P3161103 - Econometría (Obrigatorio) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Adquirir o manexo de conceptos e ferramentas que permitan a realización, interpretación e valoración de traballos con contido econométrico no ámbito da economía.
-Adquirir destreza no uso de ferramentas informáticas aplicadas á Econometría.
-Posuír os coñecementos suficientes para afrontar cursos optativos de Econometría máis avanzados.
-Coñecer as limitacións das conclusións que se derivan do emprego dos modelos e métodos econométricos aplicados a problemas e situacións.
- Deseñar, poñer en práctica e desenvolver un proceso de investigación econométrica no campo da Economía.
- Recoller, organizar, procesar e analizar información relevante de fontes estatísticas e publicacións especializadas.
Contidos1.- Modelos de regresión, estimación por mínimos cadrados e contrastes de hipóteses.
2.- Autocorrelación. Heterocedasticidade. Multicolinearidade.
3.- Regresores aleatorios. Erros de especificación e medida. Variables instrumentais.
4.- Modelos dinámicos.
5.- Selección de modelos e tests de diagnóstico.
6.- Modelos de ecuacións simultáneas, identificación, estimación e aspectos dinámicos. Sistemas de ecuacións aparentemente non relacionadas.
7.- Non estacionariedade, cointegración e modelos de corrección do erro.
8.- Modelos para datos de panel.
9.- Modelos de variable dependente cualitativa e limitada.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
Greene, W. (1999): Análisis econométrico. Madrid: Prentice-Hall Iberia.
Gujarati, D. (2003): Econometría. México: McGraw-Hill.
Novales, A. (1993): Econometría. Madrid: McGraw-Hill.
COMPLEMENTARIA:
Arcarons, J,; Calonge, S.(2008): Microeconometría: Introducción y aplicaciones con software econométrico para Excel. Madrid: Delta
Baltagi, B. H. (2008): Econometric Analysis of Panel Data. John Wiley & sons Ltd.
Cabrer, B.; Sancho, A; Serrano, G. (2001): Microeconometría y decisión. Adrid: Ediciones Pirámide.
Charemza, W. W.; Deadman, D. F. (1997): New Directions in econometric practice. Aldershot: Edward Elgar.
Johnston, J.; DiNardo, J. (1997): Econometric methods. Singapur: McGraw-Hill
Enders, W. (1995): Applied Econometric Time Series. New York: John Wiley & Sons
Maddala, G. S. (1996): Introdución a la Econometría. México: Prentice Hall.
Pindyck, R. S.; Rubinfeld, D. L. (1998): Econometric models and economic forecasts. Boston: McGraw-Hill.
Wooldridge, J. M. (2006): Introducción a la econometría. Thomson.
Competencias-Afondamento nos conceptos, modelos e métodos econométricos que se empregan para a análise de series temporais, de datos de sección cruzada e de datos de panel co fin de cuantificar relacións, contrastar hipóteses e realizar predicións económicas.
-Aplicar, con rigor, os métodos estatístico-econométricos para cuantificar as relacións económicas, facer predicións e contrastar hipóteses, seleccionando os máis apropiados segundo a natureza dos datos e o problema a analizar e utilizando os programas informáticos especializados, así como transmitir os resultados da devandita análise cuantitativa á hora de elaborar informes.
-Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos e da aplicación de métodos estatísticos e econométricos a problemas e situacións.
- Elaborar informes económicos conxunturais e estudos orientados a analizar e predicir o comportamento de curto prazo da economía e os seus efectos sobre sectores e mercados específicos
-Elaboración de informes e presentación rigorosa, clara e técnica de conclusións tanto a públicos especializados como non especializados.
- Identificación e solución estatística de problemas económicos.
- Análises teórico-prácticos dos indicadores socio-económicos e o emprego dos métodos estatísticos para analizar relacións e extraer conclusións dos datos económicos que permiten comprender o funcionamento dos mercados.
-Competencias transversais: Análise e síntes. Organización e planificación. Comunicación oral e escrita. Xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións. Razoamento crítico. Sensibilidade cara a problemas sociais, autonomía na aprendizaxe, traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas teñen como obxecto a introdución e explicación dos aspectos básicos de cada tema contido no programa proporcionándolle a información adicional necesaria que permita un axeitado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma. As clases en grupos reducidos realízanse na aula de informática e estas clases prácticas de ordenador están encamiñadas a que o alumnado consiga unha mellor comprensión dos contidos básicos e se familiarice co novo instrumental informático e coa resolución de problemas concretos no ámbito económico. Coa realización das distintas aplicacións empíricas tamén se pretende que o estudante adquira un dominio das técnicas econométricas básicas de modelización e predición, e o manexo dos datos necesarios para levar a cabo estudos nas áreas de referencia.
Sistema de evaluaciónO procedemento para avaliar ó alumno é o de avaliación continua. Por tanto, o alumno obterá un 50% da cualificación final en base ó traballo realizado ao longo do curso: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos…. A valoración das distintas actividades da avaliación continua concretarase cada curso na correspondente guía docente. O outro 50% da cualificación corresponde ó exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das 48 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 102 horas de traballo persoal. Este inclúe o estudo autónomo, lecturas e a realización de exercicios e traballos.
Recomendacións para o estudo da materiaDado o procedemento de avaliación utilizado, recoméndase seguimento das clases e traballo regular e continuado ao longo de todo o curso
ObservaciónsTer uns coñecementos básicos de introdución á econometría