Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3032203 - Desenvolvemento Rural: Innovación, Actividade Económica e Espazo Rural (Itinerario en Desenvolvemento Rexional) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Economía Aplicada, Xeografía, Xeografía
  • Áreas: Economía Aplicada, Xeografía Humana, Análise Xeográfica Rexional
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
López Iglesias, Edelmiro.NON
PAZOS OTON, MIGUEL.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    -Proporcionar uns coñecementos básicos sobre as tendencias das áreas rurais na Unión Europea e a súa realidade actual, ubicando nese contexto o medio rural galego.
    -Estudar o contido e sucesivas reformas da Política Agraria Común da Unión Europea, dentro dunha análise comparada sobre as políticas agrarias nos países da OCDE.
    -Examinar a evolución e contido actual da política de desenvolvemento rural da Unión Europea.
    -Familiarizar ao alumnado cos novos modelos e políticas de desenvolvemento rural, cunha atención especial á cuestión da diversificación de actividades nas áreas rurais.

    Contidos
    TEMA 1. Aproximación ao concepto de espazo rural
    1. A delimitación dos espazos rurais
    2. Rasgos comúns a todos os espazos rurais
    3. A urbanización do campo
    4. Cambio social e reestruturación produtiva: o lugar da agricultura e os agricultores nos novos espazos rurais

    TEMA 2. As áreas rurais nos países da Unión Europea; tendencias e situación actual do medio rural en Galiza
    1. As áreas rurais nos países da UE; tendencias básicas, a diversidade do medio rural europeo
    2. O medio rural en Galiza: principais transformacións desde mediados do século XX e situación actual; tipoloxía das áreas rurais

    TEMA 3. Políticas agrarias nos países capitalistas desenvolvidos. O contido e sucesivas reformas da política agraria común da unión europea
    1. Notas introductorias
    2. A PAC clásica
    3. O proteccionismo agrario da UE; análise comparada cos restantes países da OCDE
    4. A crise da PAC clásica e as reformas efectuadas nos decenios de 1980 e 1990
    5. Liberalización dos mercados e “desacoplamento” das axudas directas: a “reforma intermedia” da PAC (2003) e o “Chequeo Médico” (2008)

    TEMA 4. A evolución da política de desenvolvemento rural da Unión Europea; principais etapas
    1. Notas introductorias
    2. O nacemento da política socioestrutural agraria comunitaria e a súa evolución até 1984
    3. As reformas efectuadas entre 1985 e 1992: da modernización das estruturas agrarias ao desenvolvemento rural
    4. A política de desenvolvemento rural da UE no período 1994-1999: esquema de actuación e principais programas
    5. A reforma aprobada no contexto da Axenda 2000; a política de desenvolvemento rural no período 2000-2006

    TEMA 5. O contido da política de desenvolvemento rural da UE no período 2007-2013; o Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza
    1. A política de desenvolvemento rural da UE no período 2007-2013
    2. O Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013

    TEMA 6. O debate actual sobre o futuro da PAC; contido da nova reforma aprobada para o período 2014-2020
    1. As reformas nas políticas de mercados e axudas directas
    2. As novidades na política de desenvolvemento rural

    TEMA 7. Os programas de desenvolvemento rural cun enfoque territorial e ascendente: o programa LEADER

    TEMA 8. O Turismo como actividade dinamizadora dos espazos rurais
    1. Turismo e desenvolvemento sustentable
    2. A tripla dimensión da sustentabilidade: social, económica e ambiental
    3. Axentes e políticas de turismo sustentable en espazos rurais
    4. Produtos e destinos de turismo sustentable en espazos rurais
    5. Os indicadores de sustentabilidade turística: metodoloxía de cálculo
    6. Turismo e ordenación do territorio en espazos rurais

