Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais  »  Información da Materia

P3032208 - Os Problemas do Desenvolvemento en América Latina (Itinerario en Integración Económica) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Seminario: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Historia e Institucións Económicas
  • Áreas: Historia e Institucións Económicas
  • Centro: Facultade de Económicas e Empresariais
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
FREIRE ESPARIS, MARIA DEL PILAR.NON
RODRIGUEZ GALDO, MARIA JOSEFINA FRANCISCA.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Descritores:
    - Procesos de inserción da economía latinoamericana na economía mundial.
    - Poboación e desenvolvemento económico en América Latina.
    - Débeda externa.
    - Vías e modelos de industrialización.
    - Axustes internos e procesos de integración económica en América Latina.

    Obxetivos:
    Estudar a evolución das economías latinoamericanas desde unha perspectiva teórica e práctica, prestando especial atención aos seus procesos de inserción na economía mundial e aos procesos de integración económica “rexional”.
    Contidos
    Contidos
    • Tema 1. América Latina como espazo económico. Unidade e diversidade. Interpretacións da evolución da economía latinoamericana.
    • Tema 2. Poboación e man de obra en América Latina. Procesos de urbanización. Modelos de transición demográfica. Inmigración e emigración.
    • Tema 3. Procesos de inserción da economía latinoamericana na economía mundial. A configuración histórica dun modelo exportador. Diferenzas rexionais. Débeda externa e crecemento económico.
    • Tema 4. Industrialización e desenvolvemento económico en América Latina. Vías nacionais de industrialización.
    • Tema 5. Os procesos de integración económica latinoamericana. Retos económicos de América Latina na actualidade.

    Bibliografía básica e complementaria
    Bértola, L. e Ocampo, J. A. (2010): Desarrollo, vaivenes y desigualdad. Una historia económica de América Latina desde la Independencia. En:
    http://segib.org/publicaciones/files/2010/12/Historia-Economica-AL-ESP.pdf

    Bethell, L. (ed.) (1991, 1992, 1997): Historia de América Latina, vols. 6, 7, 9, 10 e 11, Crítica, Barcelona.

    Bulmer-Thomas, V. (1998): La historia económica de América Latina desde la independencia, Fondo de Cultura Económica, México.

    Competencias
    - Aptitude para interpretar os problemas de desenvolvemento das economías latinoamericanas.

    - Capacidade para a análise da dinámica da economía latinoamericana desde unha ampla perspectiva económica, política, social e cultural.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases constarán de duas partes:
    - Unha teórica, onde se presentan os obxectivos e os aspectos conceptuais e metodolóxicos do tema correspondente.
    - Unha parte aplicada, onde o alumnado desenvolve casos específicos en relación cos aspectos anteriores.

    Sistema de evaluación
    O método de avaliación basease en:

    - A avaliación das prácticas realizadas nas clases (30% da nota final)
    - A exposición oral do traballo escrito, realizado baixo a dirección das profesoras (40% da nota final).
    - A realización dun exame escrito sobre os aspectos teóricos e metodolóxicos do programa
    (30% da nota final)
    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia consta de 3 créditos, que equivalen a un total de 81 horas de dedicación repartidas do seguinte xeito:
    • Horas presenciais: 24
    - Teóricas ou expositivas: 9
    - Prácticas ou interactivas: 12
    - Titorías (individuais ou pequenos grupos): 3
    • Horas non presenciais estimadas: 57

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase o seguimento continuo da materia durante todo o cuatrimestre. Para iso é necesario asistir regularmente ás clases, incorporarse ao sistema de avaliación contínua, facer uso das titorías e asumir o hábito de lectura.