Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3151102 - Dirección de operacións e da tecnoloxía (Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTROMAN DIZ, JUAN LUIS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxecto da materia é o estudo da Administración da área de Operacións e da Tecnoloxía das empresas, a través dos seguintes obxectivos docentes:
    -Familiarizar ao alumnado coa Administración de Operacións, a súa definición e o seu contido.
    -Recoñecer a influencia da área de Operacións na eficiencia, a eficacia e a competitividade das empresas.
    -Comprender as dimensións da Misión de Operacións e a súa influencia tanto no deseño estratéxico como no desenvolvemento cotián das operacións.
    -Desenvolver no alumnado as habilidades requiridas para abordar con éxito a configuración produtiva da empresa nas súas catro áreas fundamentais: o produto, as tarefas produtivas, o proceso e a loxística.

    Contidos
    Relevancia estratéxica da xestión das operacións. Planificación estratéxica das operacións. Características e evolución dos sistemas produtivos. Contido das estratexias de operacións. Dimensións da Misión de Operacións.Desenvolvemento de novos produtos desde unha perspectiva de operacións. Estratexias de organización produtiva. Calidade Total. Orientación tecnolóxica. Subcontratación, Cooperación e Alianzas. Globalización das operacións
    Bibliografía básica e complementaria
    DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. e outros (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
    DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. e outros (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
    FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. e outros (2006): Estrategia de Producción. McGraw Hill
    FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. e VÁZQUEZ ORDÁS, C. (1995): Dirección de la Producción (vol. 2). Civitas
    HEIZER, J. e RENDER, B. (2007): Dirección de la producción. Decisiones estratégicas. Prentice Hall.
    HEIZER, J. e RENDER, B. (2008): Dirección de la producción. Decisiones tácticas. Prentice Hall.
    HEIZER, J. e RENDER, B. (2009): Principios de Administración de Operaciones. Prentice Hall.

    Competencias
    Asumir responsabilidades directivas e de xestión en contornas competitivas, globais e dinámicas.
    Identificar e desenvolver iniciativas empresariais relacionadas coa dirección de operacións.
    Dirixir e xestionar a área de operacións dunha empresa.
    Aplicar habilidades directivas relacionadas co traballo en equipo e a motivación do persoal.
    Resolver problemas de dirección de operacións.
    Comprender a dinámica da innovación e o cambio tecnolóxico.
    Resaltar a importancia da organización da produción no desenvolvemento de vantaxes competitivas e no resultado da empresa.
    Recoñecer a relevancia estratéxica de as decisións do ámbito operativo e a súa estreita vinculación coas decisións nos restantes ámbitos funcionais.
    Percibir e valorar a importancia do sistema de información para a adopción de decisións de natureza operativa.

    Metodoloxía da ensinanza
    Préstase especial atención ás actividades presenciais, con e sen ordenador. As leccións maxistrais teñen unha finalidade expositiva e nelas introdúcese ao alumnado na problemática operativa e o seu impacto na satisfacción do cliente e no resultado organizativo. O enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumnado propiciando a comprensión de problemas operativos e a modelización deles coa finalidade de promover a calidade das decisións.
    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia lévase a cabo cun proceso de avaliación continua que ten en conta todas as actividades a realizar ao longo do semestre, considerando aspectos como a claridade e capacidade narrativa, o dominio da terminoloxía da materia e a participación activa, cun peso na calificación final do 30%, e un exame final, centrado sobre todo na avaliación dos coñecementos adquiridos, cun peso na nota final do 70%.

    Para pasar o curso o alumno debe obter unha nota maior ou igual a cinco (sobre dez) no examen, e unha calificación final (de examen mais actividades) tamén superior a cinco (sobre dez).
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
    Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
    Traballo persoal do alumnado: 76,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Non existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas e das disciplinas ligadas ao ámbito operativo da empresa. Ademais, resulta esencial a asistencia a clase e participación, o análise e resolución dos casos e problemas propostos e as lecturas recomendadas.