P3032204 - Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Rural (Itinerario en Desenvolvemento Rexional) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Xeografía
- Áreas: Xeografía Humana
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaObxectivo xeral:
Proporcionar os fundamentos teóricos e metodolóxicos xerais para a comprender as relacións entre as Tics e o desenvolvemento rexional.
Obxectivos específicos:
1. Analizar críticamente os fundamentos teóricos e metodolóxicos cunha visión prospectiva.
2. Comparar diferentes culturas e territorios nos tópicos do curso.
3. Coñecer os conceptos fundamentais que permiten analizar os impactos da Sociedade da Información.
4. Desenvolver a iniciativa emprendedora e a capacidade de innovación a partir de traballo individual e en equipo.
ContidosContidos
As Novas Tecnologías coñecidas como tecnoloxías da información e da comunicación (Tics) condicionan a articulación social e económica do territorio. O seu planeamento é imprescindible para o desenvolvemento rexional equilibrado. Os impactos das Tics evolucionan no tempo e no espazo en función das características xeográficas, sociais, culturais, económicas, etc. das rexións; podendo distinguir entre os impactos sobre sistemas rurais e urbanos. Existe un importante corpo teórico que tenta de explicar e interpretar a lóxica espacial da interacción dos Tics e das redes sociais. Examinaremos as teorías e métodos avanzados do Marketing Territorial, e da Planificación Estratéxica no marco da Implantación da Sociedade da Información; e estudaremos casos en distintas rexións do mundo. Non obstante, a nosa experiencia será sempre co enfoque comparado coa realidade máis próxima que é Galicia.
A. Programa da parte teórica:
Son 3 temas que se desenvolverán nun cuadrimestre.
1. Teoría e Método da Planificación Estratéxica de cidades e municipios
1.1. Definicións fundamentais
1.2. A orixe da planificación estratéxica
1.3. Planificación estratéxica empresarial
1.4. Planificación estratéxica en cidades e municipios
1.5. Os axentes implicados na planificación estratéxica
2. Teoría e método do Marketing Territorial
2.1. Definicións e fundamentos
2.2. Desafíos territoriais e desenvolvemento rexional
2.3. Novos territorios e estratexias concertadas de desenvolvemento
2.4. O Método do Marketing Territorial Estratéxico a escala rexional
2.5. Análise bibliográfico
2.6. Actividades aplicadas
3. A Sociedade da Información e as Novas Tecnloxías
3.1. Globalización e Sociedade da Información
3.2. Os cambios nas actividades humanas
3.3. Impactos territoriais
B. Actividades prácticas
Trátase de desenvolver un Taller de Ideas de Marketing Territorial aplicadas nun municipio concreto a través de blogs.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
Castells, M.(2000): La Era de la Información, Vol. I, Madrid, Alianza.
Copus, A.K. (2001): From Core-Periphery to Polycentric Developement: Concepts of Spatial and Aspatial Peripherality, en European Planning Studies, 9.4, 539-552.
Friedman, T. (2006): La Tierra es plana. Breve historia del mundo globalizado del siglo XXI, Madrid, MR.
Bibliografía complementaria:
Borja, J. e Castells, M. (1997): Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información. Barcelona, Taurus.
Cairncross, F. (1997): The Death of Distance, Cambridge, Ma., Harvard Bussines School.
Castells, M. (1995): La ciudad informacional, Madrid, Alianza.
Ferrás Sexto, C. (1998): La Contraurbanización. Fundamentos teóricos y estudio de casos en España, Irlanda y México. Xunta de Galicia y Universidad de Guadalajara. México. Universidad de Guadalajara.
Ferrás Sexto, C (1998): Cambio social e territorial en Galicia. ¿De país rural a cidade xardín?, en Semata. Ciencias Sociais e Humanidades nº 9, pp. 55-78.
Ferrás Sexto, C (1999): La ciudad dispersa y las aldeas virtuales, en Territorio y su Imagen, Vol 2, 1031-1039.
Mella Márquez, J.M. (1999): Promoción de ciudades, en Economía y Política regional en España ante la Europa del siglo XXI, Madrid, 571-592.
Paddinson, R. (1993): City marketing, Image Reconstruction and Urban Regeneration, en Urban Estudies, Vol 30 nº2, 339-350.
Suárez Villa, L. (1986): “Metropolitan evolution, sectorial economic change, and the city size distribution”, Urban Studies 25, pp. 1-20.
Stockdale, A. (2006): Migration: pre-requisite for rural economic regeneration? en Journal of Rural Studies, 22.3., pp. 354-366.
Stöhr, W.B. (1987): “El desarrollo económico regional y la crisis económica mundial”, Estudios Territoriales 25, pp. 15-24.
Toffler, A. (2006): La revolución de la riqueza, Barcelona, Plaza y Janés.
Competencias1. Comprender os impactos das Tics sobre o territorio e a sociedade.
2. Empregar con precisión os principais conceptos teórico-metodolóxicos.
3. Competencia de traballo en grupo.
4. Redacción de informes técnicos.
5. Capacidade de expresión oral en público.
6. Empregar software básico.
7. Empregar técnicas de procura e xestión de información por Internet.
8. Capacidade de discusión crítica e concertación documental.
Metodoloxía da ensinanza A parte teórica desenvólvese a partir de tres temas nos cales se traballarán os coñecementos conceptuais básicos; e a parte práctica, a partir da experiencia de innovación docente universitaria XEOPLANNING, que promove a capacidade de innovación e a creatividade entre o/a alumno/a.
Empréganse e foméntanse as Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información, a utilización de Internet e de software básico. Ademais de recursos documentais bibliográficos, fotográficos e cartográficos que facilitará o profesor.
A carga docente é de 3 créditos ECTS.
A Titoría personalizada será presencial en horario oficial no despacho do profesor e non presencial a través de correo electrónico carlosf@usc.es.
Prácticas de campo:
Farase unha saída de traballo de campo con itinerario por determinar en función dos recursos disponibles.
Se o desenvolvemento do curso o permite habará unha Visita ao Centro de Supercomputación de Galicia para a utilización da aula Access Grid e do sistema de multivideoconferencia. Os/as alumnos/as poderán ter a posibilidade de expoñer os seus traballos prácticos a través de multivideoconferencia con outras universidades.
Sistema de evaluaciónHabilitarase un sistema de avaliación continua a partir dun Programa de Avaliación (PEC). Consistirá na elaboración dun traballo obrigatorio para cada módulo docente (3) que serán entregados según un calendario prefixado. A superación deste programa permitirá obter os créditos da materia coa calificación conseguinte.
Existirá tamén a posibilidades de facer un exame final de toda a materia por parte dos alumnos que non realicen ou non superen o Programa de Avaliación Continua (PEC).
Os criterios de avaliación son os mesmos en todas as convocatorias.
Tempo de estudo e traballo persoalPara conseguir os obxectivos formativos, o/a alumno/a deberá dedicar por termo medio 2 horas de traballo persoal non presencial por cada hora de traballo presencial na aula.
A carga total de traballo para o/a alumno/a distribúese do seguinte xeito:
Horas presenciais:
Teoría: 9
Práctica: 12
Titorías individualizadas ou en pequenos grupos: 3
Horas non presenciais estimadas de traballo do alumno: 57
HORAS TOTAIS DE TRABALLO PRESENCIAL + NON PRESENCIAL: 81 (3 créditos ECTS)
Recomendacións para o estudo da materia1. Asistencia e participación activa ás clases presenciais
2. Utilización de dicionarios especializados.
3. Competencia para a lectura de literatura cientifica.
4. Manexo simple de software básico