Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3151206 - Sistemas de información para a dirección (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Organización de Empresas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
CASTROMAN DIZ, JUAN LUIS.NON
TABOADA ARJONA, JOSE LUIS.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxecto da materia é o estudo da Administración de Sistemas de Información para a Dirección, a través dos seguintes obxectivos docentes:
    Desenvolver no alumnado unha visión estratéxica do sistema de información para a dirección da empresa.
    Familiarizar ao alumnado con diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión do sistema de información para a dirección.
    Capacitalo para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co sistema de información da empresa.
    Desenvolver no alumnado as habilidades requiridas para xestionar o sistema de información da empresa.


    Contidos
    A organización da información na empresa. Sistema de información. Os sistemas de información na organización como fonte de vantaxes competitivas. Os procesos de decisión empresarial e as clases de sistemas de información. As tecnoloxías da información e a comunicación (TIC): fundamentos e aplicacións. Evolución dos sistemas de información e tecnoloxía. Integración de sistemas.


    Bibliografía básica e complementaria
    ALTER, S (1999): Information Systems: A management perspective. Addison-Wesley.
    ARJONILLA, Jesús; MEDINA, José Aurelio (2002): La gestión de los Sistemas de Información en la empresa. Madrid, Ed Pirámide.
    CORNELLÁ, A. (1999): Los recursos de información. Ventaja competitiva de las empresas. McGraw-Hill
    CORNELLÁ, A. (2002): Infonomia.com: La gestión inteligente de la información en las organizaciones.2ª ed Madrid, DEUSTO.
    GARCÍA BRAVO, D.(2000): “Sistemas de información en la empresa”, Pirámide.
    GOMEZ VIEITES, A.; SUAREZ REY, C. (2003): “Sistemas De Información: Herramientas Practicas para la Gestión Empresarial”, Rama,
    GONZÁLEZ RAMÍREZ, Mª de los Reyes (2001). Sistemas de información para la empresa. Alicante, Publicaciones de la Universidad de Alicante.
    HARJINDER S. GILL e PRAKASH C. RAO (1996): Data Warehousing, La integración de la información para la mejor toma de decisiones. Prentice Hall.
    LAUDON, K; LAUDON, J. (2002): Essentials of management information systems 5ª ed Prentice-Hall.
    O’BRIEN, J. (2001): “Sistemas de Información Gerencial”, 4ª Ed. Mc Graw-Hill Interamericana.
    ORTEGA, J.A. (1997): “Sistemas de Información y Ventaja Competitiva”, Desclée, Bilbao.
    PABLOS HEREDERO, Carmen de, et al. (2001): Dirección y Gestión de los Sistemas de Información en la Empresa. Madrid, ESIC Editorial.
    RODRIGUEZ CUADRADO, A. e MARQUEZ SERRANO, A.(1993): “Técnicas de Organización y Análisis de Sistemas”, McGraw-Hill, Madrid.
    WHITTEN, J.L., BENTLEY, L.D., BARLOW, V.M. (1996): “Análisis y Diseño de Sistemas de Información”, 3ª Ed., Irwin, Madrid.


    Competencias
    Coñecemento dos conceptos básicos da materia e capacidade para a súa aplicación na análise de casos.
    Capacidade para identificar a información e procesos de información que pertencen a cada un dos sistemas da empresa.
    Capacidade de interacción con outras persoas non vinculadas aos estudos de dirección de empresas (Enxeñeiros informáticos e outros profesionais das TIC).
    Capacidade de análise da función das tecnoloxías da información nos sistemas empresariais.
    Coñecemento das oportunidades de negocio proporcionadas polo uso das novas tecnoloxías.
    Comprender a dinámica da innovación e o cambio tecnolóxico.
    Percibir e valorar a importancia do sistema de información para a adopción de decisións empresariais.


    Metodoloxía da ensinanza
    Préstase especial atención ás actividades presenciais, con e sen ordenador. As leccións maxistrais teñen unha finalidade expositiva e nelas introdúcese ao alumnado na xestión do sistema de información e no seu impacto na satisfacción do cliente e no resultado organizativo. O enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumnado propiciando a comprensión dos procesos de información que sustentan as decisións empresariais e a modelización de diversos problemas coa finalidade de promover a calidade das decisións.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia lévase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre, considerando aspectos talles como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa, e un exame centrado fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos, cun peso na avaliación final do 70%
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
    As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
    Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
    Traballo persoal do alumnado: 76,5


    Recomendacións para o estudo da materia
    Non existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas e de informática de xestión. Ademais, resulta esencial a asistencia a clase e a participación, a análise e resolución dos casos e problemas propostos e as lecturas recomendadas.