P3151201 - Habilidades directivas (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Organización de Empresas
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaO obxectivo xeral desta materia é dotar ao alumnado das habilidades directivas necesarias para dirixir unha empresa ou organización e dos coñecementos teórico-prácticos sobre habilidades directivas.
Contidos1. A importante función das habilidades directivas.
2. Enfoques de liderado.
3. Habilidades persoais: Desenvolvemento do autocoñecemento, solución de problemas, creatividade e innovación.
4. Habilidades interpersoais: Poder e influencia, motivación dos demais, manexo de conflitos.
5. Habilidades grupais: Facultamento e delegación, formación de equipos efectivos e traballo en equipo.
6. Habilidades específicas de comunicación: Elaboración de presentacións orais e escritas, realización de entrevistas, conducción de reunións de traballo.
Bibliografía básica e complementariaWhetten, D. & Cameron, K. (2011). Desarrollo de habilidades directivas. Pearson.
Puchol, L. (2010). El libro de las habilidades directivas. Díaz de Santos.
López Fresno, P. (2011). 30 habilidades para el desarrollo de un liderazgo efectivo. Netbiblo.
Vázquez Luís, R. (2007). Habilidades directivas y técnicas de liderazgo: su aplicación en la gestión de grupos de trabajo. Ideaspropias.
McEncroe, D. (2010). Cocinando liderazgo: los mejores ingredientes para la mejor dirección. Deusto.
Pérez Troncoso, E. (2005). Gestión de equipos y negociación: estrategias para conseguir resultados exitosos en el día a día. Ideaspropias.
CompetenciasHabilidades de comunicación interpersoal.
- Capacidade para tomar decisións e estimular a creatividade.
- Capacidade de liderado.
- Capacidade para motivar aos colaboradores.
- Capacidade para delegar eficazmente.
- Capacidade para xestionar conflitos no traballo.
- Capacidade para potenciar o traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións de docencia interactiva trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos e desenvolva as competencias prácticas da materia. Para iso realizaranse exercicios e analizaranse casos. As sesións presenciais poderán contar coa presenza de profesionais expertos na materia. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das aplicacións sinaladas polo profesorado.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
a.- Exame 50% da cualificación
b.- Participación nas actividades desenvolvidas no aula 30%
c.- Realización, presentación e defensa de traballo en equipo 20%.
Para poder sumar b e c é necesario que o alumnado obteña como mínimo un 2 sobre 5 no exame teórico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.
É necesaria unha asistencia mínima ás clases do 80% para poder superar a materia.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
Traballo persoal do alumno: 76,5
Recomendacións para o estudo da materiaRecoméndase a asistencia a clase, a participación en todas as actividades propostas, tanto dentro como fóra da aula, e a utilización das titorías.