Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3161105 - Análise económica dos mercados financeiros I (Obrigatorio) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
REBOREDO NOGUEIRA, JUAN CARLOS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Entender os fundamentos da valoración de activos financeiros utilizando os conceptos de arbitraxe e equilibrio.
    Analizar o valor temporal do diñeiro utilizando diferentes instrumentos financeiros.
    Entender e aplicar diferentes métodos de estimación da curva cupón cero.
    Comprender e analizar a valoración e xestión de activos de renda fixa.
    Aplicar a teoría da elección con incerteza á valoración de activos de renda variable para determinar a súa valoración en equilibrio e baixa arbitraxe.
    Avaliar o comportamento real dos prezos de activos financeiros e a xestión de carteiras.

    Contidos

    1.- Introdución á Economía Financeira
    1.1 Problemas básicos da Economía Financeira.
    1.2 Valoración e Economía Financeira.
    1.3 A función dos mercados e institucións financeiras.
    1.4 Arbitraxe e equilibrio.

    2.- Cálculo financeiro
    2.1.- Valor do diñeiro no tempo.
    2.2.- Desconto e capitalización: simple, composto, continuo.
    2.3.- Tipos contado, forward e TIR.
    2.4.- Rendas: concepto e valoración de rendas constantes, perpetuas e en progresión aritmética e xeométrica.
    2.5.- Préstamos: métodos de amortización alternativos.
    2.6.- Empréstitos e operacións continxentes.

    3.- Estrutura temporal de tipos de interese
    3.1 A Curva Cupón Cero.
    3.3.1 Prezos Descontos e tipos.
    3.3.2 Valoración coa curva cupón cero.
    3.3.3 Métodos de estimación da curva cupón cero.
    Bootstrapping
    Iterative Bootstrapping
    Métodos Econométricos
    Método de McCulloch
    Método de Nelson-Siegel
    Método de Svensson
    3.3.4 Estatística da curva cupón cero.
    3.2 Duración e Convexidade.
    3.3 Valoración de activos de renda fixa.

    4.- Valoración de activos continxentes
    4.1. Modelo de preferencia tempo-estado. Activos Arrow- Debreu.
    4.2. Arbitraxe e probabilidades neutrais ao risco.
    3.3.-Valoración de activos e mercados completos.

    5.- Selección de carteira e valoración
    5.1 Análise media-varianza de activos e carteiras.
    5.2 Determinación das carteiras eficientes.
    5.3 Valoración de activos con carteira de mercado: CAPM.
    5.4 Valoración de activos sen arbitraxe: APT.
    5.5 Evidencia empírica para o mercado español.
    5.6 Avaliación da xestión de carteiras.


    Bibliografía básica e complementaria
    oAbascal y Soler (2002): Gestión de carteras de renta fija. Mc Graw-Hill.
    oCabello, José Manuel (2006): Valoración Financiera. Teoría y práctica con Excel. Delta publicaciones.
    oCampbell, John Y., Lo, Adrew L. y McKinlay, A. Craig (1997): The Econometrics of Financial Markets. Princeton University Press.
    oKnop, Roberto; De Castro, Marcos y Fernández, José Mª (2006): Manual de instrumentos de renta fija. Ariel Economía.
    oMarín, José María y Rubio, Gonzalo (2001): Economía Financiera. Antoni Bosch.
    oMartellini, L., Priaulet, P. y Prialulet, S. (2003): Fixed-income securities. Valuation, risk management and portfolio strategies. John Wiley & Sons, Finance.
    oNavarro, Eliseo y Nave, Juan M. (2001) Fundamentos de matemáticas financieras. Barcelona. Antoni Bosch, D.L.

    Competencias
    Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
    A aplicación da análise económica e os métodos econométricos á valoración de activos e á xestión de carteiras.
    Valorar activos financeiros e medir o risco dos mesmos.
    Analizar e avaliar carteiras de investimento e contribuír a unha adecuada xestión das mesmas.
    Capacidade para valorar activos financeiros e medir o risco dos mesmos.


    Metodoloxía da ensinanza

    O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise crítica de lecturas e problemas.
    O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula, e a reafirmar e profundar os coñecementos adquiridos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e presentación de traballos, o alumno exercita e desenvolver os seus coñecementos e habilidades. Por medio da realización de traballos en grupo que inclúen a entrega de resumos e presentacións, os alumnos pon en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades de comunicación e interacción interpersoal.
    Os exames e o resto das actividades de avaliación forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso.
    Os alumnos disporán de guías didácticas específicas sobre os contidos dos temas nas que se lles informará sobre a importancia relativa e interrelación entre os mesmos. Nestas guías proporcionaránselles referencias bibliográficas e unha serie de pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.


    Sistema de evaluación

    O procedemento de avaliación terá en conta: a resolución de casos prácticos (r), traballos realizados e expostos en clases (t), probas de comprensión realizadas ao longo do curso (p), exame final escrito (e). A ponderación de cada un destes elementos será 0.30*t+0.20*p+0.50*e. Ademais, aplicarase o criterio de non outorgar ao alumno unha nota inferior á do exame final.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Ademais das 24 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 51 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.


    Recomendacións para o estudo da materia
    Para superar a materia con éxito é recomendable:
    (a) esforzo e estudo continuado ao longo do curso
    (b) resolver e discutir os exercicios prácticos propostos, preferiblemente en grupo
    (c) lectura dos articulos e capítulos de libros recomendados
    (d) acudir ás tutorias para expor e resolver todas as dúbidas relacionadas coa materia

    Observacións
    Para cursar este módulo requírese que os alumnos teñan uns coñecementos previos de Microeconomía, principalmente da elección con incerteza, e de Econometría e Excel a efectos de poder desenvolver a parte práctica do programa. Ademais é necesario un dominio do inglés mínimo que permita a lectura dalgunhas das referencias bibliográficas.