P3032103 - Economía Monetaria e Financeira Internacional (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Historia e Institucións Económicas, Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Historia e Institucións Económicas, Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral da materia é proporcionar aos alumnos as bases teóricas e o coñecemento directo
da experiencia histórica necesarias para abordar os procesos de integración económica. Nos devanditos procesos un dos propósitos fundamentais é reducir o risco de que os desequilibrios nas Balanzas de Pagamentos limiten severamente o crecemento económico.
As decisións políticas sobre o sistema de tipos de cambio e sobre a mobilidade dos capitais xogan niso un papel transcendental, que será tratado nesta materia dende dúas perspectivas complementarias: a teórica e a histórica.
ContidosTema 1: Réximes cambiario e axuste das Balanzas de Pagamentos: a experiencia histórica.
-- O 'Gold Standard' clásico, 1870-1914. Políticas de axuste no centro e na periferia.
-- Guerras, crise económica e proteccionismo. Os desequilibrios exteriores no período 1914-1945.
Tema 2: Da orde de Bretton Woods á globalización financeira e comercial (1950-2010).
-- O sistema de Bretton Woods: tipos de cambio, movementos de capital e balanzas de pagamentos na Idade Dourada.
-- Da crise á globalización. Shocks externos e experiencias de políticas monetarias e financeiras.
Tema 3: A perspectiva teórica. O déficit exterior e a necesidade de impoñer un límite sobre este.
-- O horizonte temporal. As restricións estáticas e dinámicas.
-- O contexto analítico e o institucional.
Tema 4: Modelos con restricións externas.
-- Os Modelos de Crecemento con Restricións de Balanza de Pagamentos.
-- O Enfoque Intertemporal da Balanza de Pagamentos.
Bibliografía básica e complementariaBÁSICA:
• Azariadis, C. (1993), Intertemporal Macroeconomics, Oxford: Blackwell.
• Eichengreen, B. (2000), La globalización. Historia del sistema monetario internaciona, Barcelona: Antoni Bosch.
• Krugman, P.; Obstfeld, M. (2006), Economía Internacional. Teoría y Política, Madrid: McGraw-Hill.
• McCombie, J.S.L.; Thirlwall, A.P. (1994), Economic Growth and the Balance of Payments Constraint, New York: St. Martin´s Press.
•Moreno-Brid, J.C. (1998-99), “On capital flows and the balance-of-payments-constrained growth model.1998”, Journal of Postkeynesian Economics, Vol. 21, nº 2, págs. 283-297.
COMPLEMENTARIA:
• Carreras, A.; Tafunell, X. (2003), Historia Económica de la España Contemporánea, Barcelona, Crítica.
• Frieden, Jeffrey A. (2007), Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX, Barcelona: Crítica.
• Martín Aceña, P.; Reis, J. (2000), Monetary Standards in the Periphery: Paper, Silver and Gold, 1854-1933, New York: St. Martin's Press.
• Sachs J. (1981), “The Current Account and Macroeconomics Adjustment in the 1970's”, Brooking Papers on Economic Activity, nº 1, págs. 201-268.
• Sachs J. (1982), “The Current Account in the Economic Adjustment Process”, Scandinavian Journal of Economics, nº 84, 2, págs. 147-159.
• Serrano-Sanz, J. M.; Sabaté, M.; Gadea, D. (1999). “Economic growth and the long run balance of payments constraint in Spain”, Journal of International Trade and Economic Development. Vol. 8, págs. 389-417.
CompetenciasAsesorar empresas en temas de comercio, mercados e investimento exterior (poñendo atención a temas financeiros, tipos de cambio, seguros,…)
Deseñar estratexias que favorezan a adaptación das empresas e institucións nas que traballen ás condicións de integración económica rexional e global.
Asesorar e realizar tarefas de consultoría en empresas e institucións.
Ser capaz de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis axeitadas ao tema de estudo.
Contar con habilidades para a busca, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
Mellorar a capacidade de traballo, o rigor e a disciplina.
Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións e relatorios, artigos.
Metodoloxía da ensinanza METODOLOXÍA DO ENSINO
O curso desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas, complementadas co traballo tutelado en grupos pequenos, seminarios e titorías.
