P3032106 - Introdución aos Métodos Estatísticos para a Economía (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia ten tres partes diferenciadas pretendendo dar unha visión conxunta dos contidos básicos da Estatística Económica e abarcando conceptos de Estatística Descritiva, Inferencial e de Métodos Estatísticos co obxecto de que o alumnado consiga obter ou nivelar os coñecementos das técnicas estatísticas necesarias para a análise descritiva dos datos económicos, e o coñecemento das técnicas de inferencia estatística para o cal é a súa vez imprescindible abordar o estudo da probabilidade, das distribucións e modelos de probabilidade.
De xeito inmediato e natural, preténdese que o alumno poda utilizar a súa aprendizaxe desta parte da estatística no ámbito das outras materias que ten que cursar, ademais de adquirir os fundamentos para o estudo de outros métodos estatísticos e econométricos.
ContidosTEMA 1.- INTRODUCIÓN
TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE
TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES
TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN
TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES
TEMA 6.- TEORÍAS DA PROBABILIDADE EN ESTATÍSTICA.
TEMA 7.- VARIABLES ALEATORIAS E DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE.
TEMA 8.- XENERALIZACIÓN A DISTRIBUCIÓNS MULTIDIMENSIONAIS.
TEMA 9.- MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS
TEMA 10.- INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA
TEMA 11.- ESTIMACIÓN
TEMA 12 .- CONTRASTE DE HIPÓTESES
TEMA 13.- ANÁLISE DESCRIPTIVA DE SERIES DE TEMPO
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Estatística Descritiva:
MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial .Teoría y práctica. Thomson, Madrid.
Cálculo de Probabilidades:
MARTÍN PLIEGO, F. e RUIZ-MAYA, L. (2006): Fundamentos de Probabilidad. Thomson.
Estatística Inferencial:
RUIZ-MAYA, L. e F.J. MARTÍN PLIEGO. (2004): Fundamentos de Inferencia Estadística (2ª edición). Ed. AC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Estatística Descritiva:
Libros de teoría e práctica:
PÉREZ SUÁREZ, R. e cols. (1996): Análisis de datos económicos I. Pirámide, Madrid.
ESTEBAN GARCÍA, J. e cols. (2005): Estadística Descriptiva y nociones de Probabilidad. Thomson, Madrid.
Cálculo de probabilidades e modelos:
Libros de teoría:
CASAS SÁNCHEZ, J.M.; SANTOS PEÑAS, J. (1995): Introducción a la Estadística para la Economía y la Administración y Dirección de Empresas. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
FERNÁNDEZ-ABASCAL, H. y otros (1994): Cálculo de probabilidades y estadística. Ariel.
Libros de exercicios:
BARÓ LLINÁS, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón.
FERNÁNDEZ- ABASCAL, H., M. GUIJARRO, J.L. ROJO E J.A. SANZ. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel.
MARTÍN PLIEGO, F.J., MONTERO LORENZO, J.M. E RUIZ-MAYA L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC.
Estatística Inferencial:
Libros de teoría:
CASAS SÁNCHEZ, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces.
FERNÁNDEZ- ABASCAL, H., M. GUIJARRO, J.L. ROJO e J.A. SANZ. (1994): Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel.
NEWBOLD, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Ed. Prentice hall.
Libros de exercicios:
BARÓ LLINÁS, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón.
MARTÍN PLIEGO, F.J., MONTERO LORENZO, J.M. E RUIZ-MAYA L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC.
PARRA FRUTOS, I. (2003): Estadística Empresarial con Microsoft Excel. Problemas de Inferencia Estadística. Ed. AC
Competencias- Facer unha correcta presentación dos datos estatísticos: obtención, tabulación e gráfica.
- Determinar as principais características dos datos que se manexan.
- Obter e interpretar índices, taxas e demais indicadores derivados.
- Realizar análises sinxelas de regresión, correlación e series.
- Obter conclusións socio-económicas segundo a natureza dos datos a partir dos valores estatísticos
- Resolver cuestións relativas ao cálculo de probabilidades
- Poder analizar os modelos teóricos de distribucións de probabilidade: determinar compoñentes, características e probabilidades concretas.
- Conquerir os conceptos da inferencia e o seu alcance nas conclusións obtidas nos análises.
- Obter as principais características dunha estatística mediante a utilización de software informático.
Metodoloxía da ensinanza A ensinanza da materia organízase segundo horario diseñado nunha sesión de duas horas semanais nas que se combinará os repasos teóricos ca resolución de prácticas con e sen ordenador.
Explicaranse os contidos fundamentais con prácticas para clarexar os conceptos, así como para que o alumno acaden as habilidades fixadas. Requírese a participación do alumno tanto no desenvolvemento da clase como na realización de cuestións e exercicios.
O programa de temas é moi extenso porque o enfoque vai dado a reforzar os temas do programa que presente máis valeiros no alumnado, sempre que sexa posible cunha titorización continua con respeto aos problemas que vaian xurdindo.
Sistema de evaluaciónA materia superase mediante a valoración conxunta e en porcentaxes adecuados das asistencias e participación nas clases, realización de traballos e sondaxes, así como no seu caso, dun exame final global da materia. O reparto dos porcentaxes:
- 20% asistencia e participación activa e adecuada nas clase.
- 30% exercicios encargados para entregar ou para realizar na clase.
- 50% exame escrito.
Para superar a materia en avaliación continua a asistencia ten que alcanzar un mínimo do 80%.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais: 8 horas de docencia expositiva e 12 horas de clase interactiva. Ademáis 3 de titoría e as horas do exame.
Horas non presenciais: estimamos 50 horas para fixar conceptos, resolver cuestións, realizar exercicios antes das clases, estudar para poñerse ó nivel requirido para seguir outras materias do posgrao.
Recomendacións para o estudo da materiaTraballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia como para expoñer as dúbidas na clase (é moi bo para o conxunto) ou en titorías. Facer todos os traballos que se vaian propoñendo nas clases.
Poñer en conexión continuamente as ferramentas da estatística coas necesidades prácticas do coñecemento económico. Introducir nas clases de estadística os requerimentos que xurdan noutras materias.