P3032207 - Desigualdade e Pobreza (Itinerario en Integración Económica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Economía Cuantitativa
- Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaO obxectivo xeral da materia é achegar ó alumnado ferramentas teóricas e empíricas imprescindibles para afondar no debate sobre a calidade do desenvolvemento actual e as súas consecuencias a nivel rexional, estatal e mundial. Nunha Economía ó servizo da Sociedade, e non ó revés, o ámbito distributivo xoga un papel fundamental, non só pola súa contribución ó campo da Xustiza Social, senón tamén para a sustentabilidade do propio crecemento económico.
Máis concretamente, o obxectivo desta materia céntrase en aprender a cuantificar a desigualdade na distribución da renda, así como a súa peor consecuencia, a pobreza. Ademais estúdase a relación entre desigualdade e crecemento económico nos dous sentidos posibles de causalidade. Pretendemos que o/a alumno/a adquira competencias no campo da análise, tanto cualitativa como cuantitativa, da desigualdade económica, da pobreza e do seu impacto no desenvolvemento económico, aprendendo os principais conceptos, teorías e técnicas de cuantificación, así como a realizar medicións propias, destrezas que lle permitirán participar con argumentos sólidos nos debates científicos sobre o tema.
Contidos1. O TRINOMIO DESIGUALDADE, POBREZA E DESENVOLVEMENTO
- Desigualdade e Xustiza Social. A igualdade como valor básico dunha organización social xusta.
- Igualdade, de qué?
- Crecemento, desigualdade e pobreza. Interrelacións.
- O papel da igualdade no desenvolvemento social e económico.
2. A DESIGUALDADE ECONÓMICA E A SÚA MEDICIÓN
- Conceptos: renda disponible, escalas de equivalencia, paridades de poder adquisitivo, ...
- Definición, clasificación e propiedades das medidas de desigualdade.
- Medidas de desigualdade relativas: Lorenz , Gini, Theil, Átkinson,...
- Medidas de desigualdade absoluta e intermedia.
- Fontes de datos. Potencialidade e limitacións.
- Aplicacións empíricas empregando paquetes estatísticos
3. A POBREZA E A SÚA MEDICIÓN
- Que se entende por pobreza? Diversos enfoques.
- Pobreza absoluta. Cuantificación: medidas e propiedades.
- Pobreza relativa. Cuantificación: medidas e propiedades.
- Novos enfoques e estratexias actuais de loita contra a pobreza.
- Fontes de datos. Potencialidade e limitacións.
- Aplicacións empíricas empregando paquetes estatísticos.
4. DESIGUALDADE VS CRECEMENTO ECONÓMICO
- O crececemento económico xera desigualdade? A voltas coa proposta de Kuznets
- A desigualdade é boa ou non para o crecemento económico? Argumentacións teóricas e canles de transmisión.
- Evidencias empíricas sobre o impacto da desigualdade
- Conclusións
Bibliografía básica e complementariaBásica
CARRERA TROYANO, M.; ANTÓN, J.I. (2008): Las relaciones entre equidad y crecimiento y la nueva agenda para América Latina, América Latina Hoy, abril, nº 048.
COWELL, F.A. (2003): The Economics of Poverty and Inequality. Volume I, II. Edward Elgar Publishing, Inc. UK
FERES, JC. ; MANCERO, X. (2001): “Enfoques para la medición de la pobreza. Breve revisión de la literatura”. Serie Estudios estadísticos y prospectivos. Naciones Unidas – CEPAL.
GRADÍN, C.; DEL RÍO, C. (2001): Desigualdad, Pobreza y Polarización en la Distribución de la Renta en Galicia. Servicio de publicaciones Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña.
PEREZ MORENO, S. (2003): “Relaciones entre distribución de la renta y crecimiento económico en la historia del pensamiento económico. Especial consideración de las relaciones de compatibilidad”. Contribuciones a la Economía. Eumed.net.
