P3032205 - Teorías e Modelos de Integración Económica e Monetaria (Itinerario en Integración Económica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
- Áreas: Fundamentos de Análise Económica
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral do curso é proporcionar aos alumnos os instrumentos necesarios para analizar a natureza e as implicacións económicas dos procesos de integración.
En concreto, tomando como referente a Unión Económica e Monetaria Europea, trátase de que os alumnos adquiran as ferramentas analíticas que lles permitan, por unha parte, explicar as razóns económicas que levan a un determinado grupo de países a formar un bloque rexional integrado e a ir avanzando cara sucesivos grados de integración e, por outra parte, analizar o impacto dos procesos de integración sobre as economías nacionais e rexionais.
ContidosTema 1. A Teoría Económica da integración. Graos de integración.
- Introdución. Concepto de integración económica
- Rexionalismo vs multilateralismo
- Graos de integración
- Evolución da integración rexional
Tema 2. Os efectos potenciais dun proceso de integración comercial.
- Introdución
- A teoría básica do comercio internacional
- A política comercial. Os efectos da protección
- A integración comercial. Efectos para ol benestar
Tema 3. Integración, crecemento e medio ambiente
- Introdución. Nivel de contaminación
- Liberalización comercial e calidade ambiental
- Os determinantes da vantaxe comparativa en bens contaminantes
- Outros efectos ambientais dos procesos de integración
Tema 4. Integration of factors markets.
- Introduction. International factor movements
- International mobility of labour
- International mobility of capital
- Foreign Direct Investment
Tema 5. Effects of economic integration on labour markets.
- Introduction
- Equilibrium in the labour market
- Effects of integration
- Migratory movements
Tema 6. Economic Theory of Monetary Integration
- Introduction
- Optimum Currency Areas
- The European Economic and Monetary Union
- Economic Policy in the EMU.
Bibliografía básica e complementariaReferencias Bibliográficas Básicas:
Baldwin, R., y Wyplosz, C. (2006): The Economics of European Integration (2ª Ed), MacGraw-Hill, UK.
De Grauwe, P. (2003): Economics of Monetary Union (5ªed.), Oxford University Press.
Krugman, P. R. y Obstfeld, M. (2006): Economía Internacional. Teoría y Política (7ª Ed), Pearson Educación.
Tugores Ques, J. (2006): Economía Internacional: globalización e integración regional (6ª Ed), McGraw-Hill.
Outras Referencias Bibliografícas:
Baldwin, R., Cohen, D., Sapir, A. y Venables, A. Eds.(2001): Integración de Mercados, Regionalismo y Economía Global. Instituto de Estudios Económicos, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Commission of the European Communities (1990): “One Market, One Money: An Evaluation of the Potential Benefits and Costs of Forming an Economic and Monetary Union”, European Economy 44.
Copland, B. y Taylor, M. (2003): Trade and the Environment. Theory and Evidence, Princeton University Press, Princeton.
El-Agraa, A. (2004): The European Union : Economics and Policies(7ª Ed), Harlow, UK.
Frankel, J. (1997): Regional Trading Blocs in the World Trading System, Institute for International Economy, Washington, DC.
Frankel J. y Rose, A. (2002): “An Estimate of the Effect of Common Currencies on Trade and Income”, Quarterly Journal of Economics 117, pp. 437-66.
Gandolfo, G. (2004): Elements of international economics, Springer.
Jaffe, A., Peterson, S., Portney, P. y Stavins, R. (1995): “Environmental Regulation and the Competitiveness of US Manufacturing: What does the evidence tell us?”, Journal of Economic Literature 33, pp. 132-163.
Jovanovic, M. N., (2005): The Economics Of European Integration: Limits and Prospects, Edwar Elgar, ( UK.
Kreinin, M. y Plummer M. (2002): Economic Integration and Development. Cheltenham: Edward Elgar.
Martin, C. (2000): The Spanish Economy in the New Europe, MacMillan Press, UK and St. Martins Press, USA.
Molle, W. (2006): The Economics of European Integration. Theory, Practice, Policy, (5ª ed). Aldershot (UK): Ashgate Publishing Company.
Myro, R. y Díaz, C. (2001): “The integration of Spain in the European Union: main industrial effects”, Instituto Universitario Ortega y Gasset, papel de trabajo, 2001.
Mundell, R. (1961): “A Theory of Optimun Currency Areas”, AER 51, pp. 509-17.
Panagariya, A. (2000): “Preferential Trade Liberalization: The Traditional Theory and New Developments”, Journal of Economic Literature 38, pp. 287-331.
Robson, P. (1998): The Economics of International Integration, (4ª ed), London: Allen & Unwin.
http://www.europa.eu.it
http://www.ecb.int
http://www.wto.org
CompetenciasO propósito do curso é que o alumno comprenda, a través dunha análise económica rigorosa, as causas e consecuencias dos procesos de integración. Despois de realizar o curso, ol alumno debe ser capaz, non só de facer unha lectura crítica dos traballos que se encontran na literatura sobre os distintos aspectos dos procesos de integración, senón de aplicar os coñecementos adquiridos ao análise dos efectos de acordos preferenciais concretos.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o estudante adquire:
Competencias xerais do master ás que contribúe a materia:
G1. Capacidade de análise, organización e planificación.
