P3151202 - Xestión de produtos e marcas (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 13.50
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 4.50
- Total: 36.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
- Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia-Introducir ao alumno nos conceptos relacionados coa carteira de produtos da empresa, así como mostrar a necesidade de actualización continua da súa oferta comercial.
-Analizar o proceso de desenvolvemento de novos produtos e o seu proceso de adopción polos consumidores.
-Destacar a importancia da marca dentro da estratexia comercial da empresa.
-Desenvolver as estratexias de marca de que dispón unha empresa, prestando especial atención á estratexia de extensión de marca.
ContidosTEMA 1: Estratexias para o crecemento da empresa
TEMA 2: Estratexia de desenvolvemento para novos produtos e tipos de novos produtos
TEMA 3: Factores de éxito de novos produtos
TEMA 4: Proceso de desenvolvemento de novos produtos
TEMA 5: Plan de marketing do lanzamento de novos produtos
TEMA 6: Orde de entrada no mercado e participación no mercado
TEMA 7: Reacción da competencia aos novos produtos
TEMA 8: Estratexias de marca para novos produtos
TEMA 9: Marcas de distribuidor
TEMA 10: A marca e a franquicia
TEMA 1: OBXECTIVOS DA EMPRESA, ORIENTACIÓN AO MERCADO E POLÍTICA DE PRODUTOS
TEMA 2: ESTRATEXIAS DE CRECEMENTO DA EMPRESA E POLÍTICA DE PRODUTOS
TEMA 3: ESTRATEXIA COMPETITIVA E POLÍTICA DE PRODUTOS
TEMA 4: CARTERA DE PRODUTOS, LIÑAS DE PRODUTOS E CICLO DE VIDA DOS PRODUTOS
TEMA 5: ATRIBUTOS, CALIDADE OBXECTIVA E CALIDADE PERCIBIDA DOS PRODUTOS
TEMA 6: ENVASE, GARANTÍA E SERVIZO POSTVENTA
TEMA 7: MARCA
TEMA 8: NOVOS PRODUTOS, GRAOS DE INNOVACIÓN E VALOR DA EMPRESA
TEMA 9: FACTORES DE ÉXITO DOS NUEVOS PRODUTOS E PROCESO DE DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS
TEMA 10: PLAN DE MARKETING DE LANZAMENTO DOS NOVOS PRODUTOS: MARCA E PREZO
TEMA 11: PLAN DE MARKETING DE LANZAMENTO DOS NOVOS PRODUTOS: DISTRIBUCIÓN
TEMA 12: PLAN DE MARKETING DE LANZAMENTO DOS NUEVOS PRODUTOS: COMUNICACIÓN PROMOCIONAL
TEMA 13: REACCIÓNS COMPETITIVAS AO LANZAMENTO DE NOVOS PRODUTOS
Bibliografía básica e complementaria- Aaker, D. (2004). Estrategia de la cartera de crear relevancia, diferenciación, energía, apalancamiento y claridad, Madrid: Gestión 2000
- Belío, J.L. (coord.) (2007). Claves para gestionar precio, producto y marca: cómo afrontar una guerra de precios. Wolters Kluwer.
- Cerviño, J (2002), Marcas internacionales: cómo crearlas y gestionarlas, Madrid: Pirámide, D.L.
- Fernández, J.D. (2009). Cómo crear una marca: manual de uso y gestión. Almuzara.
- Fernández del Hoyo, A. (2009). Innovación y gestión de nuevos productos: una visión estratégica y práctica. Pirámide.
- Jiménez, A.I. (coord). (2004). Dirección de productos y marcas. UOC. Barcelona.
- Keller, Kevin Lane (2008) Administración estratégica de marca: branding, 3ª ed. Pearson Educación
- Munuera, J.L.; Rodríguez, A.I. (2002). Marketing estratégico. Teoría y casos. Pirámide.
- Munuera, J.L.; Rodríguez, A.I. (2007). Estrategias de marketing. Un enfoque basado en el proceso de dirección. ESIC.
- Puelles, J.A.; Gómez, M. (2011). Marcas de distribuidor. E. Pirámide.- Serrano, F.; Serrano, C. (2005). Gestión, dirección y estrategia de producto. ESIC.
- Torrecilla, J.M. (2000). La innovación en la práctica. Desarrollo de nuevos productos. Ciss Praxis
Competencias-Capacidade para identificar a carteira de produtos dunha empresa e analizar a importancia relativa dos produtos que forman a carteira da empresa.
-Coñecemento do proceso de desenvolvemento de novos produtos.
-Coñecemento da importancia de dar participación ao cliente no desenvolvemento de novos produtos.
-Coñecemento do proceso de adopción dos novos produtos.
-Coñecemento da importancia das marcas na actualidade.
-Coñecemento das estratexias de marca.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa. Nas sesións de seminario en grupo intentarase que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso, analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse lecturas de textos e artigos, e debateranse cuestións expostas polo profesorado. Nas clases en grupo reducido estimularase o traballo en grupo e desenvolverán as destrezas de comunicación e debate. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
Sistema de evaluaciónA avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado. A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un examén parcial e/ou un exame final. A calificacion do exame parcial e/ou final non suporá máis dun 50% da cualificación final da materia.
É obrigatoria a asistencia a, como mínimo, o 70% das horas.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 36. Horas de traballo non presencial:76.5