    Bibliografía básica e complementaria
    Arnalte, E. et al. (1998): El desarrollo rural: políticas aplicadas situación actual del debate y perspectivas del futuro a nivel europeo. Working Document, AGRI-106, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo.
    Blàzquez, M.; Murray, I. e Garau, J.M. (2002): El tercer boom. Indicadors de sostenibilitat del turisme de les Illes Balears 1989-1999. Centre d´Investigació i tecnologies turistiques de les Illes Balears. Palma de Mallorca.
    Bureau, D.; Mahé, L. (2008): CAP Reform Beyond 2013: An Idea for a Longer View, Notre Europe, Studies & Research, nº 64, abril. http://www.notre-europe.eu.
    Chatellier, V.; Mauguin, P. (2008), “Du bilan de santé à la refondation de la PAC”, Terra Nova, Dossier Europe (7/8). http://tnova.fr/index.php?option=com_content&view=article&id=549.
    Consellaría do Medio Rural (2007): Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013. http://mediorural.xunta.es/areas/desenvolvemento_rural/pdr_2007_2013
    Diry, J. P. (2002): Les espaces ruraux. Armand Colin. París.
    European Union DG AGRI (2009): Rural Development in the European Union. Statistical and Economic Information. Report 2009.
    http://ec.europa.eu/agriculture/agrista/rurdev2009/index_en.htm
    Fullana, P. e Ayuso, S. (2002): Turismo sostenible. Rubes Editoria. Barcelona.
    Houée, P. (1996): Les politiques de développement rural. INRA. París.
    Gómez Orea, D. (1985): El espacio rural en la ordenación del territorio. Instituto de Estudios Agrarios, pesqueros y alimentarios. Madrid.
    Ivars Baidal, J. et alter (2001): Planificación y gestión del desarrollo turístico sostenible: propuestas para la creación de un sistema de indicadores. Documentos de trabajo. Instituto Universitario de Geografía. Universidad de Alicante. Alicante.
    López Iglesias, E. (2003): “Las estructuras agrarias en España: análisis de sus transformaciones en la década de los noventa”. Papeles de Economía Española, nº 96, pp. 20-37.
    López Iglesias, E.; Pérez Fra, M. (2004): “Axuste agrario e despoboamento rural”. Grial, nº 162, pp. 36- 43.
    Massot, A. (2008): “La PAC tras el Health Check”, Papeles de Economía Española, nº 117, pp. 210-226.
    Massot, A. (2009): España ante la refundación del la Política Agrícola Común de 2013, Real Instituto Elcano. Documento de Trabajo 35/2009. www.realinstitutoelcano.org.
    Ministerio de Medioambiente (2003): Sistema español de indicadores ambientales de turismo. Ministerio de Medioambiente. Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental. Madrid.
    Molinero, F. (1990): Los espacios rurales: agricultura y sociedad en el mundo. Ariel. Barcelona.
    OCDE (2009): Agricultural Policies in OECD Countries: Monitoring and Evaluation 2009, OCDE, París. http://www.oecd.org/dataoecd/37/16/43239979.pdf
    Oliveira Baptista, F. (2001): Agriculturas e territórios, Celta Editores, Oeiras.
    Pacione, M. (1985): Rural geography. Harper and publishers. Londres.
    Paniagua, Á. (2006): Geografía Rural. En: HIERNAUX, D. y LINDÓN, A. (dirs.): Tratado de Geografía Humana, pp. 71-83. Anthropos Editorial. México. Rubí (Barcelona).
    Pérez de las Heras, M. (1999): La guía del Ecoturismo, o cómo conservar la naturaleza a través del turismo. Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
    Pérez Fra, M. (2004): “A Iniciativa Comunitária LEADER no marco teórico da Política Agrária”, Revista Galega de Economía, Volume 13, pp. 175-198.
    Pérez Fra, M.; López Iglesias, E. (2007): “Evolución das medidas socio-estruturais agrarias: a progresiva configuración da política de desenvolvemento rural.” Recursos Rurais, Vol. 7, pp. 1-7.
    Ramos, E.; Gallardo, R. (2009): El futuro de la PAC tras 2013: la reforma de la Política de Desarrollo Rural, Dirección General de Estudios del Parlamento Europeo. Estrasburgo. http://www.europarl.europa.eu/activities/committees/studies/download.do?language=en&file=28851
    Romero, J. y Farinós, J. (2004): Los territorios rurales en el cambio de siglo. En: Romero, J. (coord.): Geografía Humana. Ariel. Barcelona.
    Sumpsi, J.M. (2002): ”La política agraria y rural de la Union Europea”. En Sumpsi, J.M. e Pérez Correa, E. (coord.): Políticas, instrumentos y experiencias de desarrollo rural en América Latina y Europa, pp. 122-146 . Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, Madrid.
    Wearing, S. e Neil, J. (2000): Ecoturismo. Impacto, tendencias y posibilidades. Editorial Síntesis. Madrid.

