P3161101 - Microeconomía: Mercados, prezos e goberno (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEsta asignatura proporciona ao alumno unha formación teórica e práctica para analizar problemas de asignación de recursos nunha economía de mercado e permitirlle un desenvolvemento da profesión eficaz e versátil. O estudante comprenderá a utilidade da mesma como fundamento da análise aplicada para entender o mercado e o sector público como mecanismos de asignación de recursos económicos. As dúas cuestions fundamentais que se plantexan son, por unha parte, averiguar cando funcionan ben os mercados á hora de asignar recursos económicos e, por ende, en que circunstancias é necesario o apoio dun mecanismo complementario (como é o sector público) para garantizar determinadas propiedades do sistema de asignación de recursos. O curso presenta as ferramentas da análise económica que afectan á toma de decisions xerenciais e coas que o alumno poderá sintetizar e interpretar a realidade socio-económica, así como ver fomentadas as súas habilidades para poder desenvolver a súa profesión con unha visión de servicio á sociedade.
Máis en particular, unha vez cursada a asignatura, o alumno estará en condicions de:
- Analizar a conducta dos consumidores e, polo tanto, evaluar o comportamento da demanda dun determinado ben
- Analizar os criterios cos que as empresas toman decisions económicas e, por ende, entender o comportamiento da oferta dun determinado ben ou servizo
- Como se interrelacionan os axentes económicos e forman mercados e industrias
- Analizar as respostas dos axentes económicos e os mercados aos cambios nas condicions que afectan aos seus procesos de toma de decisions
- Analizar os resultados alcanzados polo funcionamento dos mercados e algúns dos problemas existentes nos mercados reaies
Contidos1. A toma de decisions de consumidores e empresas.
2. Aplicacións: medición do benestar, oferta de traballo e aforro das familias, incerteza, mercados de futuros.
3. Asignación de recursos nunha economía: eficiencia e funcionamento dos mercados competitivos.
4. Fallos de asignación. O problema da información asimétrica.
5. Intervención pública.
Bibliografía básica e complementariaAntelo, M. (2000), Tópicos en Microeconomía Teórica, Santiago de Compostela, Tórculo Ed.
Antelo, M. (2003), Ejercicios de Microeconomía Avanzada, A Coruña, Netbiblo.
Antelo (2011), Raciones de Economía, Madrid, McGraw-Hill.
Gravelle, H. e Rees, R. (2006), Microeconomía, 3ª edición, Madrid, Pearson/Prentice Hall.
Kreps, D. (1990), A Course in Microeconomic Theory, Princeton University Press. (Existe traducción: Un curso de teoría microeconómica, McGraw-Hill, Madrid, 1995.)
Luenberger, D.G. (1995), Microeconomic Theory, New York, McGraw-Hill.
Varian, H. (1992), Microeconomic Analysis, New York, W.W. Norton. (Existe traducción: Análisis Microeconómico, Barcelona, A. Bosch.)
Villar, A. (2006), Microeconomía, Madrid, McGraw-Hill.
Competencias• Coñecer os factores e consideracions que afectan ás decisions óptimas dos axentes económicos.
• Aplicar a análisise económica á identificación, previsión e solución de problemas relativos á asignación eficiente dos recursos na economía.
• Coñecer e comprender os incentivos económicos dos diversos axentes como unha das forzas que motivan o seu comportamento.
• Analizar as ventaxas e inconvintes de distintas medidas de política e intervención pública.
Metodoloxía da ensinanza Traballo na aula: exposicions teóricas combinadas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, o análisis de casos e o análisis crítico de lecturas e problemas.
Traballo do alumno: preparar o traballo na aula e reafirmar e profundizar os coñecentos adquiridos a través da resolución de exercicios e a elaboración e presentación de traballos. Estos traballos en grupo, que inclúen a entrega de resúmenes e presentacions, permiten aos alumnos poñer en práctica os seus coñecementos e habilidades de comunicación e interacción interpersonal.
Exámenes e resto das actividades de evaluación: forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a evaluar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso.
Os alumnos disponrán de guías didácticas específicas sobre os contidos dos temas nas que se lles informará sobre a importancia relativa e interrelación entre os mesmos. Asimesmo contenrán referencias bibliográficas e pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.
Sistema de evaluaciónSe combinarán os exámenes escritos, con un traballo de curso e unha evaluación continua dos exercicios, informes e traballos individuais e de grupo, presentacions e intervencions en seminarios ao longo do curso. Os exámenes estarán centrados fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos. O traballo de curso encamiñado principalmente a avaliar a capacidade para aplicar os coñecementos na elaboración de estudos que combinan o análise teórico e o traballo empírico, a capacidade para emitir xuicios e propoñer solucions á problemas, a efectividade no traballo en grupo e a capacidade expositiva oral e escrita. E a avaliación continua tenrá en conta todas as actividades programadas. No proceso de avaliación se considerarán, ademáis do dominio da materia, aspectos como a capacidade de análisise e de síntesis, a efectividade no traballo en equipo, la claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía en inglés, a participación e contribución ao bo desenvolvemento das actividades do curso e ao resto das competencias mencionadas nos apartados anteriores. A avaliación continua tenrá un peso mínimo do 30% na avaliación final.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno, ademáis das 48 horas de traballo presencial na aula, deberá adicar 102 horas ao seu traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual o en grupo), a análise de casos ou lecturas, a realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacions orais.