P3151101 - Dirección estratéxica (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia.- Dotar ao alumnado coñecementos teórico prácticos avanzados sobre a dirección estratéxica.
.- Proporcionar unha metodoloxía que permita ao alumnado analizar as implicacións da contorna e dos recursos e capacidades da empresa como base para identificar a estratexia adecuada para competir nunha contorna dinámica e global e os desafíos que comporta a súa posta en práctica.
.- Fomentar a reflexión sobre os problemas empresariais desde unha perspectiva crítica.
Contidos1.- Dirección estratéxica: concepto e proceso
2.- Diagnostico estratéxico
3.- Orientación básica da empresa
4.- Vantaxe competitiva
5.- Estratexia corporativa
6.-Implantación e control do proceso estratéxico
Bibliografía básica e complementariaNAVAS, J.E.; GUERRAS, L.A (2000) La dirección estratégica de la empresa teoría y aplicaciones. Civitas.
GRANT, R. (2006): Dirección Estratégica. Conceptos, Técnicas e Aplicacións. Editorial Civitas.
HITT, M.; IRELAND, R.D. (2008) Administración Estratégica. Competitividad y Globalización. (7ª edición) Cengage Learning Editores.
O profesorado detallará, ao comezo de cada tema, a bibliografía complementaria ou adicional.
Competencias–Capacidade para comprender as bases da competitividade da empresa.
–Capacidade para comprender a importancia do proceso estratéxico, as fases que o conforman e as súas interrelacións.
–Capacidade para aplicar as principais técnicas e ferramentas da análise estratéxica.
–Capacidade para realizar unha análise do sector.
–Capacidade para realizar unha análise interna da empresa.
–Capacidade para identificar e valorar as distintas opcións estratéxicas nos ámbitos corporativo e de negocio.
–Capacidade para comprender as accións necesarias para a posta en práctica e control da estratexia.
–Capacidades transversais: sentido ético da dirección e xestión empresarial, capacidade para traballar en equipo, razoamento crítico, análise e síntese, argumentación e comunicación.
Metodoloxía da ensinanza Nas sesións expositivas explicaranse os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso, realízaranse estudos de casos, comentaranse lecturas de textos e artígos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, coñezan experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolvan a capacidade de análise, síntese e de argumentación. Adicionalmente, deberán elaborar un traballo en grupo e expolo oralmente en clase. O grupo conformarase utilizando tres criterios: titulación de procedencia do alumnado, experiencia profesional previa e país de orixe. Con todo iso preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a búsqueda de información na biblioteca, hemeroteca ou bases de datos e a elaboración dun traballo en grupo. Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; temén servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa no análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, realización e exposición de traballos, etc. ). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a.- Exame 50% da cualificación
b.- Participación en analisé de casos, debate de lecturas … 25%
c.- Realización, presentación e defensa de traballo en grupo 25%.
Para poder sumar b e c é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Para poder superar a materia, é necesario que o alumnado asista como mínimo a un 80% das clases.
Os alumnos repetidores someteranse ao mesmo rexime de avaliación que o alumnado ordinario
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
.- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 48
.- Traballo persoal do alumnado: 102
Recomendacións para o estudo da materiaPara maximizar a aprendizaxe é conveniente que o alumnado prepare previamente as lecturas e textos recomendados, realice todas as actividades expostas polo profesorado e asista regularmente ás clases teóricas e prácticas.