P3161211 - Teoría financeira da empresa (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
- Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaIntrodución ás principais achegas da Teoría Financeira á xestión e dirección da empresa. Tras un tema introdutorio, os temas seguintes tratan de analizar os considerados alicerces básicos da moderna administración financeira da empresa.
ContidosTema 1. Introdución ás finanzas
Tema 2. Valoración de activos financeiros
Tema 3. O Valor Actual Neto e outros criterios de investimento
Tema 4. A estrutura de capital e a decisión de endebedamento
Tema 5. A decisión de dividendos
Tema 6. Evolución histórica das finanzas
Tema 7. A teoría financeira da axencia
Bibliografía básica e complementariaBASICA:
BREALEY, R.; MYERS, S. y MARCUS, A. (2007): Fundamentos de Finanzas Corporativas (5ª edición), McGraw Hill-Interamericana de España
ROSS, S.A.; WESTERFIELD, R.W. y JAFFE, J.F. (2005): Finanzas Corporativas (7ª edición); Irwin McGraw-Hill, Madrid.
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, L. (coord); FERNÁNDEZ LÓPEZ, S. y RODRÍGUEZ SANDIÁS, A. (2007): La práctica de las finanzas de empresa, Delta Publicaciones, Madrid.
COMPLEMENTARIA:
BESLEY, S. y BRIGHAM E.F. (2000): Fundamentos de Administración Financiera (12ª edición); McGraw-Hill.
BLOCK, S.B. y HIRT, G.A. (2005): Administración Financiera, McGraw-Hill.
CALVO, A.; RODRÍGUEZ SÁIZ, L., PAREJO, A. y CUERVO, A. (2002): Manual de Sistema Financiero Español (15ª edición), Ariel.
DIEZ DE CASTRO, L. y LÓPEZ PASCUAL, J. (2007): Dirección Financiera: La Inteligencia Financiera en la Gestión Empresarial, (2ª edición), Prentice Hall.
EMERY, D.R. y FINNERTY, J.D. (2001): Administración Financiera Corporativa, Pearson Educación.
GOMEZ CALVET, A.R. (2006): Teoría de la Financiación II. OPT, estructura de capital y dividendos, Pirámide.
KEOWN, A.J. y otros (1999): Introducción a las finanzas, Prentice Hall.
VAN HORNE, J.C. (1997): Administración Financiera (10ª edición); Prentice-Hall.
WESTON, J. F. y COPELAND, T.E. (1995): Finanzas en Administración (9ª edición); McGraw-Hill.
Competencias- Aplicar os coñecementos de economía xeral e os específicos da materia á identificación, previsión e solución de problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao seu perfil de especialización.
- Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos e da aplicación de métodos estatísticos e econométricos a problemas e situacións.
- Integrar coñecementos e formulación de xuízos a partir da información limitada e incompleta para analizar e propor solucións a problemas económicos.
- Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
- Capacidade para comunicarse cos seus colegas, coa comunidade académica no seu conxunto e coa sociedade en xeral acerca das súas áreas de coñecemento.
- Capacidade para fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance tecnolóxico, social e cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
- Competencias transversais: Análise e síntese. Coñecementos de tecnoloxía da información relativos ao ámbito de estudo. Resolución de problemas. Toma de decisións. Razoamento crítico. Autonomía na aprendizaxe.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía docente combina a docencia teórica nas clases expositivas coa realización doutras actividades de carácter máis práctico nas clases interactivas, nas que o estudante debe participar activamente, realizando actividades talles como comentarios e discusión de textos e artigos, análises e exposición dun caso práctico sobre a temática da materia.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación será continuo e estará formado por tres elementos.
1) Exame teórico-práctico: 50% da nota final (5 puntos).
2) Actividades programadas ao final de cada tema: 35% restante (3,5 puntos)
3) Asistencia a clase: 15% (1,5 puntos)
O sistema de avaliación será o mesmo nas convocatorias de Xuño e Xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalA materia é de 3 créditos ECTS (2 de clases teóricas, 1 de clases seminario) x 25 horas= 75 horas de traballo total. A distribución destas horas é a seguinte:
* 25 horas presenciais: 15 de docencia teórica expositiva, 6 de docencia interactiva, 3 de titorías en grupos reducidos ou individuais e 1 hora para avaliación.
* 50 non presenciais: 25 de estudo autónomo, 15 de preparación de comentarios de artigos ou similares, 5 de lecturas recomendadas e 5 de preparación e exposición oral de traballos.
Recomendacións para o estudo da materiaPara un bo aproveitamento do curso é necesario ter coñecementos previos de Finanzas, microeconomía e contabilidade. Así mesmo, para a parte práctica requírese o manexo de programas informáticos como Excel.