P3161212 - Análise económica dos mercados financeiros II (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia•Entender os fundamentos da valoración de activos financeiros nun contexto intertemporal
•Entender o efecto de variables macroeconómicas, como o consumo, na valoración dos activos financeiros.
•Valorar a volatilidade nos mercados financeiros.
•Entender o efecto que teñen diferentes estruturas de mercado sobre os prezos, profundidade e liquidez dos activos financeiros.
•Entender o efecto que teñen diferentes mecanismos de control nos mercados financeiros sobre o proceso de formación de prezos.
Contidos1.- Equilibrio e valoración de activos
1.1 Factor de desconto estocástico.
1.2 Valoración de produtos derivados
1.3 Valoración de activos con consumo: CCAPM.
1.4 Valoración intertemporal con consumo: ICCAPM.
1.5 Evidencia empírica.
2.- Microestructura de mercados
2.1. Sistema de negociación.
2.2 Microestructura do mercado bolsista español.
2.3. Modelos de negociación secuencial.
2.4 Negociación e información.
2.5. Os mercados de ordes limitadas: liquidez e profundidade.
2.6. Custos de negociación.
2.7 Evidencia empírica para o mercado bolsista español
Bibliografía básica e complementariaoCampbell, John Y., Lo, Adrew L. y McKinlay, A. Craig (1997): The Econometrics of Financial Markets. Princeton University Press.
oHasbrouck, Joel (2007): Empirical market microestructure: the institutions, economics, and econometrics of securities trading. Oxford University Press.
oHull, John C. (2005): Options, Futures and Other Derivatives. 6ª Edición. Pearson, Prentice Hall, New Jersey.
oKnop, Roberto; De Castro, Marcos y Fernández, José Mª (2006): Manual de instrumentos de renta fija. Ariel Economía.
oMarín, José María y Rubio, Gonzalo (2001): Economía Financiera. Antoni Bosch.
CompetenciasValoración de activos financeiros nun contexto intertemporal. Valoración de produtos derivados e estruturados.
Analizar e cuantificar o efecto de variables macroeconómicas, como o consumo, na valoración dos activos financeiros.
Valorar a volatilidade nos mercados financeiros e a súa incidencia na valoración.
Análise do efecto de diferentes estruturas de mercado sobre os prezos, profundidade e liquidez dos activos financeiros.
Amalizar o efecto que teñen diferentes mecanismos de control nos mercados financeiros sobre o proceso de formación de prezos.
Metodoloxía da ensinanza O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise crítica de lecturas e problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula, e a reafirmar e profundar os coñecementos adquiridos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e presentación de traballos, o alumno exercita e desenvolver os seus coñecementos e habilidades. Por medio da realización de traballos en grupo que inclúen a entrega de resumos e presentacións, os alumnos pon en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades de comunicación e interacción interpersoal.
Os exames e o resto das actividades de avaliación forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso.
Os alumnos disporán de guías didácticas específicas sobre os contidos dos temas nas que se lles informará sobre a importancia relativa e interrelación entre os mesmos. Nestas guías proporcionaránselles referencias bibliográficas e unha serie de pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.
Sistema de evaluaciónO procedemento de avaliación terá en conta: a resolución de casos prácticos (r), traballos realizados e expostos en clases (t), probas de comprensión realizadas ao longo do curso (p), exame final escrito (e). A ponderación de cada un destes elementos será 0.30*t+0.20*p+0.50*e. Ademais, aplicarase o criterio de non outorgar ao alumno unha nota inferior á do exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das 24 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 51 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións para o estudo da materiaPara superar a materia con éxito é recomendable:
(a) esforzo e estudo continuado ao longo do curso
(b) resolver e discutir os exercicios prácticos propostos, preferiblemente en grupo
(c) lectura dos articulos e capítulos de libros recomendados
(d) acudir ás tutorias para expor e resolver todas as dúbidas relacionadas coa materia
ObservaciónsPara cursar este módulo requírese que os alumnos teñan uns coñecementos previos de Microeconomía, principalmente da elección con incerteza, e de Econometría e Excel a efectos de poder desenvolver a parte práctica do programa. Ademais é necesario un dominio do inglés mínimo que permita a lectura dalgunhas das referencias bibliográficas.