P3032206 - Estratexias de Desenvolvemento e Integración Internacional (Itinerario en Integración Económica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 6.00
- Total: 48.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Departamento Externo
- Áreas: Área Externa para o postgrao oficial
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral da materia é fortalecer a capacidade dos alumnos para analizar, avaliar e propoñer solucións aos principais problemas que afectan ao desenvolvemento dos países, con particular atención aos que derivan da súa inserción internacional, mediante a aplicación a distintas realidades nacionais dos conceptos, modelos e teorías propios da economía.
Dentro dese obxectivo xeral, preténdese que o alumno adquira os seguintes coñecementos e habilidades específicos:
-Coñecer e manexar unha metodoloxía conceptual e analítica básica para estudar a dinámica económica dos países en distintos contextos socio-políticos e xeográficos, así como identificar e integrar nesa análise os procesos de internacionalización e globalización da actividade económica.
-Asimilar os elementos principais da realidade económica internacional e os seus axentes máis destacados.
-Coñecer e debater os distintos elementos que compoñen unha política económica potencialmente viable dados os obxectivos e restriccións internas e o contexto internacional.
-Avaliar criticamente as estratexias de desenvolvemento emprendidas polas autoridades en distintos países.
-Comprender e avaliar o papel que xoga a comunidade internacional na definición e apoio desas estratexias, en particular a través das institucións financeiras internacionais.
ContidosA parte teórica cubre os seguintes temas:
1.-Enfoques teóricos para a análise da economía internacional.
2.-Trazos básicos e axentes principais da realidade económica internacional actual.
3.-Factores e procesos de integración e globalización da actividade económica.
4.-Institucións financeiras internacionais: funcións e políticas de apoio aos países.
5.-Revisión xeral das estratexias de desenvolvemento actuais e leccións do pasado.
Análise das fontes do crecemento dos países.
6.-Instrumentos e programas de política macroeconómica.
7.-Conceptos de política económica estructural, regulación e competencia.
8.- El papel de las infraestructuras en los procesos de integración y desarrollo regional.
9.- El desarrollo empresarial como factor de desarrollo local. Integración economía y organizaciones empresariales.
Na parte práctica do curso aplícanse os conceptos adquiridos nas presentacións teóricas desta materia e de outras materias afíns do POP, a través do seguinte:
-Análise das estratexias de desenvolvemento de diferentes países, con inclusión da política macroeconómica e as políticas estructurais e de mercados. A este respecto, revisaranse nas aulas experiencias de países avanzados, emerxentes, en transición e altamente empobrecidos, en distintas áreas xeográficas.
-Estudo e avaliación de fases críticas na evolución económica de certos países, tales como situacións de crise económica, períodos de estancamento ou fases de desenvolvemento acelerado, con exemplos extraídos da realidade recente, e, finalmente,
-Exame das liñas de actuación principais das institucións financeiras internacionais máis destacadas, nomeadamente dos mecanismos de asesoramento e apoio económico aos seus países membros.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFIA BASICA
-Khan, Moshin S., Nsouli, Saleh M. E Won, Chornr-Huey, editores: Macroeconomic Management. Programs and Policies. IMF Institute, Washington, DC, 2002.
-Krugman P.R. e Obstfeld M.: Economía Internacional. Teoría y Política. Pearson Addison-Wesley, 7ªedición, 2006.
-Nankani, G. (director) et al.: Economic Growth in the 1990s: Learning from a Decade of Reform. Banco Mundial, Washington ,DC, 2005.
-Orlin Grabbe, J. :International Financial Markets. Elserie, New York, 1991.
-Requeijo, J.: Economía Mundial. McGraw-Hill, Madrid, 2002.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
-Abed, G.T. e Gupta, S.: Governance, Corruption and Economic Performance. IMF, 2002.
-Argandoña, A., Gámez, C. e Mochón, F.: Macroeconomía Avanzada I. McGraw-Hill, 1996.
-Barnes, K.et al.: The IMF and Recent Capital Account Crises: Indonesia, Korea, Brazil. IMF, 2003.
-Barreiro, F, Labeaga, J.M. e Mochón, F.: Macroeconomía Intermedia. McGraw-Hill, Madrid, 1999.
-Bayoumi, T. E Collyns, Ch.: Post-bubble Blues: How Japan Responded to Asset Price Collapse. IMF, Washington, DC, 2000.
-Bhagwati, J.: En defensa de la Globalización: El rostro humano de un mundo global. Debate, Barcelona, 2005.
