Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3161107 - Traballo fin de máster (Fin de Máster) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Interactiva Seminario: 55.00
  • Horas de Titorías: 165.00
  • Total: 220.0

Outros Datos

  • Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo, Economía Aplicada, Fundamentos da Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Economía Cuantitativa, Departamento Externo
  • Áreas: Dereito Mercantil, Economía Aplicada, Fundamentos de Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Economía Cuantitativa (propia da USC) , Área Externa para o postgrao oficial
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo do traballo de fin de Máster é que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos relacionados coa súa área de estudo. Para iso os estudantes deberán integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as consecuencias económicas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos ou xuízos.
    Outro obxectivo do traballo de fin de Máster será poñer en práctica a capacidade de comunicación oral e escrita: os estudantes deberán ser capaces de comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que os sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claros e sen ambigüidades. Asímismo buscarase potenciar as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.

    Contidos
    O contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos/titores, que cada curso realizará a Comisión Académica do Máster.
    Bibliografía básica e complementaria
    A bibliografía será facilitada polo titor específico que se asignase ao estudante.
    Competencias
    - Ser capaz de de definir os obxectivos do traballo, identificando o problema a resolver ou o obxectivo de coñecemento a alcanzar.
    - Ser capaz de deseñar as tarefas, organizar os pasos a seguir para alcanzar os obxectivos e desenvolver o traballo de acordo co plan definido.
    - Saber buscar e seleccionar información relevante para o caso, problema ou obxecto de estudo, a partir de fontes do nivel de libros de texto avanzados, textos científicos especializados e datos orixinais.
    - Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida.
    - Ser capaz de organizar a información da que dispón e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas.
    - Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer suxestións de cara ao futuro.

    Metodoloxía da ensinanza
    O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos. Incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica avanzada, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica ou unha análise de casos.
    Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións de traballo co profesor titor, que establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Finalmente, o estudante deberá presentar un resumo oral do traballo.

    Sistema de evaluación
    A avaliación basearase no traballo, que ademais de entregarse por escrito deberá presentarse oralmente. Valoraranse os contidos (corrección e pertinencia da información), nivel de integración de coñecementos adquiridos en diferentes materias e actividades formativas do Máster, achegas persoais, capacidade de análise crítica da información, estrutura, normas de estilo, corrección lingüística e expresiva (oral e escrita) e claridade da presentación.
    Así mesmo, terase en conta para a avaliación a realización sistemática do traballo e o compromiso durante a realización deste: seguimento das orientacións do titor, cumprimento da programación de tarefas no desenvolvemento do traballo e a súa iniciativa.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo estimado para a realización do traballo é de 150 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recomendacións previas: Os alumnos poderán inscribirse para a realización do Traballo de Fin de Máster unha vez superados o 75% dos vinte e sete créditos obrigatorios. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título de Máster, isto é, polo menos 54 ECTS.