P3161213 - Valoración de riscos financeiros (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaEntender diferentes medidas de risco como VaR, TailVar, Regreat e Cobertura.
Comprender os métodos de simulación de Montecarlo.
Capacidade para aplicar diferentes modelos de risco de mercado.
Entender diferentes técnicas de recoñecemento de modelos como stress de correlacións, simulación con Cholesky, salvamento de correlacións, compoñentes principais, stress uniparamétrico ou back testing.
Adquirir a capacidade para entender e desenvolver modelos con volatilidades e correlacións para avaliar riscos de tipos de interese.
Capacidade para aplicar diferentes técnicas de risco de crédito como crédit metrics, crédit risk+ ou crédit portfolio view.
Desenvolvemento e aplicación de modelos para a frecuencia, severidade e correlación de riscos operacionales.
Contidos1. Risco: medición e xestión
2. Risco de mercado
3. Risco de tipo de interese
4. Risco de crédito
5. Risco operacional.
Bibliografía básica e complementariaBásica:
Jorion, P. (2007). Value at Risk: The New Benchmark for Managing Financial Risk. 3rd Ed. McGraw Hill.
Mc Neil, A.J., Embrechts, P. and Rüdiger, F. (2005). Quantitative risk
management:concepts, techniques and tools. Princeton University Press.
Complementaria:
Brigo, D., Mercurio, F. (2001) Interest Rate Models, Theory and Practice,
Springer, New York.
Chorafas, D. N. (1997). The market risk amendment understanding the
marking-to-model and value-at-risk. McGraw-Hill, New York .
Crouhy, M., Galai, D. and Mark, R. (2006). The essentials of risk man-
agement. McGraw-Hill, New York .
Gatarek, D. (2006) The LIBOR Market Model in Practice John Wiley and
Sons, New York.
Glasserman, P. (2004). Monte Carlo methods in Financial engineering.
Springer, New York.
Hull, J. ( 2005). Options, futures, and other derivatives. Pearson, Prentice
Hall, New Jersey.
Jamshidian, F. Libor and swap market models and measures. Finance and
Stochastics, 1:293-330, 1997. 2
Los, C. A. (2003). Financial market risk measurement and analysis. Rout-
ledge, Londres.
Philippe Artzner, P. , Delbaen, F., Eber, J. M. and Heath, D. (1998),
Coherent measures of risk. Working paper.
RiskMetrics. (1995), Technical Document, Morgan Guarantee Trust Com-
pany, Global Research, New York.
Sarma, M.S., Thomas, S., Shah, A. (2003). Selection of Value-at-Risk models. Journal of Forecasting, 22, 337-358.
CompetenciasAnálises cuantiativo de riscos utlizando medidas como VaR, TailVar, Regreat e Cobertura.
Utilización dos métodos de simulación de Montecarlo.
Análise de risco de mercado.
Uso de técnicas como stress de correlacións, simulación con Cholesky, salvamento de correlacións, compoñentes principais, stress uniparamétrico ou back testing.
Modelización de volatilidades e correlacións para avaliar riscos de tipos de interese.
Utilización de técnicas de risco de crédito como crédit metrics, crédit risk+ ou crédit portfolio view.
Valoración de risco operacional co uso de modelos para a frecuencia, severidade e correlación de riscos operacionales.
Metodoloxía da ensinanza O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas e seminarios para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise crítica de lecturas e problemas.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula, e a reafirmar e profundar os coñecementos adquiridos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e presentación de traballos, o alumno exercita e desenvolver os seus coñecementos e habilidades. Por medio da realización de traballos en grupo que inclúen a entrega de resumos e presentacións, os alumnos pon en práctica os seus coñecementos e as súas habilidades de comunicación e interacción interpersoal.
Os exames e o resto das actividades de avaliación forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñadas a avaliar as competencias xerais, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso.
Os alumnos disporán de guías didácticas específicas sobre os contidos dos temas nas que se lles informará sobre a importancia relativa e interrelación entre os mesmos. Nestas guías proporcionaránselles referencias bibliográficas e unha serie de pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o seu traballo individual e en grupo.
Sistema de evaluaciónO procedemento de avaliación terá en conta: a resolución de casos prácticos (r), traballos realizados e expostos en clases (t), probas de comprensión realizadas ao longo do curso (p), exame final escrito (e). A ponderación de cada un destes elementos será 0.30*t+0.20*p+0.50*e. Ademais, aplicarase o criterio de non outorgar ao alumno unha nota inferior á do exame final.
Tempo de estudo e traballo persoalAdemais das 24 horas de traballo presencial na aula, o alumno deberá dedicar 51 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), a análise de casos, lecturas ou realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións para o estudo da materiaPara superar a materia con éxito é recomendable:
(a) esforzo e estudo continuado ao longo do curso
(b) resolver e discutir os exercicios prácticos propostos, preferiblemente en grupo
(c) lectura dos articulos e capítulos de libros recomendados
(d) acudir ás tutorias para expor e resolver todas as dúbidas relacionadas coa materia
ObservaciónsPara cursar este módulo requírese que os alumnos teñan uns coñecementos previos de Microeconomía, principalmente da elección con incerteza, e de Econometría e Excel a efectos de poder desenvolver a parte práctica do programa. Ademais é necesario un dominio do inglés mínimo que permita a lectura dalgunhas das referencias bibliográficas.