-Berzosa, C., Bustelo, P.e de la Iglesia, J.: Estructura Económica Mundial. Editorial Síntesis, Madrid, 2001.
--Cabral, L.: Economía Industrial. McGraw-Hill, 1997.
-Cavanagh, J. e Mander, J. editores: Alternatives to Economic Globalization: A Better world is possible: BK Publishers, San Francisco, 2004.
-Cohen, B. Et al.: The IMF and Argentina, 1991-2001. IMF, 2004.
-Cohen, D. Globalization and its Enemies. The MIT Press, 2006.
-Collyns, Ch. e Kincaid, R.: Managing Financial Crises: Recent Experience and Lessons from Latin America. IMF, 2003.
-Desruele, D. e Schipke, A.: Economic Growth and Integration in Central America. IMF, 2007.
-Dornbusch, R., Leslie, F. e Helmers, C.H.: The Open Economy: Tools for policymakers in developing countries. Oxford University Press, Washington, DC, 1988.
-Gal, M.S.: Competition Policy for Small Market Economies. Harvard University Pres, Cambrige, Mass. 2003.
-Gandolfo, G.: International Finance and Open Economy Macroeconomics. 2002.
-Goldstein, M.: Safeguarding Prosperity in a Global Financial System. Institute of International Economics.
-Guzmán, J. e Rallo, A.: Estructura Económica Mundial. McGraw-Hill, 1998.
-Iradian, G.: Rapid Growth in Transition Economies. IMF, 2007.
-Jones, R.W. e Kenen, P.B.: Handbook of International Economics, Vol.II. North Holland, 1988
-Kenen, P.B., e Swoboda, A.K.: Reforming the International Monetary and Financial System. IMF, Washington, 2000.
-Kenworthy, L.: In Search of National Economic Success: Balancing Competition and Cooperation. Sage Publications, California, 1995.
-Khan, A.: The Economics of Regulation. Vol.I e II. The MIT Press, Cambridge, Mass. 1988.
-Kindleberger, Ch. P.: The International Economic Order: Essays on Financial Crisis and International Public Goods. The MIT Press, 1988.
-Krieger, R. et al.: Stabilization and Reform in Latin America: A Macroeconomic Perspective of the Experience Since the 1990s. IMF, 2005.
-Maroto Sánchez, A. e Cuadrado Roura, J.R.: La Productividad de la Economía Española. Instituto de Estudios Económicos, Madrid, 2006.
-Martínez Peinado, J. y Vidal Villa, J.M.:Economía Mundial. McGraw-Hill, 2001.
-Ontiveros Baeza, E.: Sin Orden ni Concierto: Medio siglo de relaciones monetarias internacionales. Fundación Caixa Galicia, 1997.
-Pérez García, F. et al.: Productividad e Internacionalización: El crecimiento español ante los nuevos cambios estructurales. Fundación BBVA, 2006.
-Poundstone, W.: El dilema del Prisionero. Alianza Editorial, 2006.
-Perry, G.E. et al.: Reducción de la pobreza y crecimiento: Círculos virtuosos y círculos viciosos. Banco Mundial, 2006.
-Porter, M.E.: The Competitive Advantage of Nations. The Free Press, New York, 1990.
-Reinert, E.: La Globalización de la Pobreza. Crítica, Barcelona, 2007.
-Scherer, F.M.: Competition Policies for an Integrated World Economy. The Brookings Institution, Washington DC, 1994.
-Servicio de Estudios del Banco de España: El Análisis de la Economía Española. Alianza Editorial, Madrid, 2005.
-Thirlwall, A. P.: Growth and Development. Palgrave Macmillan, New York, 2006.
-Todaro, M.P. e Smith, S.C.: Economic Devepolpment. Addison-Wesley, Londres, 2006.
-Tugores, J.: Economía Internacional, Globalización e Integración Regional. McGraw-Hill, Madrid, 1999.
CompetenciasNo tocante aos contidos, a materia pretende desenvolver a competencia do alumno nos seguintes aspectos:
-Capacidade para recoñecer e aillar os aspectos máis destacados do contexto internacional no que se desenvolve a actividade económica dos países.
-Coñecer os elementos metodolóxicos básicos para estudar e analizar a realidade económica dos países.
-Avaliar criticamente a política económica e as estratexias de desenvolvemento seguidas polos países, dadas as restriccións internas, derivadas do seu contexto social, político e económico, e externos, derivados da súa inserción internacional.
Do punto de vista instrumental, a materia facilitará o desenvolvemento das habilidades do alumno para:
-Recollida de información sobre países en distintas situacións económicas e ámbitos sociais e culturais.
