P3131215 - Desenvolvemento Rural (Módulo III: Optativas Especialidade Desenvolvemento Económico Rexional e Local) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Aplicada, Economía Aplicada
- Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria, Economía Aplicada
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Proporcionar uns coñecementos básicos sobre o contido e sucesivas reformas da Política Agraria Común da Unión Europea, dentro dunha análise comparada das políticas agrarias aplicadas nos países da OCDE.
-Examinar a evolución e contido actual da política de desenvolvemento rural da Unión Europea.
-Familiarizar ao alumnado cos novos modelos e políticas de desenvolvemento rural, cunha atención especial á cuestión da diversificación de actividades nas áreas rurais.
ContidosTEMA I. POLÍTICAS AGRARIAS NOS PAÍSES CAPITALISTAS DESENVOLVIDOS. O CONTIDO E SUCESIVAS REFORMAS DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN DA UNIÓN EUROPEA
1. Notas introductorias
2. A PAC clásica
3. O proteccionismo agrario da UE; análise comparada cos restantes países da OCDE
4. A crise da PAC clásica e as reformas efectuadas nos decenios de 1980 e 1990
5. Liberalización dos mercados e “desacoplamento” das axudas directas: a “reforma intermedia” da PAC (2003) e o “Chequeo Médico” (2008)
TEMA II. A EVOLUCIÓN DA POLÍTICA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DA UNIÓN EUROPEA; PRINCIPAIS ETAPAS
1. Notas introductorias
2. O nacemento da política socioestrutural agraria comunitaria e a súa evolución até 1984
3. As reformas efectuadas entre 1985 e 1992: da modernización das estruturas agrarias ao desenvolvemento rural
4. A política de desenvolvemento rural da UE no período 1994-1999: esquema de actuación e principais programas
5. A reforma aprobada no contexto da Axenda 2000; a política de desenvolvemento rural no período 2000-2006
TEMA III. O CONTIDO DA POLÍTICA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DA UE NO PERÍODO 2007-2013; O PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALIZA
1. A política de desenvolvemento rural da UE no período 2007-2013
2. O Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013
TEMA IV. O DEBATE ACTUAL SOBRE O FUTURO DA PAC; CONTIDO DA NOVA REFORMA APROBADA PARA O PERÍODO 2014-2020
1. As reformas nas políticas de mercados e axudas directas
2. As novidades na política de desenvolvemento rural
TEMA V. OS PROGRAMAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL CUN ENFOQUE TERRITORIAL E ASCENDENTE: O PROGRAMA LEADER
Bibliografía básica e complementariaArnalte, E. et al. (1998): El desarrollo rural: políticas aplicadas situación actual del debate y perspectivas del futuro a nivel europeo. Working Document, AGRI-106, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo.
Bureau, D.; Mahé, L. (2008): CAP Reform Beyond 2013: An Idea for a Longer View, Notre Europe, Studies & Research, nº 64, abril. http://www.notre-europe.eu.
Chatellier, V.; Mauguin, P. (2008), “Du bilan de santé à la refondation de la PAC”, Terra Nova, Dossier Europe (7/8). http://tnova.fr/index.php?option=com_content&view=article&id=549.
Consellaría do Medio Rural (2007): Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013. http://mediorural.xunta.es/areas/desenvolvemento_rural/pdr_2007_2013
European Union DG AGRI (2009): Rural Development in the European Union. Statistical and Economic Information. Report 2009.
http://ec.europa.eu/agriculture/agrista/rurdev2009/index_en.htm
Houée, P. (1996): Les politiques de développement rural. INRA. París.
López Iglesias, E. (2003): “Las estructuras agrarias en España: análisis de sus transformaciones en la década de los noventa”. Papeles de Economía Española, nº 96, pp. 20-37.
López Iglesias, E.; Pérez Fra, M. (2004): “Axuste agrario e despoboamento rural”. Grial, nº 162, pp. 36- 43.
