Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3151207 - Metodoloxía de investigación en dirección de empresas (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 13.50
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 4.50
  • Total: 36.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
  • Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
VARELA NEIRA, MARIA DE LA CONCEPCION.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Os obxectivos pódense concretar do seguinte xeito:

    1. Coñecer a importancia da investigación dentro do proceso de toma de decisións en dirección de empresas
    2. Entender qué é unha investigación e coñecer as etapas necesarias para desenvolver unha investigación.
    3- Profundizar nos métodos de investigación máis relevantes en dirección de empresas
    4. Analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial

    Contidos
    Os contidos que se desenvolverán durante o curso aparecen reflectidos no descriptor da materia do plan de estudos do Máster.

    O programa da materia está dividido en 4 temas básicos, que se indican a continuación:

    TEMA 1. O MÉTODO CIENTÍFICO: Técnicas para la investigación en dirección de empresas

    TEMA 2. BASES DE DATOS: Recollida de datos.

    TEMA 3. TRATAMENTO: Análise de datos.

    TEMA 4. DIVULGACIÓN: Revistas cientificas en dirección de empresas

    Bibliografía básica e complementaria
    SARABIA, F.J. (1999) "Metodología para la investigación en marketing y dirección de empresas". Ed. Pirámide.

    URIEL, E. y ALDÁS, J. (2005) “Análisis multivariante aplicado”. Ed. Thomson

    BYRNE, B.M. (1994) “Structural equation modeling with EQS and EQS/Windows”. Ed. Sage

    MALHOTRA, N. (2008) "Investigación de mercados" 5ª Edición Prentice-Hall.

    AEDEMO (2000) "La investigación en marketing".

    FERNÁNDEZ, A. (1999) "Investigación de mercados: obtención de la información" ed. Civitas



    Competencias
    O alumno adquirirá e practicará unha serie de competencias xenéricas, desesables en calquer titulación universitaria, e especificas dá materia.


    - Capacidade pra deseñar un traballo de investigación
    - Deseño unha enquisa e tratamento dos datos utilizando programas eestadísticos de aplicacion en Dirección de empresas
    - Coñecemento das principais bases de datos para a investigación
    - Coñecemento das revistas de impacto en Dirección de empresas e o proceso de publicación
    - Capacidade para interpretar os reultados e extraer conclusions relevantes


    Metodoloxía da ensinanza
    As clases presenciais impartiranse en sesións de pizarra en grupos reducidos. A interacción co alumno é esencial para o logro do aprendizaxe desexada. Ademais, a introducción dos datos da investigación e o seu tratamento requiren o uso do aula de informática da facultade. As actividades de traballo persoal do alumno inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización de actividades de investigación sinaladas polo profesor.
    Sistema de evaluación
    Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
    A avaliación terá en conta a participación nas clases así como todas as actividades desenvolvidas polo alumnado por encargo do profesor. A puntuación correspondente a esta avaliación continua suporá un 30% da cualificación final e manterase para a convocatoria de xullo pero non para os repetidores. O 70% restante da cualificación corresponderase cun exame final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS

    Horas presenciais : 36 horas
    Horas non presenciais: 76,5 horas



    Recomendacións para o estudo da materia
    É recomendable que o alumno traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo.

    Resulta conveniente a comunicación co profesor mediante a utilización das titorías persoais.