As clases expositivas consistirán en explicacións que se apoiarán en anotacións na pizarra ou en presentacións en Power Point. As explicacións serán sobre os contidos teóricos da materia.
Estas clases expositivas concíbense como "clases introdutorias" nas que o profesor presentará un tema intentando destacar os conceptos fundamentais sobre os que os alumnos deberán afondar posteriormente a partir da bibliografía concreta que lles será facilitada.
Nas clases tratarase de fomentar a participación activa dos alumnos, que poden, e deben, tanto preguntar sobre aqueles aspectos que lles susciten algún tipo de dúbida, coma expresar e razoar as primeiras impresións que lles suxiren os modelos económicos que se lles presentan, os contextos históricos nos que xorden e os supostos que utilizan, expresando se a priori lles parecen intuitivos ou contraintuitivos, para dar lugar á discusión sobre estes ou sobre os contextos nos que poden ser empregados.
Preténdese deste modo favorecer o espírito crítico e contextualizar os instrumentos de análise económica utilizados.
As sesións interactivas estarán dedicadas a clases prácticas que permitan afondar nos conceptos e as técnicas de análises vistas nas clases teóricas. Estas clases están dedicadas, por unha parte, a analizar traballos empíricos nos que se utilicen os modelos estudados na materia.
Outro tipo de sesións interactivas consistirá en buscar o modelo económico que subxacer e o contexto histórico no que xorden algúns razoamentos, opinións ou recomendacións de política expresados en prensa, televisión, cine etc. por empresarios, políticos economistas e outros axentes sociais.
Os alumnos asistirán a dous dos seminarios que se ofrecen no máster e que serán impartidos por profesionais de distintos ámbitos económicos, tanto do ámbito académico coma do institucional e do empresarial. A asistencia a estas conferencias-seminarios permitirá coñecer ampliacións e aplicacións dos conceptos estudados en diferentes ámbitos.
As titorías en grupo reducido (entre 2 e 5 alumnos) dedicaranse a orientar os alumnos para que consigan realizar un traballo de curso de calidade. A orientación comprende tanto a fase inicial de busca de información, coma a elaboración escrita do informe correspondente e a súa exposición oral final.
Sistema de evaluaciónTodas as actividades realizadas na materia serán consideradas na avaliación desta. A seguinte relación resume os criterios que se utilizarán para a avaliación da materia, así como os instrumentos evaluativos e o peso que cada un terá na cualificación final:
- Criterio: participación - Instrumento evaluativo: observación e notas dos profesores sobre a participación nas clases - Peso 10%
- Criterios: selección e utilización de bibliografía e fontes; aplicación de coñecementos teóricos da materia a cuestións prácticas; capacidade de investigación; capacidade de análise, síntese e claridade expositiva; coherencia na exposición da argumentación; control bibliográfico e de fontes - Instrumento evaluativo: traballo de curso, con informe final e exposición. - Peso 30%
- Criterios: coñecementos teóricos adquiridos; relación entre os distintos conceptos teóricos estudados; expresión e argumentación de ideas. - Instrumento evaluativo: exame escrito. - Peso 60%
Tempo de estudo e traballo persoalTendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 150 horas de traballo, repartidas como segue:
Docencia expositiva: 18 horas de traballo presencial na aula - Traballo persoal do alumno: estudo individual 30 horas.
Docencia Interactiva: 20 horas horas de traballo presencial na aula - Traballo persoal do alumno: Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 30 horas.
Seminarios: 4 horas de traballo presencial na aula - Traballo persoal do alumno: Escritura de exercicios e outros traballos 10 horas.
Titorías: 6 horas de traballo presencial na aula - Traballo persoal do alumno: Preparación e escritura do traballo de curso en grupos reducidos 20 horas.
Actividades de avaliación: 2 horas de traballo presencial na aula - Traballo persoal do alumno: Preparación da presentación oral do traballo de curso 6 horas.
Traballo persoal do alumno: Asistencia a seminarios e outras actividades recomendadas 4 horas.
Total horas traballo presencial: 50 horas --Total horas traballo persoal: 100 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaA asistencia regular ás sesións xunto coas lecturas dos textos incluídos na bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento da materia.