Complementaria
Sobre desigualdade e pobreza
ALKIRE, S. ; FOSTER, J (2007): “Recuento y medición multidimensional de la pobreza”. Documento de traballo OPHI Nº7 (revisado en maio de 2008).
ATKINSON, A.B. (1975/81): The Economics of Inequality. Clarendon Press. Oxford. [trad. La economía de la desigualdad. Editorial Crítica. Barcelona].
ATKINSON, A.B. (1970/79): “On the measurement of inequality”. Journal of Economic Theory, vol.2, pp. 244-263. [Trad. “La medición de la desigualdad”. Hacienda Pública Española, nº 61, pp. 217-263].
ATKINSON, A.B.; BOURGUIGNON, F (2000): Handbook of income distribution. Elsevier. Amsterdam.
BISHOP, J.; AMIEL, Y. (eds)(2007): Inequality and Poverty: Papers from the Society for the Study of Economic Inequality’s. Inaugural Meeting. Research of Economic Inequality, vol. 14. Elsevier JAI. Amsterdam.
FOSTER,J. ; GREER,J. ; THORBECKE, E. (1984): “A class of decomposable poverty measures”. Econometrica, vol. 52, nº 3, pp. 761-766.
GIBERT, M.D., GRADÍN, C.; VICENS, J.A. (1996): Las cifras de la desigualdad. Ed. Octaedro. Barcelona.
GIRAUD, P-N (1996/2000): L’inégalité du monde. Économie du monde contemporain. Editions Gallimard. (Trad. La desigualdad del mundo. Economía del mundo contemporáneo. Fondo de Cultura Económica. México).
HELD D.; KAYA, A. (2007): Global Inequality. Polity Press. Cambridge.
LE GRAND, J. (1993): “Economía, igualdad y justicia social” en La igualdad en las ideas y el pensamiente político (I simposio sobre igualdad y distribución de la renta y la riqueza). Fundación Argentaria. Madrid.
PENA TRAPERO, B. (dir.) (1996): Distribución personal de la renta en España. Madrid: Pirámide.
PENA TRAPERO (2004): “Desarrollo sostenible y bienestar social: una referencia a la Comunidad de Galicia”, Revista Galega de Economía, vol.13, nº 2.
http://redalyc.uaemex.mx/redalyc/pdf/391/39113221.pdf
PNUD (Programa de las Naciones Unidas para el Desarrollo) (2010): La verdadera riqueza de las naciones: caminos al desarrollo humano. Informe sobre Desarrollo Humano 2010.
RAWLS, J. (1971/78): A theory of justice. Harvard University Press. [Trad. Una teoría de la justicia. Fondo de Cultura Económica. Mexico].
SEN, A. (1973/01): On economic inequality. Oxford University Press. Oxford. [Trad. La desigualdad económica. Fondo de Cultura Económica. México]. SEN, A. (1992/95): Inequality reexamined. Oxford University Press. Oxford. [Trad. Nuevo examen de la desigualdad. Alianza editorial. Madrid].
SEN, A. (1995): Nueva economía del bienestar. Escritos seleccionados. Universitat de València.
SEN, A. (1998): Bienestar, justicia y mercado. Ediciones Paidós I.C.E./U.A.B. Barcelona.
SEN, A. (1999/00): Development as freedom. A. Knopf, Inc. New York [trad. Desarrollo y Libertad. Ed. Planeta. Barcelona.
STIGLITZ,J.E. (2004): El malestar en la globalización. Taurus. Madrid.
SUTCLIFFE, B. (2002): ¿Un mundo más o menos desigual? Distribución de la renta mundial en el siglo XX. Cuadernos de trabajo de Hegoa. Nº 32. UPV.
http://www.bantaba.ehu.es/obs/ocont/eq/doc/rentmun/
THOMAS, V. et al: La Calidad del Crecimiento . Organización Panamericana de la Salud. PCT 584. Washington, D.C.
TROITIÑO, A. (2000): “Desigualdade e benestar en termos da distribución persoal da renda. A situación galega no marco do Estado” . Revista Galega de Economía, vol.9, nº2, p.199-227.
