Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3032102 - Comercio Internacional (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia e Institucións Económicas, Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Historia e Institucións Económicas, Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ESPIDO BELLO, MARIA DEL CARMEN.NON
TRELLES GONZALEZ, RAFAEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral da materia é proporcionar aos alumnos os instrumentos teóricos e empíricos que lles permitan coñecer e interpretar a evolución do comercio internacional, os seus efectos sobre os sectores produtivos dos distintos países, sobre o crecemento económico e o benestar.

    Neste senso, combinando as análises teóricas coas experiencias observables a partir da realidade histórica da evolución do comercio, inténtase dotar aos alumnos dos coñecementos e ferramentas necesarias para comprender os factores económicos, tecnolóxicos, políticos e sociais que modelaron o comercio exterior e determinaron as distintas etapas de avance e/o retroceso dos niveis de apertura externa e integración comercial.

    De forma máis concreta, trátase de conseguir que os alumnos:
    • Coñezan as principais teorías do comercio internacional e os diferentes contextos nos que cada unha delas se desenvolveu.
    • Coñezan as principais etapas na evolución do comercio internacional e os factores e causas (económicas, sociais, políticas, de innovación...) que o impulsaron nas fases de crecemento e o limitaron nas súas fases de retroceso.
    • Sexan capaces de explicar as características e aspectos máis destacados de cada etapa histórica e saiban cales foron os produtos e áreas xeográficas que adquiriron máis relevancia e participación no comercio en cada período concreto.
    • Saiban determinar e explicar razoadamente as consecuencias das distintas políticas comerciais e do proceso de internacionalización para os distintos países e axentes participantes no proceso.

    Contidos
    Bloque 1: Teoría do comercio internacional

    o O modelo ricardiano e as súas extensións.
    o O modelo Heckscher-Ohlin-Samuelson.
    o As novas teorías do comercio internacional: economías de escala, competencia imperfecta, rendementos crecentes e diferenciación de produtos.

    Bloque 2: Historia do Comercio internacional (séculos XIX e XX)

    o O boom do comercio 1870-1914.
    o Oscilacións e contraccións do comercio exterior (1914-1950).
    o Reconstrución e expansión dos intercambios (1950-1973)
    o Da crise á segunda globalización. A nova xeografía do comercio exterior. Bloques comerciais e procesos de integración económica.

    Bloque 3: Políticas comerciais

    o Análise teórica dos principais instrumentos de política comercial e os seus efectos.
    o O debate político sobre o tema e os cambios nos argumentos ao longo do tempo.
    o A concreción práctica. Políticas comerciais aplicadas en distintos países e épocas.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

    Findlay, R. e O'Rourke, K. H. (2007), Power and Plenty. Trade, War, and the World Economy in the Second Millennium. Oxfordshire (Uk): Princeton Univeristy Press.

    Foreman-Peck, J. (1995): Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas internacionales desde 1850. Madrid: Prentice Hall. (Capítulos 1, 3, 6, 10, 12-13 e 15)

    Jones, G. (1998): The Multinational Traders. London: Routledge.

    Kenwood, A. G. e Lougheed, A. L., GRAFF, M. (2012): The growth of the international economy, 1820-2012. London: Routledge. (Capítulos 1, 4-6, 9, 13-14, 19-21)

    Krugman, P. e Obstfeld, M. (2006): Economía internacional. Teoría y política. (7ª ed.), Madrid: Addison Wesley.

    Materiais elaborados polos profesores da materia, que serán entregados ao longo do curso.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

    Alonso, J. A. e Garcimartín, C. (eds.) (2005): Comercio y desigualdad internacional. Madrid: Instituto Complutense de Estudios Internacionales-Catarata.

    Anderson, K. e Blackhurst, R. (eds.) (1993): Regional Integration and Global Trading System. London: Harvester-Wheatsheaf.

    Bajo, O. (1991), Teorías del comercio internacional. Barcelona, Duton-Bosch editor.

    Bhagwati, J. (1992): “Regionalism versus Multilateralism”, The World Economy, nº 15, pp. 535-555.

