P3161204 - Econometría aplicada á economía industrial (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaÓ cursar esta materia pretendese que o alumno desenvolva habilidades no uso das técnicas econométricas e a súa aplicación no estudio de cuestións habituais nas áreas da organización industrial, da competencia e da regulación como son: a avaliación do comportamento productivo das empresas en relación a outras empresas do sector; a avaliación dos determinantes do seu comportamento productivo coa finalidade de poder determinar variacións na súa demanda, producción e custes ante cambios no entorno; a identificación e contrastación do poder de mercado dos distintos axentes; ou a avaliación empírica dos efectos das regulacións e do nivel de competencia dos productos dun mercado determinado.
Máis concretamente, con este curso buscase que o alumno comprenda e sexa capaz de xerar traballos empíricos nas áreas da organización industrial, a competencia e a regulación, mediante o manexo d os datos e técnicas econométricas con propósitos descritivos, de medición e de contrastación de hipóteses. O largo do curso examínanse traballos empíricos e lévanse a cabo exercicios prácticos co obxecto de que o estudiante adquira un dominio das técnicas de identificación, estimación e do manexo dos datos necesarios para levar a cabo estudios nas áreas de referencia.
Dado que nesta materia o alumno utiliza a contrastación empírica como ferramenta de traballo, tamén lle aporta unha serie de capacidades en canto a que lle axuda a fixar e consolidar os coñecementos e habilidades adquiridos co estudio dos aspectos metodolóxicos desenvolvidos noutras materias desta liña de especialización.
ContidosTema 1. Introducción: conceptos básicos
Tema 2. Estimación das economías de escala nas empresas.
Tema 3. Estimación do progreso tecnolóxico.
Tema 4. Estimación do grao de utilización dos factores productivos.
Tema 5. Medición da productividade e dos seus determinantes (enfoques paramétricos e non paramétricos).
Tema 6. Medición da eficiencia e dos seus determinantes (enfoques paramétricos e no paramétricos).
Tema 7. Técnicas econométricas para a estimación da demanda con productos homoxéneos e con productos diferenciados.
Tema 8. Estimación da competencia en cantidade e competencia en prezo.
Tema 9. Estimación do poder de mercado.
Tema 10 Detección de comportamentos non competitivos.
Tema 11. Estimación do efecto da publicidade sobre prezos e beneficios.
Tema 12. Estimación dos efectos das fusións sobre a competencia e o benestar.
Tema 13. Estimación dos efectos das regulacións.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Álvarez, A. (coord.), La medida de la eficiencia y la productividad, Pirámide, Madrid, 2001.
Heckman, J. and Leamer, E. (Eds.), “The Econometrics of Industrial Organization” , Part 15 do libro Handbook of Econometrics (Vol. 6A), North-Holland, 2007.
Joskow, P. L. and Waterson, M. (Eds.), Empirical Industrial Organization, Vol. I and II, Edward Elgar Publishing, 2004.
Schmalensee, R. and Willing, R. (Eds.), “Empirical Methods and Results” (Part 3) and “Government Intervention in the Marketplace”( Part 5) do libro Handbook of Industrial Organization (Vol. II), North-Holland, 1997.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Dobrinsky, R.; Korösi, G.; Harkov, N.; Halpern, L. (2006): “Price markups and returns to scale in imperfect markets: Bulgaria and Hungary”, Journal of Comparative Economics, 34, 92-110.
Flaig, G.; Steiner, V. (1993):”Searching for the productivity slowdown: some surprising finding from West German manufacturing”, The Review of Economics and Statistics, 75(1).
Rodríguez, X. A. (1995): “La medida de la productividad global. Análisis desagregado para la minería española durante el periodo 1974-1991”. Servicio de Publicaciones Intercambio Científico. Universidad de Santiago.
Rodríguez, X. A. (2005): “ Una propuesta metodológica para medir la productividad global”. Estudios de Economía Aplicada, 4, pp. 95-113.
Rodríguez, X. A. y Expósito, P. (2001): “Principales Determinantes de la productividad total de los factores en el sector agrario español”. Economía Agraria y Recursos Naturales,1, pp.3-20.