UNIVERSITY OF CALIFORNIA SANTA CRUZ: The UC atlas of global inequality
http://ucatlas.ucsc.edu/
VAN PARIJS, P. (1996): “¿Cuándo son justas las desigualdades?” en Perspectivas teóricas y comparadas de la igualdad (II simposio sobre igualdad y distribución de la renta y la riqueza). Fundación Argentaria-Visor distribuciones.Madrid.
VAN PARIJS, P. (1996): Libertad real para todos. Paidós. Barcelona.
Sobre desigualdade e crecemento
AGHION, P.; CAROLI, E.; GARCÍA-PEÑALOSA, C. (1999): Inequality and Economic Growth: The perspective of the new growth theories, Nº 9908
ALESINA, A.; PEROTTI, R. (1996): Income distribution, political Instability and Investment, European Economic Review, 40 (6) pp 1203-1228
BANERJEE, A.V.; DUFLO, E. (2000): Inequality and growth, what can the data say?, NBER, working paper 7793.
BARRO, R.J. (1999): Inequality, growth and investment, NBER, Working Paper nº: 7038
BÉNABOU, R. (1996): Inequality and Growth, NBER Working paper, nº 5658
BIGSTEN, A. AND LEVIN, J. (2001): Growth, Income Distribution and Poverty,WIDER, Discussion Paper nº 2001/129.
DEININGER, K.; SQUIRE, L. (1996): A new data set measuring Income Inequality, World Bank Economic Review, 10. pp 565-591.
FOELLMI R.; ZWEIMÜLLER, J. (2003): Inequality and economic growth: European versus US experience, Institute for empirical research in economics, University of Zurich, Working paper nº 158.
GALBRAITH, J.K AND KURN, H. (2002): Inequality and Economic growth: Data comparisons and Econometric Tests, UTIP (University Texas Inequality Project) Working paper, nº 21.
KENWORTHY, L. (2003): An equality-growth tradeoff?, LIS Working paper series nº 362.
KNOWLES, S. (2001): Inequality and Economic Growth, WIDER Discussion Paper nº 2001/128.
KUZNETS, S. (1955): “Economic growth and income inequality”. The American Economic Review, vol. XLV, nº 1, pp. 1-28.
LEONI, T., POLLAN W (2003): The impact of inequality on Economic Growth, WIFO, 211/2003.
LUNDBERG M. AND SQUIRE, L (2003): “The simultaneous evolution of growth and inequality”, Economic Journal, 113, 326-344
PERSSON, T. AND TABELLINI, G. (1991): Is inequality harmful for growth? Theory and evidence, NBER, nº 3599.
RODRIGUEZ, C. (2000): An empirical test of institucionalist view on income inequality: economic growth within the Unites States, American Journal of Economics and sociology, vol 59 (2), pp. 303-313.
SOUBBOTINA, T.P.; SHERAM, K. (2000): Beyond Economic Growth: Meeting the Challenges of Global Development (trad. Más Alla del Crecimiento Económico). Banco Mundial http://www.worldbank.org/depweb/beyond/beyondsp/contents.html
http://www.worldbank.org/depweb/beyond/beyondco/beg_all.pdf
STEWART, F. (2000): Income Distribution and Development, QEH Working Papers nº 37
WORLD BANK. World Development Report 2006. Inequality and development. Washington, D.C.: World Bank, 2006
CompetenciasCompetencias xerais do máster ás que contribúe a materia:
G1. Capacidade de análise, organización e planificación.
G2. Aptitude para traballar en equipos interdisciplinais.
G3. Axeitada busca, selección e emprego da información relevante para a elaboración de informes, propostas de programas e liñas de actuación nas institucións ás que se incorporen.
G5. Coñecemento e axeitada aplicación das técnicas cuantitativas ós problemas do desenvolvemento económico.
G8. Adquisición de ferramentas metodolóxicas e habilidades para a investigación.
