Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3032105 - Econometría (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Cuantitativa
  • Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ GONZALEZ, XOSE ANTON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral da materia é que o alumno utilice os conceptos e instrumentos básicos da Econometría para a realización de análises empíricos de tipo cuantitativo no ámbito da Economía. Búscase, por tanto, proporcionar ó alumno una formación econométrica teórico-práctica, xustificando o uso dos distintos tipos de modelos econométricos nos distintos ámbitos da Economía, de forma especial no campo do desenrolo rexional e no da integración económica. Tamén ten como obxectivo esta materia o proporcionar a formación necesaria para que o alumno po cursar a materia de Econometría máis avanzada “Modelos econométricos rexionais” de segundo cuadrimestre do curso, así como facilitar a comprensión de aspectos econométricos que se podan utilizar noutras materias do Máster.
    Contidos
    TEMARIO

    TEMA 1. AS POSIBILIDADES PRÁCTICAS DA ECONOMETRÍA
    1.1.- A Econometría como ferramenta de análise económico e empresarial
    1.2.- A Econometría e os seus ámbitos de aplicación
    1.3.- Limitacións actuais das aplicacións econométricas

    TEMA 2. UTILIZACIÓN PRÁCTICA DO MODELO CLÁSICO EN ECONOMÍA
    2.1.- Os aspectos metodolóxicos necesarios
    2.2.- As limitacións prácticas do modelo
    2.3.- Aplicacións utilizando o programa Eviews

    TEMA 3. UTILIZACIÓN PRÁCTICA DO MODELO XERALIZADO EN ECONOMÍA
    3.1.- Os aspectos metodolóxicos necesarios
    3.2.- As posibilidades prácticas do modelo
    3.3.- Aplicacións utilizando o programa Eviews

    TEMA 4. UTILIZACIÓN PRÁCTICA DOS MODELOS DINÁMICOS EN ECONOMÍA
    4.1.- Os aspectos metodolóxicos necesarios
    4.2.- As posibilidades prácticas destes modelos
    4.3.- Aplicacións utilizando o programa Eviews


    TEMA 5. UTILIZACIÓN PRÁCTICA DOS MODELOS TEMPORAIS-ATEMPORAIS EN ECONOMÍA
    5.1.- Os aspectos metodolóxicos necesarios
    5.2.- As posibilidades prácticas destes modelos
    5.3.- Aplicacións utilizando o programa Eviews

    TEMA 6. GUÍA PRÁCTICA PARA A REALIZACIÓN DUN TRABALLO APLICADO POR PARTE DO ALUMNO
    6.1.- Xustificación do tema
    6.2.- A selección da metodoloxía
    6.3.- A busca de datos
    6.4 -.Estimación e validación do modelo
    6.5 - Interpretación é utilidade dos resultados

    Bibliografía básica e complementaria


    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
    GREENE, W. H. (1998): Análisis econométrico. Prentice Hall.
    GUISÁN. M.C. (1997): Econometría. Ed. McGraw-Hill.
    GUJARATI, D. N. (2004): Econometría. Ed. McGraw-Hill.
    PULIDO, A.; PÉREZ, J (2001): Modelos econométricos. Ed. Pirámide.
    WOOLDRIDGE, J. M. (2005): Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Thomson.

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
    ALCAIDE, A. (1982): Curso elemental de Econometría. Ed. M. Huerta..
    ALEGRE,J. et al. (1995): Ejercicios y problemas de Econometría. Editorial AC
    ALONSO, A.;FERNÁNDEZ, J; GALLASTEGUI, I. (2005): Econometría. Prentice Hall
    AZNAR, A.; GARCÍA, A.; MARTÍN, A. (1994): Ejercicios de Econometría IyII. Ed. Pirámide.
    CABRER. B. [COOR.](2001): Análisis regional.El proxecto HISPALINK. Ed. Mundi-Prensa.
    DAGUM, C.; DAGUM, E.(1971): Introducción a la Econometría. Ed. S. XXI.
    DUTTA, M. (1982): Métodos Econométricos. Ed. South-Western.
    GARCÍA BARBANCHO, A (1969):Fundamentos y posibilidades de la Econometría. Ed. Ariel..
    MADDALA, G.S. (1985): Econometría. Ed. McGraw-Hill.,
    MARTÍN, G.; LABEAGA, J. M.; MOCHÓN, F.(1997):Introducción a la Econometría. Ed. Prentice Hall Iberia.
    PENA TRAPERO, B. e outros (1999): Cien ejercicios de Econometría. Ed. Pirámide..
    PÉREZ, C (2006): Problemas resueltos de Econometría. Thomson.
    PULIDO, A. (1989): Predicción económica y empresarial. Ed. Pirámide.
    SALVATORE, D.(1983):Econometría. Ed. McGraw-Hill Latinoamericana.
    WALLIS, K.F.(1976): Introducción a la Econometría. Alianza Ed.

    Competencias
    Co estudio desta materia, o alumno desenvolve capacidades que lle van a ser de grande utilidade para axudar á analizar con éxito os distintos aspectos da economía moderna, para cursar outras materias de nivel superior nas que se analicen aspectos cuantitativos ou para, no seu caso, seguir unha carreira investigadora.
    Metodoloxía da ensinanza
    Nesta materia séguese un enfoque teórico-práctico. Os aspectos teóricos resúmense en cada tema coa finalidade de permitir unha utilización clara das distintas metodoloxías. Polo tanto, o programa impártese basicamente mediante a realización de prácticas específicas de cada tema, utilizando o paquete informático Eviews. Estas aplicacións están enfocadas de forma particular a problemática económica rexional e de integración económica. Todo o procedemento de ensinanza orientase ó obxectivo principal de que o alumno termine resolvendo de forma autónoma un caso concreto en estudio.
    Sistema de evaluación
    CRITERIOS E SISTEMA DE AVALIACIÓN

    Establecese un sistema de avaliación continua, mediante o cal se segue un procedemento de controles permanentes, con debates, probas e traballos.



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas totais estimadas de dedicación á materia...........75
    Horas non presenciais................................................50
    Horas presenciais......................................................25
    *Horas teórico-prácticas..........................21
    *Horas de titorías e avaliación..................4

    Recomendacións para o estudo da materia
    Ó tratarse dunha materia con un enfoque eminentemente aplicado, aconséllase facer un seguimento continuado das clases coa finalidade de optimizar o aproveitamento dos contidos e posibilitar un aprendizaxe directo, progresivo e individualizado, ademais de posibilitar o establecemento dun sistema de avaliación continua.