Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3151109 - Traballo fin de máster (Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 95.00
  • Horas de Titorías: 285.00
  • Total: 380.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Economía Financeira e Contabilidade, Comercialización e Investigación de Mercados, Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Orientacións académica e profesional: O obxectivo principal do traballo fin de máster é que o alumnado aplique dun modo integrado os coñecementos e habilidades adquiridos nas materias do máster.

    Orientación investigadora: O obxectivo principal do traballo fin de máster é iniciar ao alumnado na investigación nas áreas de coñecemento de Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados ou Economía Financeira e Contabilidade.

    Contidos
    Orientacións académica e profesional: O contido específico definirase para cada traballo individual. Pode consistir nunha proposta para a creación dunha empresa ou calquera outro proxecto relacionado coas competencias do máster.

    Orientación investigadora: Deseño e realización dunha procura científica nalgunha das áreas de coñecemento implicadas no Máster: Organización de Empresas, Comercialización e Investigación de Mercados e Economía Financeira e Contabilidade. O contido específico definirase para cada traballo individual.

    Competencias
    Orientacións académica e profesional:
    - Capacidade para definir os obxectivos do traballo.
    - Capacidade para deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para acadar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
    - Capacidade de busca e selección da información relevante para o traballo.
    - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos que sexan pertinentes para o traballo, integrándoos coa nova información conseguida.
    - Capacidade para organizar e presentar a información de forma estruturada e clara.
    - Capacidade para recoñecer as limitacións do traballo e propoñer liñas de investigación futuras.

    Orientación investigadora:
    Ademais das competencias anteriores, o traballo fin de máster da orientación investigadora desenvolverá as seguintes competencias:
    - Capacidade para aplicar os métodos de investigación máis relevantes en dirección de empresas.
    - Capacidade para deseñar un traballo de investigación.
    - Capacidade para interpretar os resultados e extraer conclusións relevantes.

    Metodoloxía da ensinanza
    Orientacións académica e profesional: A/o estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas no máster. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación.

    Orientación investigadora: A/o estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre a súa capacidade para a investigación en dirección de empresas.

    Metodoloxía común ás tres orientacións:
    Durante o desenvolvemento do traballo fin de máster programaranse sesións de traballo coa/o profesora/r tutora/r, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo.
    O traballo será defendido oralmente pola/o estudante diante dunha comisión avaliadora nomeada pola Comisión Académica do máster.

    Sistema de evaluación
    Orientacións académica e profesional: Valorarase o contido, nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do máster, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, expresión e presentación oral.

    Orientación investigadora: A avaliación terá en conta o contido, estrutura, fundamento teórico, adecuación e dominio da metodoloxía aplicada, bibliografía utilizada, relevancia das conclusións e implicacións directivas e capacidade para estimular liñas futuras de investigación.

    Común ás tres orientacións:
    Así mesmo, terase en conta o compromiso durante a realización do traballo, o seguimento das orientacións do titor/a, o cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a iniciativa.
    O traballo, ademais de entregarse por escrito, deberá presentarse oralmente.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o seguimento das orientacións do titor/a, así como o cumprimento dos prazos establecidos.