Competencias específicas do máster ás que contribúe a materia:
E6. Deseñar políticas de crecemento sustentable a longo prazo, así como daquelas que favorezan a redución da desigualdade.
E10. Ser capaz de valorar criticamente as diferentes posicións metodolóxicas e de aplicar en cada investigación concreta as que resulten más axeitadas ó tema de estudo.
E11. Contar con habilidades para a busca, selección, valoración crítica e uso de fontes cualitativas e cuantitativas.
E12. Mellorar a capacidade de traballo, o rigor e a disciplina.
E13. Adquirir hábitos e estratexias para a redacción e elaboración de documentos de traballo, comunicacións, ponencias, artigos.
E14. Mellorar as habilidades comunicativas.
E15. Aprender a aceptar as críticas científicas, entendéndoas como elemento esencial para a mellora do traballo investigador. Paralelamente, aprender a realizar críticas ben fundamentadas e construtivas ó traballo doutros investigadores.
Competencias específicas da materia:
- Desenvolver un pensamento crítico, baseado no coñecemento, sobre os problemas da realidade socioeconómica e, en especial, dos que atinxen á distribución do crecemento económico.
- Aprender os diferentes enfoques conceptuais e técnicas de medición da desigualdade e a pobreza.
- Desenvolver habilidades no campo da análise da distribución da renda, en especial, no ámbito da selección, cuantificación e interpretación das medidas de desigualdade e pobreza máis axeitadas.
- Desenvolver recursos para a busca de información numérica e o seu tratamento estatístico-informático, co obxectivo de ser capaz de calcular medidas cuantitativas de desigualdade e pobreza.
- Desenvolver recursos para a elaboración e presentación de traballos de calidade, axeitadamente argumentados, estruturados e con valoracións sustentadas en probas obxectivas.
Metodoloxía da ensinanza O curso desenvólvese combinando docencia expositiva e docencia interactiva, complementadas ambas por titorías individuais e en grupos reducidos.
Docencia expositiva
A docencia expositiva, apoiada en presentacións en Power Point, centrarase en desenvolver os principais contidos teóricos da materia: conceptos, teorías, técnicas cuantitativas, ... Así mesmo, proporcionaráselle ó alumnado información complementaria (bibliografía xeral e especifica sobre os temas analizados, páxinas web de interese, …) que lles facilite o proceso de aprendizaxe autónomo. Nas clases trataremos de combinar as exposicións do profesor coa participación activa dos estudantes mediante o debate e a discusión, de forma que, ademais do rigor científico na aprendizaxe, se favoreza o espírito crítico, facilitando así a adquisición das competencias que nos propuxemos.
Docencia interactiva e prácticas con soporte informático
A docencia interactiva está orientada especialmente á análise cuantitativa da realidade empírica, empezando pola busca de fontes de información primaria (microdatos) para, posteriormente, centrarnos no cálculo empírico de indicadores axeitados para o estudo do fenómeno que nos ocupa. Trátase, pois, de iniciar ó alumnado na análise de grandes bases de datos co obxectivo de obter índices sintéticos sobre pobreza e desigualdade na distribución do ingreso. Para isto realizaranse prácticas con soporte informático buscando que o alumnado adquira as correspondentes competencias.
Tarefas programadas de autoaprendizaxe titorizado
As principais actividades programadas de avaliación continua serán fundamentalmente dúas:
i) A ‘elaboración e presentación/defensa dun traballo’ de calidade sobre algún dos ámbitos/contidos tratados na materia. Preténdese desenvolver recursos para a busca de información e, en especial, para a elaboración e presentación/defensa de traballos de calidade, adecuadamente argumentados, estruturados e con valoracións sustentadas en probas obxectivas. O desenvolvemento do traballo será supervisado polo/a profesor/a. A extensión aproximada do traballo será de 10-25 folios, con interlineado 1.5 (se o autor o considera adecuado, poderá incluír algún anexo ó traballo).
ii) A ‘resolución autónoma de prácticas con ordenador’. Esta actividade trata de asentar/pór en práctica o aprendido nas clases interactivas de prácticas con ordenador, nas que o/a alumno/a se inicia na análise de grandes bases de datos co obxectivo de obter índices sintéticos sobre pobreza e desigualdade na distribución da renda.
