P3161215 - Política e institucións económicas (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada
- Áreas: Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia• Coñecer o funcionamento das institucións responsables da política monetaria e fiscal en España e na Unión Europea, os seus obxectivos e instrumentos.
• Coñecer e comprender os conflitos entre a política monetaria e fiscal e os problemas da estabilización económica.
• Realizar unha análise económica dos mecanismos de elección colectiva.
• Aplicar os modelos económicos ao análise da política económica.
• Coñecer a realidade da política económica actual.
ContidosPolítica monetaria e política fiscal: institucións, obxectivos e instrumentos. Conflitos entre as políticas monetaria e fiscal. Estabilización de prezos: reputación e sinalización do banco central. Decisión colectiva e elección das institucións. Teoría da elección política. Votación, ciclos políticos e política económica. Política económica e institucións en España e na Unión Europea.
Bibliografía básica e complementariaCALVO, A.; PAREJO, J. A.; RODRÍGUEZ, L. y CUERVO, A. (2010): Manual de sistema financiero español, Ariel Economía, Barcelona, 22ª edición actualizada
CUADRADO ROURA, J.R. (dir.) (2010): Política económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, McGraw Hill, Madrid.
ERIAS REY, A. y SÁNCHEZ SANTOS, J.M. (1998): Política monetaria y política fiscal, Ed. Pirámide, Madrid.
FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; RODRÍGUEZ SÁIZ, L.; PAREJO GÁMIR, J.A.; CALVO BERNARDINO, A.; y GALINDO MARTÍN, M.A. (2003): Política monetaria I. Fundamentos y estrategias, Ed. Thomson-AC Paraninfo, Madrid.
FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; RODRÍGUEZ SÁIZ, L.; PAREJO GÁMIR, J.A.; CALVO BERNARDINO, A.; y GALINDO MARTÍN, M.A. (2005): Política monetaria II. Enfoques alternativos, Ed. Paraninfo, Madrid.
FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; PAREJO GÁMIR, J.A.; y RODRÍGUEZ SÁIZ, L. (2005): Política Económica, McGraw Hill, Madrid, 4ª edición.
Boletíns do Banco de España e Boletíns mensuais do BCE.
Na Guía Docente ampliada incluirase unha bibliografía máis detallada e aportarase bibliografía complementaria.
Competencias• Coñecer e comprender o xeito de artellar a análise teórica e empírica na elaboración de estudos económicos.
• Afondar no estudo dos factores que inciden sobre a estabilidade macroeconómica e o papel das institucións e da política económica nos mesmos.
• Coñecer o papel da interrelación sistémica e dinámica entre as decisións e os feitos económicos e o contexto político e institucional no que se desenvolven.
• Recoller e manexar datos e información relevante de publicacións especializadas.
• Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos.
• Comunicar con claridade e fluidez os seus coñecementos e conclusións e as bases dos mesmos a públicos especializados e non especializados de maneira verbal e escrita, e facendo uso dos medios e técnicas de transmisión e representación de ideas que se empregan na economía.
* Razoamento crítico e sensibilidade cara os problemas sociais.
* Autonomía no aprendizaxe.
Metodoloxía da ensinanza O proceso de aprendizaxe proposto na materia require tanto do traballo na aula como do traballo persoal do alumno.
No traballo na aula combinaranse as clases expositivas cas interactivas, titorías e exames.
As clases expositivas teñen como obxecto proporcionar ao alumno unha visión xeral dos temas, os seus conceptos, teorías, métodos e aplicacións fundamentais. Na clase maxistral ponse o énfase na explicación dos aspectos máis relevantes e de difícil comprensión. As sesións expositivas serven de base para o estudo individual e de grupo que permitirá ao alumno asimilar a información proporcionada nas aulas e transformala en coñecemento.
Nas clases interactivas se reforzan e amplían os coñecementos clave, transmitidos nas aulas expositivas, a través de diferentes actividades que implican o traballo coordinado, a transmisión de coñecementos e a interacción non só entre alumno-profesor senón tamén entre alumnos: elaboración e presentación de traballos, análise de casos e análise crítico de artigos.
As titorías permiten ao profesor coñecer a marcha do proceso de aprendizaxe do alumno e guialo en aspectos con dificultade.
Os exames forman parte do proceso de aprendizaxe e están encamiñados a avaliar as competencias xenéricas, específicas e transversais que o alumno adquire durante o curso. A través dos exames, o alumno desenvolve a súa habilidade para analizar e resolver problemas de xeito eficiente e para comunicar os seus coñecementos e conclusións en forma escrita e de modo claro e preciso.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar as actividades de curso e a reafirmar e afondar nos coñecementos adquiridos. O traballo individual inclúe: estudo autónomo, lecturas recomendadas, realización de exercicios e preparación de traballos.
Os alumnos disporán dunha Guía Docente ampliada con información polo miúdo sobre contidos, actividades de curso, metodoloxía da ensinanza e criterios de avaliación. Ademais, incluirá referencias bibliográficas e pautas relacionadas cos contidos dos temas que servirán de apoio e orientación para o traballo individual.
A materia contará tamén cun Aula Virtual, a través da cal ofrecerase o material necesario para guiar ao alumno na aprendizaxe.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia combina o examen escrito e unha avaliación continua dos exercicios e traballos, presentacións e intervencións en seminarios ao longo do curso.
Os exames están centrados fundamentalmente na valoración dos coñecementos adquiridos. O traballo de curso está encamiñado principalmente a avaliar a capacidade para aplicar os coñecementos na elaboración de estudios que combinan o análise teórico e o traballo empírico, a capacidade para emitir xuizos e propoñer solucións e a capacidade expositiva tanto oral como escrita. Na avaliación continua teranse en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso.
No proceso de avaliación consideraranse, ademais do dominio da materia, outros aspectos tales como a capacidade de análise e de síntese, a claridade e capacidade expositiva, a participación e contribución ao bo desenvolvemento das actividades do curso e o resto das competencias mencionadas nos apartados anteriores.
A avaliación final do curso otorga un peso do 55% aos exames escritos, un 20% ao traballo de curso, e un 25% ás actividades da avaliación continua. Na Guía Docente ampliada describirase polo miúdo o proceso e os criterios de avaliación.
Tempo de estudo e traballo persoalO alumno, ademais das 23 horas de clases presenciais, deberá dedicar 52 horas ao traballo persoal, que incluirá o estudo autónomo individual ou en grupo, análise de casos e lecturas, realización de exercicios e traballos, e a preparación de presentacións orais.
Recomendacións para o estudo da materiaPara o adecuado seguimento da materia, requírese a asistencia regular as clases presenciais así como o emprego da Guía Docente ampliada e dos recursos que se poñan a disposición dos alumnos na Aula Virtual.