Capacidade de análise e síntese.
    • Argumentación lóxica e definición de estratexias alternativas.
    • Actualizar, autoxestionar e afondar no coñecemento.
    • Aplicación práctica das solucións ós problemas.
    • Comprensión de temas da realidade social.
    • Pensamento crítico.

    Específicas:
    • Comprensión de textos económicos.
    • Capacidade para comprender os aspectos económicos dos debates de actualidade.
    • Comprensión dos efectos das eleccións adoptadas na economía.
    • Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos no ámbito económico.
    • Capacidade para identificar información e datos relevantes para empregalos nun informe de carácter económico.
    • Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.

    Metodoloxía da ensinanza
    Organización temporal: Impartiranse 9 horas de aulas expositivas e 12 de interactivas onde se explicarán os contidos teóricos, presentando e resolvendo os problemas concernentes a estas.
    Método de Explicación: A clase expositiva compaxinarase co traballo que o alumno irá realizando nas xornadas de docencia interactiva , integrando así teoría e práctica.
    Por ser unha materia de complemento, a aprendizaxe continuará ao longo de todo o curso.
    Sistema de evaluación
    A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
    • A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
    • Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
    • Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.

    A avaliación basearase na asistencia tanto ás clases de carácter teórico como ás prácticas.
    En canto é unha asignatura de complemento non haberá exame escrito, senón que se tomará como referencia a participación e comprensión dos termos e conceptos analizados.
    Será obxecto de avaliación tanto os coñecementos como as competencias adquiridas.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Está pensado que o alumno concentre o seu traballo no tempo das aulas presenciais (21 horas) , e que deberá complementar para a súa comprensión con estudo persoal, que dependerá da súa capacidade e disposición.
    Recomendacións para o estudo da materia
    O longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
    • Asistir a clase.
    • Manter ó dia o estudio da asignatura e chegar ó coñecemento teórico dos conceptos básicos.
    • Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase.
    • Ter acceso a un manual para comprobar e ampliar as notas que puideran tomarse en clase.
    • Consultar ó profesor as dúbidas que se teñan presenciamente (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) .

    O grado de competencia /destrezas / habilidades necesario para superar esta asignatura debe presupoñerse para calquera alumno que está cursando estudios universitarios.
    Requírese capacidade lóxica de razonamento, comprensión léxica e un nivel elemental de matemáticas que debe ter calquera alumno con estudios.
    Resulta recomendable o interese pola actualidade (lectura de prensa, seguemento por radio e TV) en canto moitos exemplos e problemas que se presentarán na asignatura serán obtivos da mesma, polo que o coñecemento polo alumno permite unha mellor comprensión dos aspectos presentados.

    Observacións
    TITORIAS: Despacho do profesor. Facultade de Dereito. Area de Economía Política e Facenda Pública (2º andar)
    Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías nas horas de aulas, ou ben por correo electrónico.
    Aténdense igualmente titorías a través de correo electrónico.