Rodríguez, X. A., De Miguel, J. C. y Pérez, T. (2003): “ Cálculo del valor de la cuota láctea a partir de la estimación de la estructura de costes de las explotaciones”. Economía Agraria y Recursos Naturales, 3,pp.57-70.
Rodríguez González, X. A. and Fidel Martínez Roget (2004):” The Measurement of Efficiency and Productivity in Rural Tourism Establishments: The Case of Galicia in Spain”. The Empirical Economics Letters, 3, pp. 119-134.
Rodríguez González, X. A. and Fidel Martínez Roget (2006):” Rural tourism demand in Galicia, Spain”. Tourism Economics, 12 (1), pp. 21-31.
Rodríguez González, X. A. and Fidel Martínez Roget (2006):”Occupancy level and productivity in rural tourism establihsments: the case of Galicia, Spain”. Tourism Economics, 12 (2), pp. 279-289.
Rodríguez, Xosé Antón and Carlos Arias (2008): “The effects of resource depletion on coal mining productivity”. Energy Economics, 30, pp. 397-408
Rodríguez González, X. A, Martínez, Fidel and P. Murias (2009):”Institutional support and productivity: the case of rural tourism establishments in Galicia, N. W. Spain”. The Empirical Economics Letters, Na imprenta.
Competencias-Poder comprender e xerar traballos empíricos nas áreas da organización industrial, da competencia e da regulación, mediante o manexo dos datos e técnicas econométricas con propósitos descritivos, de medición e de contrastación de hipóteses.
-Poder avaliar o comportamento productivo das empresas en relación a outras empresas do sector.
-Poder avaliar os determinantes do comportamento productivo das empresas coa finalidade de poder determinar variacións na súa demanda, producción e custes ante cambios no entorno.
-Poder identificar e contrastar o poder do mercado dos distintos axentes.
-Poder realizar unha avaliación empírica dos efectos das regulacións e do nivel de competencia dos productos dun mercado determinado.
-Poder fixar e consolidar os coñecementos e habilidades adquiridos co estudio dos aspectos metodolóxicos desenvolvidos noutras materias da liña de especialización.
Metodoloxía da ensinanza Traballo en el aula: exposicións teóricas combinadas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise crítica de lecturas e problemas.
Traballo do alumno: preparar o traballo en aula e reafirmar e afondar nos coñecementos adquiridos a través da resolución de exercicios e a elaboración e presentación de traballos. Estes traballos en grupo, que inclúen a entrega de resumes e presentacións, permiten ao alumnos poñer en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades de comunicación e interacción interpersoal. Para este tipo de actividades tamén se utilizaran os medios virtuais existentes na Facultade.
Exames e resto das actividades de avaliación: forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso.
Os alumnos dispoñerán de guías didácticas específicas sobre os contidos dos temas nas que se les informará sobre a importancia relativa e a interrelación entre os mesmos. Do mesmo modo conterán referencias bibliográficas e pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.
Sistema de evaluaciónO procedemento principal para avaliar ó alumno é o de avaliación continua. Por tanto, o alumno obterá un 50% da cualificación final en base ó traballo realizado ao longo do curso: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos…. A valoración das distintas actividades da avaliación continua concretarase cada curso na correspondente guía docente. O outro 50% da cualificación corresponde ó exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras totais estimadas de dedicación á materia....................150
Horas no presenciais...............................................102
Horas presenciais......................................................48
*Docencia expositiva (teóricas).............18
*Docencia interactiva (prácticas)...........24
*Titorías grupos reducidos.......................6
Ademais das 48 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 102 horas de traballo persoal, que inclúe o estudio autónomo (individual ou en grupo), da análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións para o estudo da materiaÓ ser una materia eminentemente aplicada, aconsellase facer un seguimento continuado das clases coa finalidade de optimizar o aproveitamento dos contidos e posibilitar unha aprendizaxe directa, progresiva e individualizada, ademais de posibilitar o establecemento dun sistema de avaliación continua.
ObservaciónsPara cursar esta materia recomendase tener aprobada a materia Econometría, materia obrigatoria desta titulación.