    Bordon, M.; B. Eichengreen e Irwin, D. (1999): “Is Globalization Today Really Different than Globalization a Hundred Years Ago?”, NBER, Working Paper 7195.

    Calvo Hornero, A. (2000): Integración económica y regionalismo. Principales acuerdos regionales. Madrid: CERA.

    Carbaugh, R. (2009): Economía Internacional. (12ª ed.), México, Cengage Learning Editors.

    Cárdenas, E.; Ocampo, J. A.; Thorp, R. (eds.) (2000): “The export age: the Latin American economies in the late nineteenth and early twentieth centuries”, An Economic history of twentieth-century Latin America, vol. I. Houndmills: MacMillan.

    CEPAL (2002): Panorama de la inserción internacional de América Latina y el Caribe. División de Comercio Internacional e Integración, México: CEPAL.

    Chacholiades, M. (1992): Economía internacional. (2ª ed.), Madrid: McGraw-Hill.

    Díaz Alejandro, C. (1988): Trade, development and the world economy. Oxford: Basil Blackwell.

    Feenstra, Robert C. (1998): “Integration of Trade and Disintegration of Production in the Global Economy”, The Journal of Economic Perspectives, Vol. 12, No. 4, pp. 31-50.

    Foreman-Peck, J. (ed.) (1998): Historical Foundations of Globalization. Cheltenham: Edward Elgar.

    Frieden, Jeffrey A. (2007): Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona: Crítica.

    Fujita, M.; Krugman, P. e Venables, A. J. (2000): Economía espacial. Las ciudades, las regiones y el comercio internacional. Barcelona: Ariel.

    Galindo, M. A. (1995): Los bloques económicos. Una guía básica para la economía mundial. Madrid: ESIC Editorial.

    Green, A. e Urquhart, M. (1976): “Factor and commodity flows in the international economy of 1870-1914”, Journal of Economic History, nº 36, pp. 217-252.

    Grien, R. (1994): La integración económica como alternativa inédita para América Latina. México: Fondo de Cultura Económica.

    Groizard, J. L. (coord.) (2006): El comercio internacional y los países en desarrollo. Madrid: Entinema.

    Guillermo Arnau, V. (1996): Mercosur, Unión Europea, Nafta y los procesos de integración regional. Buenos Aires: Abeledo-Perrot.

    Helleiner, G. K. (1975): Comercio internacional y desarrollo económico. Madrid: Alianza Universidad.

    Harley, C. K. (ed.) (1996): The Integration of the World Economy, 1850-1914. Cheltenham: Edward Elgar. 2 vols.

    Irwin, Douglas A. (1993): "Multilateral and Bilateral Trade Liberalization in the World Trading System: An Historical Perspective," en De Melo, J.; Panagariya, A. (eds.), New dimensions in regional integration, pp. 90-119. Cambridge: Cambridge University Press.

    Jones, Ch. A. (1987): International Business in the Nineteenth Century. The Rise and Fall of a Cosmopolitan Bourgeoisie. Sussex (Great Britain): Wheatsheaf Books.

    Jovanovic, M. (1992): International Economic Integration. London: Routledge.

    Krugman, P. (1992): Geografía y comercio. Barcelona: Antoni Bosch editor.

    Lawrence, R. L. (1996): Regionalism, Multilateralism and Deeper Integration. Washington: The Brookings Institution.

    Mitchell, B. R. (1992-1999): International Historical Statistics. 1750-1993. Basingstoke: MacMillan. (Varios vols.).

    O’Rourke, K. H. e Williamson, J. G. (1999): Globalization and History: The Evolution of Nineteenth Century Atlantic Economy. Cambridge: MIT Press.

    OCDE (2001): The Development Dimensions of Trade. París: OCDE.

    Ohmae, K. (1995): The End of the Nation State. The Rise of Regional Economies. New York: The Free Press.

    OMC (1995): El regionalismo y el sistema mundial de comercio. Ginebra: OMC

    Palazuelos, E. e Vara, M. J. (coords.) (2002): Grandes áreas de la economía mundial. Barcelona: Ariel.

    Plaza Cerezo, S. (1997): Los bloques comerciales en la economía mundial. Madrid: Síntesis.