-Selección e análise desa información para formar xuízos validamente fundamentados sobre as realidades estudadas.
-Aplicación dos conceptos, modelos e teorías adquiridos na parte teórica da materia e noutras afíns do mesmo POP.
-Obter conclusións sobre programas e estratexias de desenvolvemento que podan ser válidas para aplicar en situacións futuras, en diferentes economías.
Por último, do punto de vista das actitudes e valores, a materia propiciará, sobre todo mediante as aulas prácticas, a consolidación de hábitos para:
-Establecer e defender opinións con suficiente rigor técnico sobre as cuestións que se estudan.
-Analizar con criterios sólidos situacións económicas complexas e controvertidas e buscar solucións ou propostas de transformación desas realidades.
-Fortalecer as habilidades de comunicación e expresión de ideas en público.
-Estimular a posta en común de problemas e o traballo en equipo como vías fundamentais para atopar solución aos problemas económicos que se plantean hoxe en día.
Metodoloxía da ensinanza A materia desenvolvese mediante aulas teóricas e aulas practicas. Os alumnos son convidados desde o principio a participar activamente mediante a realización de comentarios, preguntas e debates en clase e tamén, nomeadamente, a través de presentacións sobre os países e asuntos obxecto de estudo.
Nas aulas teóricas trátanse os temas que se relacionan no apartado “Contido” deste programa, sendo os tres primeiros temas de caracter introductorio, para entrar despois na parte substancial do curso, constituída polos temas 4 a 7 anteriormente indicados.
Nas aulas prácticas realizaranse tres tipos de actividades, que son esenciais para o correcto aproveitamento do curso:
-Comentarios escritos e orais sobre lecturas específicas, relacionadas cos temas que se tratan na parte teórica.
-Debates sobre aspectos da realidade internacional ou dos países que se analicen, e,
-Presentacións individuais sobre os países obxecto de análise no curso ou outros temas relacionados co programa da materia, a escoller polo alumno.
Sistema de evaluaciónHaberá dous sistemas de avaliación, un de modo continuo e outro para alumnos que non podan asistir regularmente ás aulas.
AVALIACIÓN CONTINUA
Aplicarase este método de avaliación aos alumnos que asistan regularmente ás aulas presenciais. Este sistema esixe a asistencia polo menos ao 80 por cento do total das aulas teóricas e prácticas.
A avaliación continua basease nos seguintes elementos:
-Asistencia e participación nas aulas.
-Realización de comentarios escritos e orais.
-Participación activa nos debates que se propoñan.
-Presentacións individuais sobre os países ou temas que se escollan.
-Realización dunha proba escrita de caracter teórico-práctico.
AVALIACIÓN UNICA
Para os alumnos que por razóns xustificadas non podan asistir ás aulas regularmente, haberá a posibilidade de superar a materia mediante un exame final de tres horas de duración, na data que se estableza oficialmente.
A este exame poderán presentarse tamén os alumnos que non consigan a nota mínima para aprobar no sistema de avaliación continua.
Tempo de estudo e traballo persoalDado que esta materia é de 6 créditos e que cada crédito equivale a 25 horas de traballo estimado do alumno, o tempo de estudo para o conxunto da materia é de 150 horas.
Esas 150 horas distribúense do seguinte xeito:
a.- Horas de traballo presenciais: 48 en total, repartidas entre:
-42 horas de asistencia ás aulas, das que
-24 serán aulas teóricas, e,
-18 serán aulas prácticas.
- 6 horas de titoría individualizada para o seguimento de traballos ou consulta de dúbidas.
b.-Horas de traballo non presenciais: 102 horas, que se subdividen no tempo semanal necesario para efectuar as lecturas de textos e a preparación dos debates que se susciten en clase e no tempo que se dedique á preparación das presentacións sobre países ou outros temas de interese que escolla o alumno.
Recomendacións para o estudo da materiaPara aproveitar debidamente esta materia é recomendable:
-Asistir regularmente ás clases.
-Efectuar as lecturas que se indiquen ao longo do curso.
-Prepararse para participar activamente nas clases mediante a emisión de opinións ben fundamentadas (o signo ou orientación da opinión non é o relevante).
-Traballar para recoller información sobre países e analizala á luz dos conceptos e teorías económicas, aplicando os coñecementos adquiridos polo alumno nesta e en outras materias do Master.
-Tratar de extraer por un mesmo e mediante a interacción co resto de participantes nas clases conclusións relevantes sobre a natureza e solucións das situacións e problemas que se planteen no curso.