Massot, A. (2008): “La PAC tras el Health Check”, Papeles de Economía Española, nº 117, pp. 210-226.
Massot, A. (2009): España ante la refundación del la Política Agrícola Común de 2013, Real Instituto Elcano. Documento de Trabajo 35/2009. www.realinstitutoelcano.org.
OCDE (2009): Agricultural Policies in OECD Countries: Monitoring and Evaluation 2009, OCDE, París. http://www.oecd.org/dataoecd/37/16/43239979.pdf
Oliveira Baptista, F. (2001): Agriculturas e territórios, Celta Editores, Oeiras.
Pérez Fra, M. (2004): “A Iniciativa Comunitária LEADER no marco teórico da Política Agrária”, Revista Galega de Economía, Volume 13, pp. 175-198.
Pérez Fra, M.; López Iglesias, E. (2007): “Evolución das medidas socio-estruturais agrarias: a progresiva configuración da política de desenvolvemento rural.” Recursos Rurais, Vol. 7, pp. 1-7.
Ramos, E.; Gallardo, R. (2009): El futuro de la PAC tras 2013: la reforma de la Política de Desarrollo Rural, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo. http://www.europarl.europa.eu/activities/committees/studies/download.do?language=en&file=28851
Sumpsi, J.M. (2002): ”La política agraria y rural de la Union Europea”. En Sumpsi, J.M. e Pérez Correa, E. (coord.): Políticas, instrumentos y experiencias de desarrollo rural en América Latina y Europa, pp. 122-146 . Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Madrid.
CompetenciasCompetencias xerais
-Adquisición de habilidades para a busca, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
-Aprender a utilizar a información relevante para a elaboración de análises, informes e programas de actuación.
-Habituarse a traballar de forma autónoma e con iniciativa.
-Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. Ser capaz de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis adecuadas.
-Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos sociais e ambientais.
Competencias específicas
-Coñecementos básicos sobre as políticas agrarias e as políticas públicas de desenvolvemento rural.
-Organizar e planificar a xestión dun problema, instalación ou servizo no medio rural.
-Definir e implementar programas de desenvolvemento rural en institucións/ entidades dedicadas a este fin.
Metodoloxía da ensinanza O curso desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas.
Nas clases expositivas explicaranse os principais contidos teóricos da materia co apoio de presentacións en power point. Nestas sesións tamén se proporcionará aos alumnos/as información complementaria (sobre a bibliografía recomendada e páxinas web de interese) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónomo.
As sesións interactivas estarán dedicadas a profundizar nos conceptos vistos nas clases teóricas. Tendo para isto como base unha posta en común e un debate colectivo a partir de dous tipos de materiais: datos estatísticos e textos.
Un soporte esencial estará constituído pola Aula Virtual construída para o curso, na que os/as alumnos/as encontrarán: o programa detallado do curso; presentacións en power point para cada unha das clases de docencia expositiva; os textos de lectura obrigatoria e outros materiais de apoio para as sesións de docencia interactiva.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Realización dunha proba final escrita, dirixida a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia, así como a súa capacidade para relacionar os diferentes conceptos e coñecementos parciais que debeu adquirir.
Peso na calificación final: 50%.
b. Asistencia e participación activa nas clases, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente, notas de lectura (análises e comentarios) sobre os textos indicados polo profesor (disponíbeis na Aula Virtual), realización doutras actividades que poda organizar o profesor.
Peso na calificación final: 50%.
Tempo de estudo e traballo persoalTendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 75 horas de traballo, repartidas como sigue:
Traballo presencial na aula
Docencia expositiva 9
Docencia interactiva 12
Tutorías 3
Actividades de avaliación 1
Total horas traballo presencial 25
Traballo persoal do/a alumno/a
Estudo individual 20
Lecturas recomendadas, redacción de
notas de lectura e outros exercicios 30
Total horas traballo persoal 50
Recomendacións para o estudo da materiaAsistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso.