Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3032107 - Demografía e Mercado de Traballo (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia e Institucións Económicas, Fundamentos da Análise Económica
  • Áreas: Historia e Institucións Económicas, Fundamentos de Análise Económica
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DOPICO GUTIERREZ DEL ARROYO, FAUSTO.NON
MEIJIDE VECINO, ALBERTO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral da materia é, por unha banda, familiarizar ao alumno con diversos aspectos da investigación e interpretación demográfica e da mobilidade poboacional e, por outra, permitirlle analizar o mercado de traballo a través dos distintos modelos que o describen e dos contextos institucionais que definen as súas particularidades. En particular, trátase de que os alumnos sexan capaces de analizar as tendencias das variables que determinan o cambio demográfico e a súa relación cos factores socioeconómicos, institucionais e culturais, e de que dispoñan dunha visión das ferramentas básicas utilizadas polos economistas para entender e explicar as variables relacionadas co mercado laboral.
    Contidos
    - As claves do comportamento demográfico.
    - Contrastes e tendencias da fecundidade. A súa relación coa nupcialidade e as estruturas familiares.
    - A duración da vida. Envellecemento e esperanza de vida. Lonxevidade e actividade económica.
    - A mobilidade da poboación. Aspectos teóricos e metodolóxicos.
    - Análise e interpretación dos fluxos e tendencias migratorias actuais.
    - Peculiaridades do mercado de traballo e conceptos básicos.
    - A microeconomía do mercado de traballo. Modelos de oferta e demanda.
    - Os salarios e a negociación.
    - A macroeconomía do mercado de traballo.
    - Análise do mercado de traballo na UE, España e Galicia.

    Bibliografía básica e complementaria
    DEMOGRAFÍA:

    ARROYO PEREZ, Andrés (coord.), Tendencias demográficas durante el siglo XX en España, Madrid, Universidad de Sevilla, 2003.
    Boletín de Población de las Naciones Unidas. División de Población, Tendencias de la migración internacional 1965-2005, DESA, 2005.
    CABRÉ, Anna (Dir.), La constitución familiar en España, Bilbao, Fundación BBVA, 2007.
    DOPICO, Fausto e LOSADA, Abel, “Tendencias demográficas de un país de antiguos emigrantes”, Papeles de Economía Española, Economía de las Comunidades Autónomas, 16, 1996, pp. 71-81.
    Estado de la Población Mundial 2007: Liberar el Potencial del Crecimiento Urbano, United Nations Population Fund, 2007.
    GORE, Al, Una verdad incómoda. La crisis planetaria del calentamiento global y como afrontarla, Barcelona, Gedisa, 2007.
    Naciones Unidas: Reunión de Expertos sobre Migraciones Internacionales y Desarrollo en América Latina y el Caribe, México D. F., noviembre-diciembre, 2006.
    RODRIGUEZ GALDO, Mª Xosé, FREIRE, Pilar e LOSADA, Abel, Inmigración e retorno en Galicia (1991-2007). Unha perspectiva demográfica, Santiago de Compostela, Tórculo, 2008.

    MERCADO DE TRABALLO:

    McCONNELL,C.R., BRUE S.L., McPHERSON D. Economía Laboral, 6º edición. McGraw Hill, 2003
    FINA, L, El reto del empleo. McGraw Hill,2001
    TOHARIA, L, El mercado de traabajo: teoría y aplicaciones, Alianza Editorial, 1983
    Estudios de Economía del Trabajo en España, vols. I,II,III. Ministerio de Trabajo y S.Social
    BECKER, G, El capital humano, Alianza Editorial, 1983
    PAPELES DE ECONOMIA ESPAÑOLA, nº monográfico sobre La reformadel mercado de trabajo, FUNCAS, 2010,
    SOLOW,R, El mercado de trabajo comouna institucción social, Alianza Editorial, 1991


    Competencias
    -Elaborar instrumentos de mellora da produtividade e a competitividade.
    -Deseñar estratexias que favorezan a adaptación das empresas e institucións nas que traballen ás condicións de integración económica rexional e global.
    -Deseñar políticas de crecemento sostible a longo prazo, así como daquelas que favorezan a redución da desigualdade.
    -Asesorar e realizar tarefas de consultaría en empresas e institucións.
    -Ser capaz de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis adecuadas ao tema de estudo.
    -Contar con habilidades para a procura, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
    -Mellorar a capacidade de traballo, o rigor e a disciplina.
    -Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións e relatorios, artigos.
    -Mellorar as habilidades comunicativas.

    Metodoloxía da ensinanza
    O curso desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas, complementadas co traballo tutelado en grupos pequenos, seminarios e titorías.

    Nas sesións dedicadas a clases expositivas explicaranse os principais contidos teóricos da materia. Nestas sesións tamén se lles proporcionará aos alumnos información complementaria (sobre a bibliografía recomendada no programa, outra bibliografía, páxinas web de interese,?) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónoma. Nas clases tratarase de combinar as explicacións dos profesores coa participación activa dos estudantes mediante o debate e a discusión, de maneira que, ademais de buscar o rigor científico na aprendizaxe, favorézase o espírito crítico.

    As sesións interactivas estarán dedicadas a clases prácticas que permitan profundar nos conceptos e as técnicas de análises vistas nas clases teóricas. Estas clases están dedicadas, por unha banda, a analizar traballos empíricos nos que se utilicen os procesos estudados na materia e, por outra, ao estudo de casos e á realización de exercicios.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizan ao longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe esta materia, así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
    A continuación resúmense os criterios que se terán en consideración para a avaliación do dominio das competencias xenéricas e específicas da materia, así como os instrumentos avaliativos e o peso que cada un terá na cualificación final.

    A) Interese demostrado ao longo da materia
    10%
    B)Aplicación de coñecementos teóricos da materia a cuestións prácticas da mesma
    - Capacidade de investigación
    - Capacidade de análise, síntese e difusión da información
    -Coherencia na exposición da argumentación
    - Control bibliográfico e de fontes
    Traballo en curso, exposición e informe final
    30%
    C)Razoamento argumentado dos temas
    - Control terminolóxico especializado
    - Comprensión e expresión de significados vinculados á materia.
    Exame escrito
    60%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial na aula:
    Docencia expositiva 18 horas
    Docencia Interactiva 20 horas
    Seminarios , titorías e actividades de avaliación 12 horas

    Total horas traballo presencial: 50 horas

    Traballo persoal do alumno:
    Estudo individual 30 horas
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 30 horas
    Escritura de exercicios e outros traballos 10 horas
    Preparación e escritura do traballo de curso en grupos reducidos 20 horas
    Preparación da presentación oral do traballo de curso. Asistencia a seminarios e outras actividades recomendadas 10 horas

    Total horas traballo persoal: 100 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia regular ás clases.
    - Motivación intelectual.
    - Práctica sistemática da lectura.