Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3161102 - Macroeconomía: conxuntura e tendencias (Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ VAZQUEZ, MARIA DEL PILAR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Esta materia ten dous obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, preténdese que o alumno afonde no coñecemento dos modelos macroeconómicos que permiten dende a teoría representar o comportamento macroeconómico nacional e internacional e os debates de política económica. O segundo obxectivo é que o alumno poida usar estes instrumentos analíticos para comprender a evolución actual a nivel macroeconómico nas principais economías do mundo.

    Para cumprir o primeiro obxectivo, o curso está baseado en modelos macroeconómicos que non só reflicten as características do mundo real, senón que incorporan os avances recentes nas ideas macroeconómicas. Estes modelos permitirán ao alumno afondar na comprensión do ciclo económico, o desemprego, a inflación, a política monetaria, a política fiscal e o comportamento das economías interdependentes. Tamén se poñerá atención á explicación dos principais agregados macroeconómicos que van determinar o comportamento da economía, como son o consumo, o investimento e ao papel do diñeiro. Aínda que os modelos macroeconómicos que presentamos son amplamente usados na actualidade non só en universidades senón tamén en bancos centrais e outras institucións públicas á hora de tomar decisións de política económica, existen enfoques macroeconómicos relevantes que presentan discrepancias. Outro obxectivo deste curso será coñecer a discusión existente en determinados problemas.

    Para cumprir o segundo obxectivo, analizarase a evolución macroeconómica real da economía española, a europea e o resto do mundo, utilizando as ferramentas analíticas estudadas.


    Contidos
    Comportamento dos agregados macroeconómicos e ciclo económico. Imperfeccións nos mercados de traballo e o comportamento da oferta agregada. O desemprego. A inflación e a política monetaria. Política fiscal e déficit público. Os fundamentos do consumo e do investimento. A economía aberta e as economías interdependentes. Comportamento macroeconómico, política económica e tendencias de longo prazo en España, Europa e o resto do mundo.
    Bibliografía básica e complementaria
    Carlin, Wendy e David Soskice (2006), MACROECONOMICS: IMPERFECTIONS, INSTITUTIONS AND POLICIES, Oxford University Press.
    Romer, David (2011), ADVANCED MACROECONOMICS 4th edition, McGraw-Hill.
    Na guía docente incluirase unha bibliografía máis detallada e aportarase bibliografía complementaria.
    Competencias
    . Coñecer e comprender a forma de articular a análise teórica e empírica na elaboración de estudos sobre o comportamento da macroeconomía.
    . Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución de problemas económicos.
    . Establecer as bases teóricas e empíricas dos xuízos e propostas de solución a problemas económicos e facer explícitas as consecuencias sociais asociadas a estes xuízos e propostas.
    . Comunicar con claridade e fluidez os coñecementos e conclusións e as bases destes a públicos especializados e non especializados de xeito verbal e escrito, e facendo uso dos medios e técnicas de transmisión e representación de ideas que se empregan na economía.
    . Recoller e manexar datos e información relevante de fontes estatísticas e publicacións especializadas.
    . Competencias transversais: Análise e síntese. Resolución de problemas. Uso do inglés en Economía. Razoamento crítico. Sensibilidade cara a problemas sociais. Traballo en equipo. Estimulación intelectual.
    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo na aula consistirá en exposicións teóricas combinadas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de problemas económicos reais e a análise crítica de lecturas. Os alumnos disporán dunha Guía Docente con información detallada que indicará o contido específico dos temas, as referencias bibliográficas complementarias e outra información relevante que sirva de orientación para o seu traballo persoal. Así mesmo, se empregará a Aula Virtual da USC.

    O alumno deberá preparar o traballo na aula e reafirmar os coñecementos adquiridos a través da lectura das referencias indicadas e a resolución de exercicios. Os exámenes e o resto das actividades de avaliación forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias que o alumno adquire durante o curso.


    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición das competencias ás que contribúe esta materia así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa. A avaliación continua terá un peso mínimo do 25% na avaliación final. A Guía Docente describirá en detalle as probas que se realizarán para a avaliación do alumno.
    Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado” (ver Normativa sobre permanencia e asistencia en titulacións adaptadas ao EEES).


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das 48 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá adicar 102 horas ao traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo) e a realización de lecturas, exercicios e traballos, así como a preparación dos exámenes.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Para o axeitado seguimento da materia requírese a asistencia regular ás clases presenciais, así como a utilización da guía docente e dos recursos que se poñen a disposición dos alumnos na Aula Virtual.