    Competencias

    Competencias xerais
    -Adquisición de habilidades para a busca, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
    -Aprender a utilizar a información relevante para a elaboración de análises, informes e programas de actuación.
    -Habituarse a traballar de forma autónoma e con iniciativa.
    -Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. Ser capaz de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten máis adecuadas.
    -Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos sociais e ambientais.

    Competencias específicas
    -Coñecementos básicos da realidade rural a nivel teórico, así como galega e europea.
    -Coñecementos básicos sobre as políticas agrarias e as políticas públicas de desenvolvemento rural.
    -Organizar e planificar a xestión dun problema, instalación ou servizo no medio rural.
    -Definir e implementar programas de desenvolvemento rural en institucións/ entidades dedicadas a este fin, con especial atención á actividade turística

    Metodoloxía da ensinanza
    O curso desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas.
    Nas clases expositivas explicaranse os principais contidos teóricos da materia co apoio de presentacións en power point. Nestas sesións tamén se proporcionará aos alumnos/as información complementaria (sobre a bibliografía recomendada e páxinas web de interese) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónomo.
    As sesións interactivas estarán dedicadas a profundizar nos conceptos vistos nas clases teóricas. Tendo para isto como base unha posta en común e un debate colectivo a partir de dous tipos de materiais: datos estatísticos e textos.
    Un soporte esencial estará constituído pola Aula Virtual construída para o curso, na que os/as alumnos/as encontrarán: o programa detallado do curso; presentacións en power point para cada unha das clases de docencia expositiva; os textos de lectura obrigatoria e outros materiais de apoio para as sesións de docencia interactiva.

    Sistema de evaluación
    O sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:

    a. Realización dunha proba final escrita, dirixida a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia, así como a súa capacidade para relacionar os diferentes conceptos e coñecementos parciais que debeu adquirir.
    Peso na calificación final: 50%.

    b. Asistencia e participación activa nas clases, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente, notas de lectura (análises e comentarios) sobre os textos indicados polo profesor (disponíbeis na Aula Virtual), realización doutras actividades que poda organizar o profesor.
    Peso na calificación final: 50%.

    Estes criterios serán os mesmos na primeira edición da convocatoria que na segunda.

    A cualificación da parte interactiva da primeira edición da convocatoria (se o alumno non a supera a materia nela) pode gardarse para a segunda en caso de que o alumno o solicite ao profesor.

    O alumnado que falte a algunha clase interactiva poderá compensar a súa ausencia coa realización dun traballo que lle sexa encomendado polo profesor.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 150 horas de traballo, repartidas como sigue:

    Traballo presencial na aula
    Docencia expositiva 18
    Docencia interactiva 24
    Tutorías 6
    Actividades de avaliación 2
    Total horas traballo presencial 50

    Traballo persoal do/a alumno/a
    Estudo individual 40
    Lecturas recomendadas, redacción de
    notas de lectura e outros exercicios 60
    Total horas traballo persoal 100

    Recomendacións para o estudo da materia
    Asistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso.