P3151105 - Márketing internacional (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaA importancia das operacións internacionais e os continuos cambios que se producen na contorna internacional das empresas fan necesaria a formación de mulleres e homes conscientes dos aspectos específicos implicados e coñecedores das formas de analizar o contexto internacional para tomar decisións adecuadas aos requerimentos do novo marco. Con este fin impártese a materia Marketing Internacional. Trátase, polo tanto, de explicar as estratexias e políticas que se teñen demostrado eficientes en determinadas situacións, pero tamén de entrenar ao alumnado no proceso de toma de decisións en situaciones complexas e ambiguas, similares ás que poden presentárselle no seu futuro profesional.
ContidosTema 1. Introdución ao marketing internacional
Tema 2. Entorno macroeconómico e demográfico
Tema 3: Entorno cultural
Tema 4. Entorno político-legal
Tema 5. Selección de mercados
Tema 6. Formas de entrada nos mercados exteriores
Tema 7: Acción comercial no exterior
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Cerviño, J. (2006) Marketing Internacional: Nuevas Perspectivas para un Mercado Globalizado,
Pirámide, Madrid.
Bibliografía complementaria:
Alvarado, M e Martín, M. (2006) Publicidad y Cultura, Comunicación Social, Sevilla.
Cateora, P. e Graham, J. (2006) Marketing Internacional, McGraw Hill, México.
Czinkota, M. e Ronkainen, I. (2002) Marketing Internacional, McGraw Hill, México.
Durán, J.J. (2000) Estrategia y Economía de la Empresa Multinacional, Pírámide, Madrid.
García R. (2000) Empresas Españolas en los Mercados Internacionales, Esic, Madrid.
Guisado, M (2002) Internacionalización de la Empresa, Pirámide, Madrid.
Competencias•Concienciación da importancia dos negocios internacionais para as empresas.
•Formación dunha actitude activa cara ao mercado internacional.
•Coñecemento e análise da contorna dos negocios internacionais e consecuente reducción do risco percibido na actividade internacional.
•Valoración e comprensión das diferencias internacionais e eliminación da perspectiva etnocéntrica.
•Coñecemento das alternativas estratéxicas da empresa internacional.
•Coñecemento das ferramentas de acción comercial.
•Toma de decisións internacionais en condicións de incerteza.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula adicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos básicos dos temas que conforman o programa, facendo fincapé nos aspectos máis relevantes e nas suas relacións. Nas sesións interactivas intentarase entrenar ao alumnado na toma de decisións en situacións de incerteza, utilizando fundamentalmente casos prácticos que reflicten situacións empresariais en contornas internacionais complexas. Nas clases interactivas comentaranse, tamén, lecturas de textos e artículos, e debatiranse cuestións propostas polo profesorado. Con todo elo preténdese estimular o traballo en equipo e desenvolver destrezas en comunicación e debate. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademáis do tempo adicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
Sistema de evaluaciónO alumnado obterá o 50% da súa calificación final da realización de tarefas de traballo autónomo individual e en equipo (casos prácticos, lecturas e debates). A parte restante se derivará dos resultados obtidos nun test escrito. A cualificación final será a suma ponderada de ambas puntuacións. Requírese a asistencia a un 80% das clases, como mínimo.
Tempo de estudo e traballo persoalEstímanse 76,5 horas de traballo persoal do alumnado, asemade das de traballo presencial na aula.
Recomendacións para o estudo da materiaO aproveitamiento das clases prácticas depende da profundización previa nos conceptos teóricos por parte do alumnado.