G2. Aptitude para traballar en equipos interdisciplinares.
G3. Adecuada búsqueda, selección e utilización de información relevante para a elaboración de informes, propostas de programas e liñas de actuación nas institucións ás que se incorporen.
G4. Amplos coñecementos sobre a teoría, o desenvolvemento histórico e a xestión práctica actual das relacións económicas internacionais; así como da organización a o funcionamento dos organismos internacionais de cooperación económica e de integración rexional.
G8. Adquisición de ferramentas metodolóxicas e habilidades para a investigación.
Competencias específicas da materia:
E1. Elaborar instrumentos de mellora da produtividade e a competitividade.
E2. Orientar e guiar os procesos de innovación.
E3. Asesorar a empresas en temas de comercio, mercados e inversión exterior (prestando atención a temas financeiros, tipos de cambio, seguros,…)
E4. Deseñar estratexias que favorezan a adaptación das empresas e institucións nas que traballen ás condicións de integración económica rexional e global.
E8. Asesorar e realizar tarefas de consultoría en empresas e institucións.
E10. Ser capaz de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten mais adecuadas ó tema de estudio.
E11. Contar con habilidades para a búsqueda, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
E12. Mellorar a capacidade de traballo, o rigor e a disciplina.
E13. Adquirir hábitos e estratexias para a redacción i elaboración de documentos de traballo, comunicacións e ponencias, artigos.
E14. Mellorar as habilidades comunicativas.
Metodoloxía da ensinanza O curso desenvólvese a través de clases expositivas e clases interactivas, complementadas con seminarios e titorías.
Nas sesións dedicadas a clases expositivas explicaranse, apoiándose en presentacións en Power Point, os principais contidos teóricos da materia. Nestas sesións tamén se lles proporcionará aos alumnos información complementaria (sobre a bibliografía recomendada no programa, outra bibliografía, páxinas web de interese, …) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónomo. Nas clases tratarase de combinar as explicacións dos profesores coa participación activa dos estudantes mediante o debate e a discusión, de maneira que, ademais de buscar ol rigor científico na aprendizaxe, se favoreza o espírito crítico.
As sesións interactivas estarán dedicadas a clases prácticas que permitan profundizar nos conceptos e as técnicas de análise vistos nas clases teóricas. Estas clases están dedicadas, por unha parte, a analizar traballos empíricos nos que se utilicen os modelos estudados na materia e, por outra, ó estudio de casos e á realización de exercicios. Para realizar as actividades das clases prácticas, os alumnos estarán distribuídos en grupos de traballo estables definidos ao principio do curso.
Ademais, os alumnos deben asistir a dous seminarios ou conferencias impartidos por profesionais das distintas áreas da economía sobre temas que garden unha relación cos contidos da materia. Esta actividade é especialmente recomendable para a formación do alumno porque, ademais de proporcionar uns contidos concretos, móstralle o exercicio real no ámbito dos temas tratados no curso.
As titorías estarán destinadas a supervisar e orientar aos alumnos na realización do traballo de curso (búsqueda de información, elaboración do informe final e preparación da exposición oral).
Para o desenvolvendo do curso utilizaranse as ferramentas disponibles na USC Virtual. Como apoio ás clases teóricas e prácticas, os estudantes terán disponibles as presentacións que se seguirán na aula, enunciados de casos ou exercicios, enlaces de interese, referencias bibliográficas, etc.
O programa está estructurado en dúas partes, a primeira dos temas 1 ó 3 , e a segunda do 4 ó 6. A primeira parte será impartida en castelán, mentres a segunda será impartida en inglés.
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizan ao longo do curso, considerando distintos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe esta materia, así como outros aspectos como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
Elementos de avaliación e peso relativo:
- Asistencia e participación activa nas clase: 20%
- Traballo de curso: 30%
- Examen escrito: 50%
Tempo de estudo e traballo persoalEsta é unha materia de 6 créditos ECTS (o que se considera equivalente a 42 horas de clases presenciales).
Docencia expositiva: 18
Docencia Interactiva: 20
Seminarios: 4
Actividades de avaliación: 2
Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 150 horas de traballo.
Recomendacións para o estudo da materiaAdemais da asistencia regular ao curso e da lectura da bibliografía que se indique especificamente para cada tema, é importante que o alumno, antes das exposicións, faga unha lectura das referencias básicas, para ter unha idea xeral que as clases ampliarán e aclararán. Pero, sobre todo, é importante que o alumno resolva, en canto se presenten, todas as dubidas respecto ós contidos do curso, para o que conta tanto coas clases presenciais como coas horas de titoría.