Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3161210 - Regulación dos mercados financeiros (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Dereito Mercantil e do Traballo
  • Áreas: Dereito Mercantil
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
fernandez-albor baltar, angel.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - Familiarizar ao alumno coas institucións que regulan os mercados financeiros e co papel que cumpren
    - Introducir ao alumno nos principais mecanismos regulatorios dos mercados financeiros
    - Profundar no estudo e comprensión das crises financeiras e das súas causas
    Contidos
    Mercados financeiros e regulación financeira. Crises financeiras e análises das súas causas. O dilema da regulación financeira: protección do investidor v. eficiencia. Regulación bancaria. O proceso de regulación bancaria (Basilea II). A lei de disciplina e intervención de entidades de crédito e normativa complementaria. Circulares do Banco de España. O concurso de entidades de crédito. Regulación dos mercados de valores. Evolución da regulación dos mercados de valores (a MIFID). Principais instrumentos regulatorios. A Lei do Mercado de Valores. O concurso das empresas de servizos de investimento.

    Competencias
    - Profundización no estudo dos factores que inciden sobre o comportamento agregado da economía nas crises e as expansións económicas, e os mecanismos de transmisión das perturbacións e das políticas económicas dos países.
    - Profundización no estudo dos factores que inciden sobre o comportamento da economía, e o papel das institucións e da política económica nos mesmos.
    - Coñecer e comprender o papel da interrelación sistémica e dinámica entre as decisións e os feitos económicos e o contexto político e institucional no que se desenvolven.
    - Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos na análise dos mercados.
    - Recoller e manexar datos e información relevante de fontes e publicacións especializadas.
    - Elaboración e presentación de informes de maneira oral e escrita e ser capaz de comunicarse con claridade tanto a públicos especializados como non especializados.
    - Articulación da análise teórica e empírica na elaboración de estudos e no desempeño de tarefas de asesoramento e deseño de estratexias e políticas para a empresa privada e para o sector público.
    - Integrar coñecementos e formular xuízos a partir da información limitada e incompleta para analizar e propor solucións a problemas relativos á asignación de recursos.
    - Analizar o papel das institucións públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
    - Analizar as vantaxes e os inconvenientes da regulación e das políticas económicas e propor alternativas.
    - Competencias transversais: Organización e planificación. Xestión da información. Análise e síntese. Resolución de problemas. Toma de decisións. Traballo en equipo. Habilidades nas relacións interpersoais. Sensibilidade aos problemas sociais.
    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo na aula combina a exposición dos bloques temáticos dos que consta a materia con clases interactivas nas que se analizan casos prácticos e casos reais. levarán a cabo diversas actividades para capacitar ao alumno nos diversos aspectos teóricos e prácticos relacionados coa materia.
    O traballo individual do alumno inclúe estudo autónomo, a resolución e discusión de casos prácticos e a elaboración de presentacións.

    Sistema de evaluación
    A avaliación realizarase polo sistema de avaliación continua. Na cualificación final teranse en conta todas as actividades realizadas polos alumnos: asistencia e participación en clase, presentación.