P3161209 - Fiscalidade e industria (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaCoñecer os impostos que afecta ás empresas e sectores industriais e como influen na sua toma de decisións.
Aplicala análise económica da imposición á identificación, previsión e solución de problemas relativos á asignación eficiente dos recursos en empresas e sectores industriais.
Coñecer e comprender os incentivos e consecuencias económicas dos impostos.
Analizalas ventaxas e os inconvintes de distintas alternativas de política pública e regulación nos ámbitos industriais.
Participar no asesoramento e diseño de estratexias fiscais referidas á actividades específicas da industria.
ContidosPrimeira Parte: Eficiencia e equidad: Distorsións impositivas e exceso de gravamen.
Tema 1.- ¿Por qué os impuestos distorsionan as decisiones?
Exceso de gravame e costes de benestar.
Impostos distorsionantes e exceso de gravame.
Cuantificación do exceso de gravame.
Principais distorsións do sistema impositivo.
Tema 2.- Incidencia impositiva.
Concepto e modelos de incidencia impositiva.
Modelos de equilibrio parcial.
Modelos de equilibrio xeral.
Incidencia temporal e espacial.
Segunda parte: Sistema fiscal e comportamento da empresa.
Tema 3.- Elementos do sistema fiscal español e a súa relación coas empresas:
Tributos do goberno central
Tributos dos gobernos autonómicos.
Tributos locais.
Tema 4.- Elementos do imposto de sociedades que poden influir no comportamento empresarial:
Amortización fiscal
Incentivos fiscais (hasta 2014)
Compensación pérdidas.
Incidencia da inflación
Grupos empresariais
Estructuras internacionais e deslocalización tributaria.
Tema 5.- Otros impostos.
Transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Impostos indirectos: IVA (comercio interior e importacións) e Impostos especiais
Impuestos locais e localización empresarial.
Impostos ambientais.
Tema 6.- Comportamento empresarial para reducir costes fiscais.
Bibliografía básica e complementaria- Albi Ibañez, E. y otros (2004): Economía Pública I y II. Barcelona, Ed. Ariel Economía.
- Atkinson, A.B. y Stiglizt, J.E. (1988): Lecciones de economía pública. Madrid, Instituto de Estudios Fiscales.
- Costa, M., Durán, J.M., Espasa, M., Esteller, A. y Mora, A. (2005): Teoría básica de los impuestos: un enfoque económico. Madrid. Civitas.
- Fuentes Quintana, Enrique (1990): Hacienda pública: Principios y estructura de la imposición. Madrid, Ed. Rufino Blanco.
- García Viñuela, E. (2003): La economía de los impuestos. Madrid. Minerva Ediciones.
- Musgrave, R.A. y Musgrave, P.B. (1991): Hacienda pública teórica y aplicada. Madrid, Ed. McGraw Hill.
- Rosen, Harvey S. (2007): Hacienda Pública. Madrid, Ed. McGraw Hill.
- Sevilla Segura, J.V. (2005): Política y técnica tributarias. Madrid, Instituto de Estudios Fiscales.
- Stiglitz, J.. (2006): La economía del Sector Público. Barcelona, Ed. A. Bosch.
CompetenciasAnálise avanzado dos problemas de elección e asignación de recursos nunha economía de mercado, e do papel do sector público, así como da influencia da incertidume no comportamento de consumidores, empresas e institucións públicas e as consecuencias económicas dos mesmos.
Coñecer e comprender o papel da interrelación sistémica e dinámica entre as decisións e os feitos económicos e o contexto político e institucional no que se desenvolven.
Elaboración e presentación de informes sectoriais e de mercados de manera oral e escrita e ser capaz de comunicarse con claridade tanto a públicos especializados como non especializados.
Articulación do análise teórico e empírico na elaboración de estudios e no desempeño de tareas de asesoramento e diseño de estratexias e políticas para a empresa privada e para o sector público.
Integrar coñecimentos e formular xuizos a partir da información limitada e incompleta para analizar e propoñer solucións a problemas relativos á asignación de recursos en sectores industriais.
Analizalo papel das institucións públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
Analizalas ventaxas e os inconvintes da regulación e das políticas económicas e propoñer alternativas.
Coñecer e comprender a forma de articulalo sistema fiscal na elaboración de estudios sobre a competencia e a estratexia empresarial en sectores industriais.
Conocer como el sistema fiscal influye en la toma de decisiones en los sectores industriales.
Competencias transversais: Organización e planificación. Xestión da información. Análise e síntesis. Resolución de problemas. Toma de decisións. Traballo en equipo. Habilidades nas relacións interpersonais. Sensibilidade aos problemas sociais.
Metodoloxía da ensinanza Traballo na aula: exposicións teóricas combinadas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise crítica de lecturas e problemas.
Traballo do alumno: preparar o traballo na aula e reafirmar e profundizar nos coñecementos adquiridos a través da resolución de exercicios e a elaboración e presentación de traballos. Estes traballos en grupo, que incluen a entrega de resúmenes e presentacións, permiten aos alumnos poñer en práctica os seus coñecementos e as suas habilidades de comunicación e interacción interpersonal.
Sistema de evaluaciónO procedemento para avaliar ao alumno é o de avaliación continua. O alumno obtendra unha calificación final en base ao traballo realizado ao longo do curso: participación en clase, resultados das distintas probas, exposicións, traballos…. A valoración das distintas actividades da avaliación continua concretaráse cada curso na correspondente guía docente.
Excepcionalmente e para aqueles alumnos que non poidan tener unha asistencia habitual (asistan con menos frecuencia) ás clases facilitaráselles un procedemento de interacción co profesor por medios virtuais e a realización dun exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemáis das 24 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá adicar 51 horas de traballo persoal, que inclue o estudio autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións para o estudo da materiaAs clases expositivas teñen como obxecto proporcionar ao alumno unha visión xeral dos temas, os seus conceptos, teorías, métodos e aplicacións fundamentais. Na clase maxistral ponse a énfase na explicación dos aspectos máis relevantes e de difícil comprensión. Estas sesións sirven de base para o estudio individual e de grupo que permitirá ao alumno asimilar a información proporcionada nas aulas e transformarla en coñecemento. A resolución de exercicios, tanto de maneira autónoma como en grupos reducidos, é esencial para o proceso de aprendizaxe.
A materia require que os alumnos manexen en grupos pequenos a lexislación fiscal internacional e nacional e o análise económica para comprender as distintas opcións que lles presenta a fiscalidade no comportamento empresarial e nos mercados. Así, traballaran en grupos pequenos, mentras as clases presenciais en grupos grandes terán por obxecto a explicación da lexislación fiscal e a súa aplicación á analise do comportamento, asi como a aclaración das dubidas que vaian xurdindo no traballo dos grupos. Estas dubidas tamen poderán resolverse nas tutorias pero poñendoas en comun de toda a clase poderán axudar a todolos alumnos
A elaboración e presentación do traballo de curso en grupos tutorizados de 4-5 alumnos, ademáis de contribuir de maneira significativa á adquisición das competencias mencionadas nos párrafos anteriores, desenvolverán outras competencias como: organizar e planificar o traballo colectivo; recoller e manexar datos e información; integrar coñcementos e formular xuizos a partir da información limitada e incompleta, e desenvolver a perspectiva e habilidades interpersonais necesarias para integrarse en grupos de traballo multidisciplinares para o análise solución de problemas.
Finalmente, a través dos exámenes o alumno desenvolve a sua habilidade para analizar e resolver problemas de maneira eficiente e para comunicar seus coñecmentos e conclusións en forma escrita de manera clara e precisa.
ObservaciónsCoñecementos a un nivel básico del sistema fiscal, facenda pública e as teorías do consumidor, da empresa e dos mercados.