    Pollard, S. (1997): The International Economy since 1945. London: Routledge.

    Rodrik, D. (2012): La paradoja de la globalización. Democracia y futuro de la economía mundial. Barcelona: Antoni Bosch.

    Salazar-Xirinachs, J. M. e Robert, M. (eds.) (2001): Hacia el libre comercio en las Américas. Brookings Institution Press.

    Salvatore, D. (2005): Economía internacional. (4ª ed.), Madrid: McGraw-Hill.

    Sassen, S. (1991): The Global City: New York, London, Tokio. Princenton: Princeton University Press.

    Teichova, A.; Lévy-Leboyer, M. e Nussbaum, H. (comps.) (1990): Empresas multinacionales, finanzas, mercados y gobiernos en el siglo XX. Madrid: Min. de Trabajo.

    Thomas, M. (ed.) (1996): The Desintegration of the World Economy between the World Wars. Cheltenham: Edward Elgar, 2 vols.

    Thorp, R. (1998): Progreso, pobreza y exclusión. Una historia económica de América Latina en el siglo XX. Washington, D.C.: Banco Interamericano de desarrollo.

    Torres Gaytán, R. (2005): Teoría del comercio internacional. (25ª ed.), México: Siglo XXI.

    Tugores, J. (2002): Economía internacional e integración económica. Madrid: McGraw Hill.

    Williamson, J. G. (1996): “Globalization and Inequality Then and Now: The Late 19th and Late 20th Centuries Compared”, NBER Working Paper nº 5491, Cambridge.

    Williamson, J. G. (2012): Comercio y pobreza. Cuándo y cómo comenzó el atraso del Tercer Mundo. Barcelona: Crítica.

    Competencias
    Competencias relacionadas cos contidos da materia:

    Os alumnos que seguiran a materia nas súas horas presenciais e lle dedicaran o tempo recomendado de traballo autónomo:

    A. Coñecerán as principais teorías do comercio internacional.
    B. Saberán cales foron as principais etapas na evolución do comercio internacional.
    C. Estarán en condicións de explicar as características e aspectos máis destacados de cada etapa histórica e de indicar cales son os elementos en común entre unhas etapas e outras e cales as diferenzas máis destacadas.
    D. Coñecerán a composición do comercio exterior e a súa distribución xeográfica en cada etapa e os cambios que se foron producindo.
    E. Serán capaces de explicar e interpretar contextualizadamente os factores que impulsaron o comercio internacional nuns períodos e o fixeron retroceder en outros.
    F. Saberán determinar e explicar razoadamente as consecuencias que para os distintos países do mundo tiveron a apertura comercial, a internacionalización e os procesos de integración rexional.

    Competencias relacionadas co dominio de certas ferramentas de aprendizaxe

    Co desenvolvemento desta materia os alumnos:
    A. Adquirirán ferramentas para comprender e analizar a evolución do comercio internacional.
    B.Aprenderán a manexar series a longo prazo e bases de datos, facendo uso de programas informáticos adecuados, de técnicas estatísticas e de bibliografía internacional.
    C. Iniciaranse na elaboración de traballos de investigación orixinais.

    Competencias xerais do master ás que contribúe a materia:

    G1. Capacidade da análise, organización e planificación.
    G2. Aptitude para traballar en equipos interdisciplinares.
    G3. Capacidade para procurar, seleccionar e utilizar información relevante para a elaboración de informes, propostas de programas e liñas de actuación nas institucións ás que se incorporen.
    G4. Amplos coñecementos sobre a teoría, o desenvolvemento histórico e a xestión práctica actual das relacións económicas internacionais; así como da organización e o funcionamento dos organismos internacionais de cooperación económica e de integración rexional.
    G8. Adquisición de ferramentas metodolóxicas e habilidades para a investigación.