Titorías
As titorías individuais e/ou en grupo reducido estan destinadas fundamentalmente a supervisar e orientar ó alumnado na realización das tarefas programadas, en especial, as prácticas programadas para realizar de forma autónoma con soporte informático e o traballo de curso (busca de información, discusión de borradores en base ós requisitos que debe cumprir un traballo de calidade, preparación da exposición oral, ...). Os/as alumnos/as poderán utilizar tamén parte desas horas para resolver as dúbidas que teñan sobre os contidos impartidos na materia.
Para o desenvolvemento do curso empregaranse as ferramentas dispoñibles na USC Virtual.
Como apoio ás clases expositivas e interactivas, os estudantes terán dispoñibles as presentacións que se seguirán na aula, enunciados das prácticas a realizar nas clases interactivas así como das prácticas propostas para a súa resolución autónoma por parte do alumnado, enlaces a webs de interese, referencias bibliográficas, documentos-guía para a realización de traballos de calidade, etc
Sistema de evaluaciónA avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizan ó longo do curso, considerando os distintos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe esta materia.
De seguido indícanse os criterios que se terán en conta para a avaliación das competencias xenéricas e específicas da materia, así como os instrumentos avaliativos e o peso que cada un terá na cualificación final.
Criterios / Instrumento avaliativo / Peso na cualificación global (en %)
- Asistencia e participación activa na clase / Controis asistencia e observación participación / 5%
- Reflexións argumentadas, identificación de técnicas,... / comentarios estruturados, resolución cuestionarios, ... / 10%
- Obtención de medidas de desigualdade e pobreza sobre microdatos / Prácticas autónomas con soporte informático / 15%
- Reflexión autónoma e aplicacións á realidade empírica / Traballo de curso titorizado / 20 %
- Nivel de coñecementos teórico-prácticos / Controis escritos sobre contidos / 50%
Se ben o sistema de avaliación por excelencia é o de avaliación continua, no caso de que o/a alumno/a non cumpra o requisito de presencialidade e participación activa nas clases, os criterios de avaliación (instrumentos e puntuación) serían os seguintes:
- Nivel de coñecementos teóricos / Exame/s de contidos / 65%
- Obtención de medidas de desigualdade e pobreza sobre microdatos / Prácticas autónomas con soporte informático / 15%
- Reflexión autónoma e aplicacións á realidade empírica / Traballo de curso titorizado / 20 %
Tempo de estudo e traballo persoalEsta materia conta con 3 ECTS. Cada ECTS equivale a 25 horas de traballo total estimado do alumno, polo que as horas estimadas totais de dedicación á materia son 75. As 25 horas presenciais distribuiranse como segue: 9 horas de docencia expositiva, 12 horas de docencia interactiva (seminarios, prácticas con ordenador), 3 horas de titorías individualizadas e/ou en grupo (titorización de tarefas, traballo, ...) e 1 hora para o exame final (de ser o caso).
Traballo presencial na aula : Horas
- Docencia expositiva (exposición de temas, ...) : 9h
- Docencia Interactiva (prácticas con ordenador, ....) : 12h
Total horas traballo presencial : 21h
Traballo personal do/a alumno/a : Horas
- Lecturas e preparación de controis escritos : 25h
- Resolución autónoma de prácticas con ordenador : 6h
- Análise crítica de lecturas propostas : 4h
- Busca de información, redacción e preparación exposición do trabajo de curso : 15h
Total horas traballo no presencial : 50h
Titorías : 3h
Examen Final : 1h
TOTAL HORAS DE ESTUDIO DA MATERIA : 75H
Recomendacións para o estudo da materia+ Traballar de forma continua. Lema "non deixar para mañá o que poidas facer hoxe"
+ Participar de forma activa nas clases. Preguntar todas as dúbidas. Discutir ideas.