P3151103 - Dirección estratéxica de persoas (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIdentificar os principais retos a que se enfrontan as organizacións no ámbito da dirección de persoas e estudar alternativas para afrontalos.
- Coñecer as diferentes perspectivas na dirección de persoas.
- Coñecer as opcións estratéxicas no sistema de dirección de persoas.
- Desenvolver a capacidade para elixir e implantar as opcións estratéxicas no sistema de dirección de persoas.
- Coñecer o impacto da internacionalización na dirección de persoas.
- Resaltar a visión do elemento humano como persoa, a importancia da ética e a análise do impacto social das decisións sobre o persoal.
Contidos1. Retos da dirección de persoas.
2. Enfoques para a dirección de persoas.
3. Modelo de dirección estratéxica de persoas.
4. Obxectivos da dirección estratéxica de persoas.
5. Estratexias relativas ás persoas que contribúan aos resultados organizativos.
6. Dirección de persoas nun contexto global.
Bibliografía básica e complementariaGómez-Mejía, L..; Balkin, D.; Cardy, R. (2008) “Gestión de recursos humanos” Pearson-Prentice Hall, 5º edición.
Para cada tema proporcionarase unha bibliografía específica.
CompetenciasCoñecemento da capacidade das persoas como fonte potencial de vantaxes competitivas para as empresas.
- Comprensión, desde unha perspectiva estratéxica, da dirección de persoas nas empresas.
- Capacidade para identificar as estratexias relativas ás persoas en coherencia coa estratexia empresarial.
- Análise da consistencia interna e externa da estratexia relativa ás persoas.
- Coñecemento dun modelo de análise para a dirección estratéxica de persoas.
- Capacidade para formular e implantar estratexias relativas ás persoas que axuden ás empresas a obter unha vantaxe competitiva sostida.
- Conciencia das repercusións das decisións no ámbito do persoal sobre os participantes individuais e a sociedade.
- Capacidade para xestionar a diversidade e traballar en equipos de composición diversa.
- Coñecemento das principais formas de flexibilidade laboral.
- Coñecemento de fontes de información salientadas, autores relevantes e experiencias empresariais na xestión de recursos humanos.
- Capacidade de presentación oral.
- Capacidade de análise e crítica respectuosa do traballo alleo.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos. Nas sesións de docencia interactiva analizaranse casos, realizaranse sesións de role-play, debateranse cuestións expostas polo profesorado e realizaranse as presentacións dos traballos previamente elaborados en equipo. As sesións no aula poderán contar coa presenza de profesionais expertos e/ou dalgún profesor/a doutra Universidade, especializado nos contidos da materia. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a busca, lectura e sínteses de material bibliográfico referenciado polo profesorado. Tamén abarcan a elaboración dun traballo en equipo que terá que ser presentado nunha clase de seminario en grupo. O equipo conformarase utilizando tres criterios: titulación de procedencia do alumnado, experiencia profesional previa e país de orixe. Coas lecturas preténdese que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiarice con autores destacados, coñeza experiencias empresariais de interese para a materia e desenvolva a capacidade de sínteses e presentación escrita. A través do traballo en equipo e a súa presentación no aula espérase que o alumnado desenvolva a competencia para traballar en equipo nas empresas, así como a de comunicación oral. O profesorado guiará o traballo autónomo do alumnado nas horas destinadas a titorías, destinadas fundamentalmente a orientar aos alumnos sobre os traballos a realizar, casos prácticos ou lecturas, así como a solucionar as dúbidas e problemas que se lle expoñan e proporcionarlles retroalimentación sobre os resultados do proceso de aprendizaxe.
Todas as presentacións serán realizadas con canón de proxección.
Utilizarase o apoio virtual para a docencia.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a.- Exame 50% da cualificación
b.- Participación nas actividades desenvolvidas no aula 25%
c.- Realización, presentación e defensa de traballo en equipo 15%.
d. Lectura e sínteses das lecturas recomendadas 10%
Para poder sumar b, c e d é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
É necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia.
A puntuación dos apartados b, c e d gardarase para a convocatoria de xullo pero en ningún caso para os cursos posteriores.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
Traballo persoal do alumno: 76,5
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia a clase, a participación en todas as actividades propostas, tanto dentro como fóra da aula, e a utilización das titorías.