    Competencias específicas do máster ás que contribúe esta materia:

    E3. Asesorar a empresas e institucións en temas de comercio internacional, mercados e investimento exterior (prestando atención a temas financeiros, tipos de cambio, seguros,…)
    E4. Deseñar estratexias que favorezan a adaptación das empresas e institucións, de forma que poidan aproveitar as oportunidades que ofrece a internacionalización.
    E10. Ser capaz de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis axeitadas para cada tema de estudo.
    E11. Contar con habilidades para a procura, a selección, a valoración crítica e o uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
    E12. Mellorar a capacidade de traballo, o rigor e a disciplina.
    E13. Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e a elaboración de documentos de traballo, comunicacións e ponencias, artigos.
    E14. Mellorar as habilidades comunicativas.

    Metodoloxía da ensinanza
    Esta materia consta de 4 horas de clase semanais repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. As 4 primeiras sesións serán de teoría e basearanse fundamentalmente en leccións expositivas dos profesores. A partir da quinta sesión iranse intercalando as clases teóricas expositivas con clases prácticas. As prácticas consistirán na resolución de exercicios, análises de series estatísticas, debates na aula sobre lecturas previamente preparadas, exposición de casos de estudo, etcétera.

    As prácticas constitúen un complemento indispensable para completar contidos impartidos nas clases teóricas e para a súa adecuada asimilación. Polo tanto, deben ser consideradas polos alumnos en igualdade de importancia e formando parte dun todo común. A participación activa dos alumnos resulta absolutamente imprescindible para o adecuado desenvolvemento das clases prácticas. Por iso, estimamos que, como mínimo, dous terzos das horas de traballo autónomo do alumno deben ser dedicados a preparación das actividades encomendadas para as clases prácticas.

    Sistema de evaluación
    Para avaliar o rendemento académico do alumno contémplanse dúas situacións:

    CASO A: ALUMNOS QUE ASISTAN REGULARMENTE ÁS CLASES

    Para acollerse a este sistema de avaliación, será necesario asistir, como mínimo, ao 80% das clases presenciais e titorías obrigatorias do curso. Neste caso, a cualificación final englobará os resultados obtidos en cada unha das partes que se indican a continuación:

    - As prácticas e o traballo de curso representarán o 50% da nota final.
    - Un exame final sobre o programa impartido da materia, que suporá o 50% da nota final.

    CASO B: ALUMNOS QUE NON ASISTAN REGULARMENTE ÁS CLASES

    Para aqueles alumnos que por razóns de traballo ou por outros motivos persoais non poidan asistir a ese 80% das clases presenciais e seguir normalmente o curso, ofrécese a posibilidade de facer un exame final de 3 horas de duración, na data oficial establecida polo centro. Ese exame final constará de 5 preguntas sobre os contidos dos manuais básicos establecidos na bibliografía.

    A este sistema poderán acollerse tamén, se o desexan, aqueles alumnos que asistiron ao 80% de las actividades presenciais pero non superaron a materia mediante o sistema de avaliación continua.

    As condicións de avaliación son exactamente as mesmas nas distintas oportunidades de exame (xaneiro e xullo), tanto na modalidade A como na B.

    Así mesmo, unha vez finalizado o curso académico, os alumnos que non superen a materia terán que acollerse ás normas que se establezan na programación do curso seguinte. Por tanto, non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta materia consta de 6 créditos ECTS. Como cada crédito equivale a 25 horas de traballo do estudante, a carga total para o alumno é de 150 horas. Esas horas repártense como se indica a continuación:

    Horas presenciais 48:

    • 42 horas de clases expositivas e interactivas. O reparto entre clases teóricas ou expositivas e prácticas ou interactivas é de 18 e 24 respectivamente, e os contidos do programa están pensados con ese reparto.
    • 6 horas de titorías individualizadas para o seguimento do traballo do alumno e a resolución de dúbidas sobre as actividades propostas.

    Horas non presenciais, aproximadamente 102:

    • Estímanse aproximadamente 7 horas semanais, durante o cuadrimestre no que se imparte, para o estudo e a preparación dos estudos de caso que se propoñan.

    Recomendacións para o estudo da materia
    A asistencia regular ás clases, a lectura da bibliografía e a preparación dos casos que se vaian indicando ao longo do curso constitúen os elementos fundamentais para o seguimento progresivo e o bo aproveitamento da materia.